BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Lucas 5
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Lucas 5:1

Multimedia

  • Pesca milagrosa; escolle os seus primeiros discípulos (gnj 3 31:56-39:34)

Lucas 5:8

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    9/2023, páxs. 20-21

Lucas 5:10

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    9/2023, páx. 21

    A Atalaia (estudo),

    9/2020,

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • 39
A Biblia, SEPT
Lucas 5:1-39

Evanxeo segundo San Lucas

5 Estando el á beira do lago Xenesaret, mentres a xente se amoreaba ó seu arredor, escoitando a Palabra de Deus, 2 viu dúas lanchiñas que estaban na beira do lago. Os pescadores que desembarcaran delas lavaban o aparello. 3 Subiu a unha barca, que era de Simón, rogoulle que se apartase un pouco da terra, e desde a barca, sentado, ensinaba á xente. 4 Cando acabou de falar, díxolle a Pedro:

—Voga lago adentro, e larga o aparello para pescar.

5 Respondeu Simón:

—Mestre, pasámo-la noite faenando e non demos collido un rabo de peixe, pero, xa que ti o dis, largarei o aparello.

6 Así o fixeron, e colleron tal cantidade de peixe que o aparello rebentaba. 7 Fixéronlles entón acenos ós compañeiros da outra lancha para que lles fosen botar unha man. Foron e encheron as dúas lanchas tanto que, a pouco máis, van a pique. 8 Vendo isto, Simón Pedro botóuselle ós pés a Xesús, dicindo:

—Señor, arreda de min, que eu son un pecador.

9 Porque tanto el coma os seus compañeiros quedaron parvos con tanto peixe como colleran naquel lance. 10 O mesmo lles pasaba a Santiago e mais a Xoán, fillos de Zebedeo, que eran compañeiros de Simón. E díxolle Xesús a Simón:

—Tranquilo, desde agora vas ser pescador de homes.

11 Varando as barcas en terra e deixándoo todo, seguírono.

12 Dunha vez estaban nunha vila e un home todo cuberto de lepra, vendo a Xesús, botouse rostro en terra e rogoulle:

—Señor, ti, se queres, pódesme limpar.

13 El estendeu a man e tocouno, dicindo:

—Pois quero, queda limpo.

E no intre desapareceu a laceira.

14 Logo mandoulle que non lle dixese nada a ninguén, e engadiu:

—Vai, preséntate ó sacerdote e ofrece pola túa purificación o ordenado por Moisés, para que lles sirva de testemuño.

15 Pero a súa sona espallábase a cada paso máis, xuntándose moita xente para escoitalo e para que lles curase as súas doenzas. 16 Mais el retirábase ós lugares arredados para orar.

17 Un día que estaba ensinando, había sentados algúns fariseos e letrados que chegaran de tódalas aldeas de Galilea, de Xudea e tamén de Xerusalén. E, co poder do Señor, el facía curacións.

18 Nisto uns homes trouxeron nunha padiola a un tolleito, mirando como metelo dentro para poñelo diante del. 19 Pero, non atopando por onde o meteren, debido á moita xente que había, subiron ó tellado e baixárono co leito por entre as tellas, ata deixalo no medio, diante de Xesús. 20 Vendo a fe que tiñan, dixo:

—Home, quédanche perdoados os teus pecados.

21 Os letrados e mailos fariseos empezaron a razoar:

—¿Pero quen é este, que así blasfema? ¿Quen pode perdoa-los pecados, senón unicamente Deus?

22 Decatándose Xesús do que pensaban, díxolles:

—¿Que cavilades nos vosos adentros? 23 ¿Que é máis fácil dicir: “perdoados quedan os teus pecados”, ou dicir: “érguete e anda”. 24 Pois, para que vexades que o Fillo do Home ten poder na terra para perdoar pecados —díxolle ó tolleito—: érguete, colle a padiola e vaite para a casa.

25 E así foi: erguéndose no intre diante deles, colleu a padiola e foise para a súa casa, louvando a Deus. 26 Todos ficaron pasmados, e cheos de temor louvaban a Deus, dicindo:

—¡Hoxe si que vimos cousas nunca vistas!

27 Despois disto, cando saíu, viu un recadador de impostos chamado Leví, sentado ó mostrador da contribución, e díxolle:

—Sígueme.

28 El, deixando todo, levantouse e seguiuno.

29 Leví ofreceulle na súa casa un gran banquete, e había moitos recadadores e outra xente sentados á mesa con eles. 30 E os fariseos e os seus letrados refungaban, dicíndolles ós discípulos:

—¿Por que comedes e bebedes cos recadadores e pecadores?

31 Xesús respondeulles:

—Non son os sans, senón os enfermos, os que precisan médico. 32 Eu non vin chamar polos xustos, senón polos pecadores, para que se convertan.

33 Mais eles replicáronlle:

—Os discípulos de Xoán xexúan e rezan a miúdo, como tamén fan os dos fariseos, pero os teus comen e beben.

34 Xesús contestoulles:

—¿E ides facer xexua-los convidados á voda, mentres está con eles o esposo? 35 Xa chegará o día no que lles leven o esposo; daquela si que xexuarán.

36 Tamén lles propuxo esta parábola:

—Ninguén racha un vestido novo para lle botar un remendo a un vestido vello, porque quedaría roto o novo, e no vello tampouco diría ben un remendo de pano novo. 37 E tampouco ninguén bota viño novo en pelellos vellos, porque rebentarían os pelellos, deitarían o viño, e estragaríanse os pelellos. 38 Xa sabedes: viño novo quere pelellos novos. 39 E ninguén que proba o viño vello, quere o novo, pois dirá: é mellor o vello.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir