BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • nwt páx. 16-páx. 17
  • Pregunta 7: Que predixo a Biblia sobre os nosos días?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Pregunta 7: Que predixo a Biblia sobre os nosos días?
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Pregunta 7: Que predixo a Biblia sobre os nosos días?

PREGUNTA 7

Que predixo a Biblia sobre os nosos días?

Un home pensando en como se están cumprindo por todo o mundo as cousas que a Biblia predixo, como as guerras, a fame e a rebelión contra as autoridades.

“As nacións loitarán unhas contra outras e os reinos pelexarán uns contra outros [...]. Todas estas cousas son o principio de grandes sufrimentos”.

Mateo 24:7, 8

“Aparecerán moitos profetas falsos que enganarán a moita xente e, ó aumentar a maldade, apagarase o amor da maioría”.

Mateo 24:11, 12

“Cando oiades o ruído de guerras que están cerca e escoitedes noticias de guerras que están lonxe, non vos alarmedes, porque estas cousas teñen que suceder, pero aínda non é o fin”.

Marcos 13:7

“Haberá grandes terremotos, e fame e epidemias en moitos lugares. Veranse cousas terribles e grandes sinais do ceo”.

Lucas 21:11

“Nos últimos días virán tempos críticos e difíciles de soportar. Porque as persoas só se amarán a si mesmas, amarán os cartos, serán fanfarronas, arrogantes, blasfemas, desobedientes ós pais, desagradecidas, desleais, non terán cariño natural, non estarán dispostas a chegar a ningún acordo, serán calumniadoras, non terán autocontrol, serán feroces, non amarán o que é bo, serán traidoras, cabezonas, estarán cheas de orgullo, amarán os praceres en vez de a Deus e aparentarán ter devoción a Deus, pero en realidade non vivirán de acordo con esa devoción”.

2 Timoteo 3:1-5

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir