Primeira Carta a Timoteo
4 Pero a palabra inspirada* di claramente que, en tempos futuros, algúns apartaranse da fe porque lles farán caso a mensaxes inspiradas* que enganan e a ensinanzas de demos. 2 Isto pasará por culpa das mentiras dos hipócritas, que teñen a conciencia insensible coma se estivese marcada cun ferro de marcar. 3 Eles prohiben que as persoas casen e mándanlles que se absteñan dalgúns alimentos. Deus creou estes alimentos para que os que teñen fe e coñecen a verdade con exactitude os coman dando grazas. 4 De feito, todo o que Deus creou é moi bo, e non debe rechazarse nada se se recibe con agradecemento, 5 porque se santifica por medio da palabra de Deus e da oración.
6 Cando lles deas estes consellos ós irmáns, serás un bo servo* de Cristo Xesús, un servo ben alimentado coas palabras da fe e coas ensinanzas tan marabillosas que seguiches fielmente. 7 Pero rechaza os contos falsos que deshonran a Deus, coma os contos que contan as vellas. Por outro lado, ponte o obxectivo de demostrar devoción a Deus e exercítate* para conseguilo. 8 Porque o exercicio* físico ten algún beneficio, pero a devoción a Deus é beneficiosa para tódalas cousas, porque inclúe unha promesa para a vida de agora e para a vida futura. 9 Isto que vou dicir é confiable e merece ser aceptado por completo: 10 esa é a razón pola que estamos traballando moito e esforzándonos, porque puxemos a nosa esperanza nun Deus vivo, que é Salvador de todo tipo de persoas, sobre todo das que son fieis.
11 Sigue dando e ensinando estes mandatos. 12 Non deixes que ninguén te menosprece por ser novo*. En vez diso, sé un exemplo para os fieis pola túa maneira de falar, a túa conduta, o teu amor, a túa fe e a túa pureza*. 13 Mentres chego, sigue centrándote* na lectura pública, en aconsellar* e en ensinar. 14 Non descoides o don que tes e que recibiches por medio dunha profecía cando o grupo de anciáns che impuxo as mans*. 15 Reflexiona* sobre estas cousas, dedícate de cheo a elas, para que todos vexan claramente o teu progreso. 16 Presta atención constantemente á túa conduta e á túa ensinanza. Non deixes de facer estas cousas, porque así salvaraste a ti mesmo e tamén ós que te escoitan.