BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Gálatas 6
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Gálatas 6:1

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 57

Gálatas 6:5

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    8/2023, páxs. 26-29

Gálatas 6:10

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 44

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
A Biblia, SEPT
Gálatas 6:1-18

Carta ós Gálatas

6 Irmáns, se acaso colledes a alguén nunha falta, vós, coma homes do Espírito, reprendédeo polas boas, termando cada quen de si, que ti tamén podes ser tentado. 2 Levade úns as cargas dos outros, que así cumpriredes coa Lei de Cristo. 3 O que, así polas boas, coida que é algo, non sendo nada, a quen engana é a si mesmo. 4 Bote contas cadaquén sobre os propios feitos, e daquela terá en si e non nos outros razón para estar satisfeito. 5 Cadaquén ten que leva-lo seu fardel.

6 Cando un vaia á doutrina onda outro, faga parceiro dos seus bens ó que lla ensina. 7 Non vos levedes a engano, que de Deus non hai quen faga riso. Conforme sementes, recollerás. 8 O que semente baixos instintos dos baixos instintos recollerá podremia; e o que semente no Espírito, do Espírito recollerá Vida eterna. 9 Non cansemos de face-lo ben, que, coma esmorecer non esmorezamos, cumprido o tempo habemos ter boa colleita.

10 Polo tanto, fagamos ben a todos, mentres temos tempo, maiormente ós nosos irmáns na fe.

11 Mirade con que letras tan grandes vos escribo eu pola miña man. 12 Os que queren quedar ben vistos no externo, son xustamente os que vos queren facer circuncidar, para que non os persigan a eles pola cruz de Cristo. 13 Pero ¡se nin tan sequera os circuncidantes cumpren coa Lei! O que queren é que vos circuncidedes vós para se gabaren da vosa circuncisión. 14 Pero a min Deus me libre de gabarme en algo que non sexa a cruz de Cristo, na que o mundo está crucificado para min como eu para o mundo. 15 Pois tanto ten estar circuncidado coma estar sen circuncidar. O que importa é a nova creación.

16 A paz e maila misericordia virán sobre tódolos que se axusten a esta norma e sobre o Israel de Deus. 17 De hoxe en diante que ninguén me veña amolar, porque levo no meu corpo as marcas de Xesús. 18 Irmáns, que a gracia do noso señor Xesús Cristo vaia convosco. Amén.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir