BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 11
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • As dúas testemuñas (1-13)

        • Profetizan 1260 días vestidas con tea de saco (3)

        • Son asasinadas e non son enterradas (7-10)

        • Volven a vivir despois de tres días e medio (11, 12)

      • O segundo ai xa pasou, vén o terceiro (14)

      • A sétima trompeta (15-19)

        • O Reino do noso Deus e do seu Cristo (15)

        • Os que están destruíndo a terra serán destruídos (18)

Apocalipse 11:1

Notas

  • *

    Ver glosario.

  • *

    Lit. “vara”.

  • *

    É dicir, o edificio central do templo onde estaban o Santo e o Santísimo.

Apocalipse 11:2

Notas

  • *

    Ver glosario.

Apocalipse 11:3

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    12/2019, páx. 3

    Adoración pura, páx. 118

Apocalipse 11:7

Notas

  • *

    Ver glosario.

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    12/2019, páx. 3

Apocalipse 11:9

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    12/2019, páx. 3

Apocalipse 11:11

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    12/2019, páx. 3

    Adoración pura, páx. 118

Apocalipse 11:12

Notas

  • *

    Ou “víronas”.

Apocalipse 11:13

Notas

  • *

    Lit. “Naquela hora”.

Apocalipse 11:15

Notas

  • *

    É probable que se refira a Deus.

Apocalipse 11:17

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Apocalipse 11:18

Notas

  • *

    Ver glosario temor de Deus.

  • *

    Ou “arruinar os que están arruinando”.

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 141

    Outros temas, artigo 55

    1/5/2011,

Apocalipse 11:19

Notas

  • *

    Ver glosario.

  • *

    Ou “pedrazo”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 11:1-19

Apocalipse

11 E déuseme unha cana* parecida a unha vara de medir* e, mentres, unha voz dicíame: “Levántate e mide o santuario do templo* de Deus, o altar e os que adoran alí. 2 Pero pasa por alto o patio* que está fóra do santuario do templo e non o midas, porque se lles deu ás nacións. E elas esmagarán cos pés a cidade santa durante 42 meses. 3 Farei que as miñas dúas testemuñas profeticen 1260 días vestidas con tea de saco”. 4 Estas testemuñas están representadas polas dúas oliveiras e os dous candelabros, e están de pé diante do Señor da terra.

5 Se alguén quere facerlles dano, da boca delas sae un lume que acaba cos seus inimigos. Así é como morrerá calquera que queira facerlles dano. 6 Elas teñen autoridade para pechar o ceo e facer que non chova durante os días nos que profeticen. Tamén teñen autoridade para converter as augas en sangue e para facerlle dano á terra tódalas veces que queiran con toda clase de pragas.

7 Cando acaben de dar o seu testemuño, a besta salvaxe que sobe do abismo* vai loitar contra elas, vainas vencer e vainas matar. 8 Os seus cadáveres quedarán na rúa principal da gran cidade (que en sentido simbólico se chama Sodoma e Exipto), onde o seu Señor tamén foi executado no madeiro. 9 Xente de diferentes pobos, tribos, idiomas e nacións mirará os seus cadáveres durante tres días e medio, e non deixará que os enterren nunha tumba. 10 E os que viven na terra alegraranse, celebrarán a súa morte e mandaranse regalos uns ós outros, porque estes dous profetas atormentaran ós que viven na terra.

11 Despois dos tres días e medio, entrou nelas o espírito de vida que vén de Deus e puxéronse de pé. Os que as viron sentiron moito medo. 12 Entón escoitouse unha voz forte que viña do ceo e que lles dicía: “Subide aquí”. E as dúas testemuñas subiron ó ceo nunha nube, e os seus inimigos estaban mirando*. 13 Naquel momento* houbo un gran terremoto e a décima parte da cidade foi destruída. O terremoto matou a 7000 persoas, e os que sobreviviron asustáronse moito e déronlle gloria ó Deus do ceo.

14 O segundo ai xa pasou. Pero, atención! O terceiro vén rapidamente.

15 O sétimo anxo tocou a súa trompeta. Entón escoitáronse voces fortes no ceo que dicían: “O Reino do noso Deus e do seu Cristo empezou a gobernar sobre toda a humanidade, e el* reinará para sempre”.

16 Os 24 anciáns que estaban sentados nos seus tronos diante de Deus botáronse ó chan, inclinaron a cabeza e adoraron a Deus. 17 Dixeron: “Dámosche as grazas, Xehová* Deus (o Todopoderoso, o que é e o que era), porque usaches o teu gran poder e empezaches a reinar. 18 Pero as nacións enchéronse de ira. E entón veu a túa propia ira e o tempo fixado para que se xulgue ós mortos e para recompensar ós teus escravos, os profetas, e tamén ós santos e ós que temen* o teu nome (tanto ós pequenos coma ós grandes), e para destruír os que están destruíndo* a terra”.

19 Entón abriuse o santuario* do templo de Deus no ceo e viuse a arca do seu pacto no santuario do templo. E houbo lóstregos, voces, tronos, un terremoto e moito graínzo*.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir