BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 2 Corintios 1
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

2 Corintios 1:3

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    4/2019, páx. 7

2 Corintios 1:4

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    4/2019, páx. 7

2 Corintios 1:24

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia,

    15/1/2013,

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
A Biblia, SEPT
2 Corintios 1:1-24

Segunda Carta ós Corintios

1 Paulo, apóstolo de Xesús Cristo por designio de Deus, e o irmán Timoteo, á Igrexa de Deus que está en Corinto e a tódolos cristiáns da Acaia enteira deséxovo-la 2 gracia e a paz de Deus noso Pai e do Señor Xesús Cristo.

3 ¡Bendito sexa Deus, Pai do noso Señor Xesús Cristo, Pai misericordioso e Deus de toda consolación! 4 El anímanos en tódalas nosas mágoas, de xeito que poidamos nós anima-los outros en calquera aflicción, no consolo que recibimos de Deus. 5 Pois, do mesmo modo que rebordan en nós os sufrimentos de Cristo, tamén gracias a Cristo reborda igualmente o noso ánimo.

6 Se pasamos apretos, é para que vós teñades ánimo e vos salvedes; se estamos animados, é para que vós teñades ánimo e aturedes con paciencia os mesmos sufrimentos que padecemos nós. 7 Sodes para nós motivo de firme esperanza porque sabemos que, se sodes participantes nas mágoas, tamén o seredes no ánimo.

8 Non queremos que descoñezades, irmáns, as tribulacións que pasamos en Asia, cargados por riba das nosas forzas, ata perde-la esperanza de saírmos con vida. 9 Porque tivemos sobre nós a sentencia de morte. Así aprendemos a non poñérmo-la confianza en nós senón en Deus, que resucita os mortos. 10 El foi quen nos librou de tan evidente perigo de morte e hanos de seguir librando —confiamos nel, que nos librará no futuro—, 11 se colaborades tamén vós coa vosa oración en favor noso. Así, a gracia conseguida pola intercesión de moitos fará tamén que moitos dean gracias por cousa nosa.

12 O noso orgullo é o testemuño da nosa conciencia, de nos comportar no mundo —e non digamos convosco—, coa santidade e transparencia de Deus, non con sabedoría humana senón por gracia de Deus. 13 Porque non vos escribimos outra cousa do que ledes e entendedes. Espero que comprendades de vez, 14 xa que nos entendestes en parte, que sómo-lo motivo da vosa honra, como vós o ides ser para nós, o día do noso Señor Xesús.

15 Precisamente con esta confianza propúñame comezar eu por visitarvos, para que tivesedes un dobre regalo: 16 pensaba ir a Macedonia pasando por onda vós, e de Macedonia ir outra vez onda vós, para me arranxárde-la viaxe a Xudea.

17 ¿Actuei con lixeireza cando programei así? ¿Ou é que eu fago os meus plans con miras humanas, de xeito que non quede ben claro en min o si coma un si e o non coma un non? 18 ¡Ben sabe Deus que, cando trato convosco, non hai si e non, 19 porque o Fillo de Deus, Cristo Xesús, que nós vos anunciamos —Silván, Timoteo e mais eu—, non foi si e non; nel non houbo máis ca si: 20 tódalas promesas de Deus encontraron nel o si; velaí o porqué de respondermos “amén” por el cando damos gloria a Deus. 21 O que nos mantén firmes —a min e a vós— na adhesión a Cristo é Deus, que nos unxiu para si, 22 que tamén nos marcou co seu selo e infundiu nos nosos corazóns a garantía do seu Espírito.

23 Pola miña parte, poño a Deus por testemuña (e que me quite a vida se vos minto) que, se aínda non voltei a Corinto, foi por consideración convosco. 24 Non é que a vosa fe dependa de min; pero son colaborador da vosa alegría, pois, de certo, estades seguros na fe.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir