Segunda Carta a Timoteo
2 Así que, meu filliño, sigue fortalecéndote coa bondade inmerecida que demostra Cristo Xesús. 2 E as cousas que me escoitaches a min e que moitas testemuñas confirmaron, encárgallelas a homes fieis. Así, eles tamén estarán capacitados para ensinar a outros. 3 Coma un bo soldado de Cristo Xesús, acepta as dificultades que teñas que sufrir. 4 Ningún soldado se enreda en negocios comerciais* se quere conseguir a aprobación de quen o alistou. 5 E tampouco nos xogos se lle dá o premio* a un atleta se non compite de acordo coas normas. 6 O agricultor que traballa moito ten que ser o primeiro en comer do que plantou. 7 Pensa constantemente no que estou dicindo. O Señor darache entendemento* en tódalas cousas.
8 Recorda que Xesucristo resucitou* de entre os mortos e que era descendente de David, tal como din as boas noticias que predico, 9 polas que estou sufrindo e polas que estou preso coma un delincuente. Pero ninguén pode deter a palabra de Deus. 10 Por iso sigo aguantando todo polo ben dos escollidos, para que eles tamén consigan tanto a salvación por medio de Cristo Xesús como a gloria eterna. 11 Isto que vou dicir é confiable: se morremos con el, está claro que tamén viviremos con el. 12 Se seguimos aguantando, tamén reinaremos con el. Se renegamos del, el tamén renegará de nós. 13 Se nós non somos fieis, el seguirá sendo fiel, porque non pode renegar de si mesmo.
14 Síguelles recordando estas cousas e síguelles pedindo* diante de Deus que non discutan sobre palabras. Iso é algo completamente inútil porque lles fai dano* ós que escoitan. 15 Fai todo o posible para presentarte diante de Deus como alguén que merece a súa aprobación, como un traballador que non ten nada de que avergonzarse, que utiliza* correctamente a palabra da verdade. 16 Pero rechaza as palabras inútiles que desprezan o que é santo, porque farán que cada vez se lle falte máis ó respecto a Deus. 17 As palabras dos que fan isto estenderanse coma a gangrena. Este é o caso de Himeneo e Fileto. 18 Eles desviáronse da verdade porque din que a resurrección xa sucedeu, e están botando a perder a fe dalgúns. 19 Aínda así, o fundamento sólido de Deus mantense firme e ten este selo: “Xehová* coñece ós que lle pertencen” e “Que tódolos que invoquen o* nome de Xehová* renuncien á inxustiza”.
20 Como sabes, nunha casa grande non só hai utensilios* de ouro e de prata, senón tamén de madeira e de barro. Algúns son para un uso honroso* e outros para un uso deshonroso*. 21 Así que se alguén se mantén separado dos utensilios que son para un uso deshonroso, será un instrumento* para un uso honroso, un instrumento santificado, útil para o seu dono e preparado para facer todo tipo de boas obras. 22 Por iso, escapa dos desexos da xuventude e busca a xustiza, a fe, o amor e a paz cos que invocan o* Señor cun corazón puro.
23 Ademais, rechaza as discusións absurdas e sen sentido, porque sabes que provocan pelexas. 24 O escravo do Señor non ten que discutir con ninguén. En vez diso, ten que ser amable* con todos, estar capacitado para ensinar, controlarse cando o tratan mal 25 e ensinarlles con apracibilidade ós que non teñen unha boa actitude. Quizais Deus lles dea o arrepentimento* e así poidan ter un coñecemento exacto da verdade, 26 poidan recuperar o xuízo e escapar da trampa do Demo*, porque el atrapounos vivos para que fagan a súa vontade.