BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Feitos 19
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Feitos 19:4

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 110

Feitos 19:8

Índices

  • Guía de estudo

    Facer discípulos, lección 7

Feitos 19:9

Índices

  • Guía de estudo

    Facer discípulos, lección 7

    Tradución do Novo Mundo

Feitos 19:10

Índices

  • Guía de estudo

    Facer discípulos, lección 7

Feitos 19:19

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 24

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
  • 35
  • 36
  • 37
  • 38
  • 39
  • 40
  • 41
A Biblia, SEPT
Feitos 19:1-41

Os Feitos dos Apóstolos

19 En tanto Apolo estaba en Corinto, Paulo, logo de atravesa-lo 2 interior do país, chegou a Éfeso. Encontrou alí a algúns discípulos, e preguntoulles:

—¿Recibíste-lo Espírito Santo, cando abrazáste-la fe?

Eles respondéronlle:

—Nin sequera sentimos dicir que haxa un Espírito Santo.

3 Díxolles:

—E logo, ¿que bautismo recibistes?

Eles responderon:

—O bautismo de Xoán.

4 Entón díxolles Paulo:

—Xoán bautizaba cun bautismo de conversión, dicíndolle ó pobo que cresen no que viña despois del, é dicir, en Xesús.

5 Despois de sentiren isto, bautizáronse no nome do Señor Xesús; 6 e logo que Paulo lles impuxo as mans, veu sobre eles o Espírito Santo e comezaron a falar en linguas estrañas e a profetizar. 7 En total eran uns doce homes.

8 Foi Paulo para a sinagoga e durante tres meses falou abertamente, discutindo e convencendo no tocante ó Reino de Deus. 9 Pero, como algúns estaban endurecidos e non crían e falaban mal do Camiño diante da xente, arredouse deles. Tomando á parte os discípulos, falaba cada día na escola dun tal Tirano. 10 Isto durou dous anos, de xeito que sentiron a palabra do Señor tódolos habitantes da Asia, xudeus e gregos.

11 Deus facía milagres extraordinarios polas mans de Paulo; 12 a tal punto que poñéndolles ós enfermos os panos da man ou pezas del que tocaran o corpo, desaparecían deles as enfermidades, e marchaban os malos espíritos.

13 Tamén algúns xudeus, exorcistas ambulantes, probaron a invoca-lo nome do Señor Xesús sobre os que tiñan os espíritos malos, dicindo: “esconxúrovos polo Xesús que Paulo predica”.

14 (Os que isto facían eran sete fillos dun certo Escevas, sumo sacerdote xudeu). 15 Pero o mal espírito respondeulles: “coñezo a Xesús e sei quen é Paulo; ¿pero vós quen sodes?” 16 E o que estaba posuído polo espírito malo botouse a eles dun brinco e fixo deles un pandeiro, de tal xeito, que tiveron que fuxir da casa aquela en coiro e cheos de feridas.

17 Isto soubérono tódolos que vivían en Éfeso, xudeus e gregos. Todos tomaron moito respecto e recoñecían a grandeza do nome do Señor Xesús. 18 Moitos dos que creran foron confesar e declara-las súas meiguerías 19 e moitos dos que foran meigos levaban os libros e queimábanos diante de todos. Calcularon que valerían unhas cincuenta mil moedas de prata. 20 Deste xeito medraba e enfortecíase a palabra de Deus.

21 Despois destas cousas, Paulo decidiu ir a Xerusalén, pasando por Macedonia e Acaia, declarando: “despois de estar alí, teño que visitar tamén Roma”. 22 Entón mandou a Macedonia dous dos seus axudantes, Timoteo e Erasto, mentres el pasaba algún tempo aínda en Asia.

23 Daquela armouse un gran balbordo por causa do Camiño. 24 O caso foi así: un prateiro chamado Demetrio, que fabricaba reproduccións en prata do santuario da deusa Artemisa e que proporcionaban ós artesáns non pouca ganancia, 25 reuniunos con outros da mesma arte e díxolles:

—Compañeiros, ben sabedes que a nosa prosperidade depende desta industria; 26 pero estades vendo e sentindo que non só en Éfeso senón tamén en case toda a Asia, ese Paulo convenceu a bastante xente, dicíndolles que non son deuses os que se fan coas mans. 27 Isto pon en perigo non só o creto da nosa industria, senón incluso do mesmo templo da gran deusa Artemisa, acabando por desprestixiar a aquela a quen veneran Asia e o mundo enteiro.

28 Ó sentiren isto, alporizáronse e deron en berrar:

—¡Viva a Artemisa dos efesios!

29 Armouse unha algueirada por toda a cidade; a xente botouse en masa cara ó teatro, arrastrando consigo ós macedonios Gaio e mais Aristarco, compañeiros de viaxe de Paulo.

30 Paulo quería presentarse naquela manifestación pero os discípulos non o deixaron, 31 e incluso algúns das autoridades que eran amigos del, mandáronlle aviso de que non aparecese polo teatro.

32 Cadaquén berraba polo seu lado, pois a asemblea estaba revolta e a maioría nin sabía por que se xuntaran. 33 Entón, saíu de entre a xente Alexandro, animado polos xudeus, que, acenando coa man, pediu a palabra para darlle explicacións á xente. 34 Pero cando se decataron de que era xudeu, estiveron berrando todos á xunta case dúas horas:

—¡Viva a Artemisa dos efesios!

35 Entón o maxistrado calmou á xente e dixo:

—Efesios, ¿quen non sabe que a cidade de Éfeso é a garda do templo da grande Artemisa e da súa imaxe baixada do ceo? 36 Sendo isto indiscutible, convén que teñades calma e non fagáde-las cousas ás toas, 37 porque trouxestes a uns homes que non son sacrílegos nin blasfemadores da nosa deusa. 38 Polo tanto, se Demetrio e os artesáns que van con el teñen queixa de alguén, xa hai audiencias e procónsules; que preiteen. 39 E, se queredes algunha outra cousa, xa se resolverá na asemblea regulamentaria. 40 Mesmo nos arriscamos a que nos acusen de insurrección polo que pasou hoxe, pois non hai motivo ningún que xustifique semellante rebumbio.

41 En dicindo isto, disolveu a asemblea.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir