BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 7
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • Catro anxos reteñen os catro ventos da destrución (1-3)

      • Os 144.000 selados (4-8)

      • Unha gran multitude con túnicas brancas (9-17)

Apocalipse 7:1

Notas

  • *

    Lit. “nas catro esquinas”.

Apocalipse 7:2

Notas

  • *

    Lit. “desde o nacemento do sol”.

Apocalipse 7:4

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 116

Apocalipse 7:9

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    12/2019, páx. 2

    Adoración pura, páx. 134

Apocalipse 7:14

Notas

  • *

    Ou “grande angustia”. Ver glosario gran tribulación.

Apocalipse 7:15

Notas

  • *

    Ou “estenderá a súa tenda sobre eles”.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    10/2023, páx. 29

    Caderno de estudo vida e actividades,

    12/2019, páx. 2

    Adoración pura, páx. 134

Apocalipse 7:17

Notas

  • *

    Ou “no centro do”.

  • *

    Ou “mananciais”.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    9/2022, páx. 16

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 7:1-17

Apocalipse

7 Despois disto vin catro anxos de pé nos catro extremos* da terra. Estaban retendo os catro ventos da terra para que non soprase ningún vento sobre a terra, nin sobre o mar, nin sobre ningunha árbore. 2 Tamén vin outro anxo que subía desde o leste* levando un selo do Deus vivo, e berroulles con forza ós catro anxos ós que se lles permitira facerlles dano á terra e ó mar. 3 Díxolles: “Non lles fagades dano nin á terra, nin ó mar, nin ás árbores ata que selemos na fronte ós escravos do noso Deus!”.

4 E escoitei o número dos que foron selados: 144.000. Eran de tódalas tribos dos fillos de Israel:

5 12.000 selados da tribo de Xudá,

12.000 da tribo de Rubén,

12.000 da tribo de Gad,

6 12.000 da tribo de Aser,

12.000 da tribo de Neftalí,

12.000 da tribo de Manasés,

7 12.000 da tribo de Simeón,

12.000 da tribo de Leví,

12.000 da tribo de Isacar,

8 12.000 da tribo de Zabulón,

12.000 da tribo de Xosé

e 12.000 selados da tribo de Benxamín.

9 Despois disto, vin unha gran multitude que ninguén podía contar. Eran de tódalas nacións, tribos, pobos e idiomas, e estaban de pé diante do trono e diante do Cordeiro. Ían vestidos con túnicas brancas e levaban follas de palmeira nas mans. 10 E agradecidos berraban con voz forte: “A salvación vén do noso Deus, que está sentado no trono, e do Cordeiro!”.

11 Tódolos anxos estaban de pé arredor do trono, dos anciáns e dos catro seres viventes. Entón botáronse ó chan diante do trono, baixaron a cabeza e adoraron a Deus, 12 dicindo: “Amén! Que o noso Deus reciba a louvanza, a gloria, a sabedoría, o agradecemento, a honra, o poder e a forza para sempre. Amén”.

13 Entón, un dos anciáns preguntoume: “Quen son os que van vestidos con túnicas brancas? E de onde viñeron?”. 14 Inmediatamente eu contesteille: “Meu Señor, ti es quen o sabe”. E el díxome: “Son os que saen da gran tribulación*. Eles lavaron as súas túnicas e embranquecéronas no sangue do Cordeiro. 15 Por iso están diante do trono de Deus, e danlle servizo sagrado día e noite no seu templo. E o que está sentado no trono protexeraos*. 16 Xa non volverán a pasar fame nin sede. Tampouco sufrirán por culpa do sol nin da intensa calor. 17 Porque o Cordeiro, que está xunto ó* trono, vainos pastorear e guiar a fontes* de augas de vida. E Deus secaralles tódalas lágrimas dos seus ollos”.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir