BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Gálatas 1
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Gálatas 1:18

Índices

  • Guía de estudo

    “Testemuño completo,” páx. 12

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
A Biblia, SEPT
Gálatas 1:1-24

Carta ós Gálatas

1 Paulo, nomeado apóstolo non por homes nin por encomenda humana, senón por encomenda de Xesús Cristo e de Deus Pai, que o resucitou de entre os mortos, 2 e mailos irmáns todos que están comigo, ás igrexas de Galacia:

3 Desexámosvo-la gracia e a paz que veñen de Deus, Pai noso, e mais do noso Señor, Xesús Cristo, 4 quen, conforme ó plan do noso Deus e Pai, se entregou polos nosos pecados, para nos arrincar deste mundo ruín en que vivimos. 5 Que el sexa eternamente glorificado. ¡Amén!

6 Chámame moito a atención que así, tan correndiño, desertedes de quen chamou por vós á gracia de Cristo, para vos facerdes doutro evanxeo. 7 ¡Non hai esoutro evanxeo! O que hai e que algúns vos andan a quenta-la cabeza coa idea de lle dar outro xeito ó Evanxeo de Cristo. 8 Pois mirade: ¡Malia quen vos predique un evanxeo para engadir ó que vos temos predicado, anque fosemos nós mesmos ou un anxo baixado do ceo! 9 E volvo dici-lo mesmo que vos dixen: a quen vos vaia cun evanxeo para engadir ó que recibistes, ¡botádeo fóra!

10 ¡Que! ¿Intento eu agora quedar ben cos homes ou con Deus? ¿Ou é que loito por compracer ós homes? Se a estas alturas aínda estivese procurando compracer ós homes, non sería un servo de Cristo.

11 Porque fágovos saber, irmáns, que o Evanxeo que eu predico non é cousa de homes, 12 xa que nin o recibín nin o aprendín de home ningún, senón que mo revelou Xesús Cristo. 13 Si: vós tedes oído falar das miñas andanzas de cando estaba no xudaísmo; do furor con que dera en persegui-la Igrexa de Deus; 14 e de como adiantaba eu no xudaísmo máis ca moitos da miña raza e do meu tempo, porque era moito máis fanático das tradicións dos meus devanceiros.

15 Mais cando a Aquel, que xa desde o seo da miña nai me puxera á parte e chamou por min pola súa gracia, 16 lle prougo revelarme o seu Fillo, para que volo predicase ós non xudeus, eu —sen lle pedir consellos á carne nin ó sangue, 17 sen tan sequera subir a Xerusalén onda os que en ser apóstolos xa me levaban anos—, de hoxe para mañá, retireime á Arabia, de onde volvín de novo a Damasco.

18 De alí a tres anos subín a Xerusalén para ir coñecer a Pedro e cabo del fiquei uns quince días. 19 E non vin a ningún apóstolo máis, fóra de Santiago, o parente do Señor. 20 ¡Así Deus me salve, como nos vos minto nisto que vos escribo! 21 Despois chegueime ás terras de Siria e Cilicia. 22 Ora, as comunidades cristiás de Xudea non chegaron a coñecerme de vista; 23 só sentiran dicir: “Disque o que antes nos perseguía, agora predica a fe que asoballaba”; 24 e, por isto meu, glorificaban a Deus.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir