BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 1 Tesalonicenses 1
  • A Biblia, SEPT

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia, SEPT
  • Dispoñible en Tradución do Novo Mundo (nwt)
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
A Biblia, SEPT
1 Tesalonicenses 1:1-10

Primera Carta ós Tesalonicenses

1 Paulo, Silván e mais Timoteo, á Igrexa dos tesalonicenses, en Deus Pai e no Señor Xesús Cristo: deséxanvos gracia e paz.

2 Decote damos gracias a Deus por todos vós, facendo memoria de vós nas nosas oracións. Continuamente 3 nos lembramos diante de Deus, noso Pai, da actividade da vosa fe, do esforzo da vosa caridade e da firmeza da vosa esperanza no noso Señor Xesús Cristo.

4 Ben sabemos, irmáns, benqueridos de Deus, que El vos escolleu. 5 Porque o noso Evanxeo non quedou en palabras no voso caso senón que se volveu forza exuberante do Espírito Santo. Ben sabéde-lo que tal resultou se-la nosa actuación entre vós para o voso ben. 6 E vós seguíste-lo noso exemplo e o do Señor e, anque houbo tantas dificultades, acolléste-la mensaxe coa alegría do Espírito Santo, 7 ata chegardes a ser exemplo para tódolos crentes da Macedonia e da Acaia. 8 Pois, partindo de vós, resoou a palabra do Señor non só na Macedonia e na Acaia, senón que a vosa fe en Deus resoou por todas partes, de xeito que non precisamos falar cousa. 9 Eles mesmos contan cal foi a acollida que nos destes e como vos convertestes dos ídolos para servi-lo Deus vivo e verdadeiro, 10 e para agardar desde o ceo, ó seu Fillo, a quen resucitou de entre os mortos, Xesús, quen nos libra da ira vindeira.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir