BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Colosenses 4
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Colosenses 4:5

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    2/2023, páxs. 18-19

Colosenses 4:6

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 22

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
A Biblia, SEPT
Colosenses 4:1-18

Carta ós Colosenses

4 Amos, dádelles ós vosos escravos o que é xusto e obrigado, decatándovos de que tamén vós tedes un amo no ceo.

2 Sede constantes na oración: vixiade nela con acción de gracias. 3 Rogade ó mesmo tempo por nós, para que Deus abra unha porta á nosa predicación, a fin de anuncia-lo misterio de Cristo, polo que eu estou na cadea: 4 que o expoña coma o debo expoñer.

5 Cos de fóra andade con moito tino, aproveitando as ocasións. 6 Que a vosa conversa sexa sempre agradable, cun chisquiño de sal, de xeito que saibades darlle a cadaquén a resposta axeitada.

7 Das cousas que se refiren a min xa vos dará novas Tíquico, meu irmán benquerido, fiel auxiliar e compañeiro de servicio no Señor; 8 mándovolo mesmamente para iso, para que teñades novas de nós e para que poña acougo nos vosos corazóns. 9 Vai canda o querido e fiel irmán Onésimo, que é un dos vosos. Xa vos poñerán ó tanto de todo o que pasa por aquí.

10 Saúdos de Aristarco, o meu compañeiro na cadea, e de Marcos, curmán de Bernabé (acerca deste xa recibistes algunhas instruccións: se chega onda vós, acollédeo). 11 Saúdos tamén de Xesús, a quen lle chaman o Xusto. De entre os xudeus só estes son os meus axudantes no traballo polo Reino de Deus, e abofé que me foron un bo alivio. 12 Saúdos do servidor de Xesús Cristo, Epafras, que é dos vosos e que decote está loitando por vós coas súas oracións por mor de que perseveredes na perfección e no cumprimento de todo canto Deus quere. 13 Douvos fe do moito que traballa por vós e polos que están en Laodicea e Hierápolis. 14 Saúdos tamén de Lucas, o querido médico, e de Dimas.

15 Dádelles saúdos ós irmáns de Laodicea, e a Ninfas e á Igrexa que ten as xuntanzas na súa casa. 16 E cando leades esta carta, facede de xeito que tamén se lea na Igrexa dos de Laodicea; e a de Laodicea lédea vós tamén.

17 Dicídelle a Arquipo: “Ten moito coidado co servicio que se che encomendou coma cristián e cúmpreo ben”.

18 Esta lembranza vai da miña man: Paulo. Lembrádevos das miñas cadeas. A gracia vaia convosco.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir