BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Xoán 10
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Xoán 10:16

Índices

  • Guía de estudo

    Adoración pura, páx. 135

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • 39
  • 40
  • 41
  • 42
A Biblia, SEPT
Xoán 10:1-42

Evanxeo segundo San Xoán

10 —Con toda verdade volo aseguro: o que non entra pola porta no curral das ovellas, senón que sobe por outra parte, é un ladrón e un bandido. 2 En cambio, quen entra pola porta é o pastor das ovellas. 3 A ese ábrelle o porteiro, e as ovellas escoitan a súa voz. Chama as súas polo nome e lévaas a fóra. 4 Cando as dá sacado todas, vai diante delas e as ovellas ségueno, pois recoñecen a súa voz. 5 Pero a un alleo non o seguirán, senón que fuxirán del, pois non coñecen a voz dos alleos.

6 Díxolles Xesús esta alegoría mais eles non coñeceron que era o que lles daba a entender. 7 Entón díxolles de novo:

—Con toda verdade volo aseguro: eu son a porta das ovellas. 8 Tódolos que viñeron antes ca min eran ladróns e bandidos; pero as ovellas non os escoitaron. 9 Eu son a porta; se alguén entra por min, salvarase: entrará e sairá e atopará pasto. 10 O ladrón non entra senón para roubar, matar e estragar. Eu vin para que teñan vida e para que a teñan de abondo.

11 Eu son o Bo Pastor. O Bo Pastor dá a súa vida polas ovellas. 12 O criado, que non é pastor, de quen non son as ovellas, cando ve vi-lo lobo, deixa as ovellas e foxe e o lobo rapínaas e dispérsaas; 13 porque el anda ó xornal e as ovellas non lle importan. 14 Eu son o Bo Pastor: coñezo as miñas e as miñas coñécenme a min. 15 Igual que o Pai me coñece a min e eu coñezo o Pai, e dou a miña vida polas ovellas. 16 Teño ademais outras ovellas que non son deste curro: tamén a esas as teño que guiar, e escoitarán a miña voz e farase un único rabaño e un único pastor.

17 Por iso ámame o Pai: porque eu dou a miña vida, para tomala de novo. 18 Ninguén ma quita; non, eu douna voluntariamente. Teño poder para dala e teño poder para tomala de novo. Este mandato recibino do meu Pai.

19 Fíxose de novo unha división entre os xudeus por estas palabras. 20 Moitos deles dicían:

—Ten o demo e está tolo. ¿Por que o escoitades?

21 Pero outros replicaban:

—Estas palabras non son dun tolo endemoniado; ¿ou é que un demonio pode dárlle-la vista ós ollos dos cegos?

22 Era xa inverno e celebrábase daquela en Xerusalén, a Festa da Dedicación. 23 Xesús paseaba polo Templo no Pórtico de Salomón. 24 Rodeárono entón os xudeus e preguntáronlle:

—¿Ata que día nos terás en suspenso? Se es ti o Mesías, dínolo abertamente.

25 Xesús respondeulles:

—Xa volo dixen e mais non credes: as obras que eu fago no nome do meu Pai son o meu aval. 26 Pero vós non credes, porque non sodes das miñas ovellas. 27 As miñas ovellas escoitan a miña voz: eu coñézoas e elas séguenme; 28 eu doulles vida eterna, e non se perderán para sempre: ninguén mas quitará da man. 29 Meu Pai, que mas deu, é máis ca todos, e ninguén pode arrepañalas da man do Pai. 30 Meu Pai e mais eu somos un.

31 Colleron outra vez pedras os xudeus, para o apedraren. 32 Xesús replicoulles:

—Moitas boas obras fixen diante de vós de parte do meu Pai. ¿Por cal delas me apedrades?

33 Respondéronlle os xudeus:

—Non te apedramos por ningunha obra boa, senón por blasfemia, pois ti, sendo home, faste Deus.

34 Xesús replicoulles:

—¿Non está escrito na vosa Lei Eu dixen: sodes deuses? 35 Se lles chamou deuses a aqueles sobre os que veu a palabra de Deus —e non pode a Escritura perde-la súa forza—, 36 ¿por que me acusades de blasfemia a min, a quen o Pai santificou e mandou ó mundo, por dicir que “Son Fillo de Deus”? 37 Se non fago as obras do meu Pai, seguide sen crerme. 38 Pero se as fago, anque non creades en min, crede nas obras, para que comprendades e recoñezades que o Pai está en min e eu estou no Pai.

39 Unha vez máis trataban entón de o prender; pero Xesús liscóuselles das mans. 40 E foi de novo á outra banda do Xordán, ó sitio onde estivera Xoán bautizando ó comezo e permaneceu alí. 41 E acudiron moitos onda el e dicían: “Xoán non fixo ningún sinal, mais todo canto Xoán dixo acerca deste, era verdade”. 42 E moitos comezaron a crer nel alí.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir