BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Hebreos 13
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Hebreos

      • Consellos finais e saúdos (1-25)

        • “Non vos esquezades de mostrar hospitalidade” (2)

        • “Que todos honren o matrimonio” (4)

        • Obedecer ós que nos dirixen (7, 17)

        • Ofrecer un sacrificio de louvanza (15, 16)

Hebreos 13:2

Notas

  • *

    Ou “bondade ós estraños”.

Hebreos 13:3

Notas

  • *

    Lit. “dos encadeados”.

  • *

    Ou “estades nun corpo”. Ou quizais “coma se estivésedes sufrindo con eles”.

Hebreos 13:4

Notas

  • *

    Ou “que ninguén contamine o leito matrimonial”.

  • *

    Ver glosario inmoralidade sexual.

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 184

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 41

    A Atalaia (estudo),

    12/2018,

    Continúa no amor de Deus, páxs. 148-154

Hebreos 13:5

Notas

  • *

    Ou “coas cousas presentes”.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    2/2024, páxs. 2-7

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 166

    Caderno de estudo vida e actividades,

    11/2023, páx. 7

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 37

Hebreos 13:6

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    11/2022, páx. 8

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 59

Hebreos 13:7

Notas

  • *

    Ou “guían”.

Hebreos 13:10

Notas

  • *

    Lit. “autoridade para”.

Hebreos 13:12

Notas

  • *

    Lit. “da porta da cidade”.

Hebreos 13:15

Notas

  • *

    É dicir, as palabras que saen da nosa boca.

Hebreos 13:17

Notas

  • *

    Ou “sede submisos ós”.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    10/2023, páx. 10

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 20

Hebreos 13:18

Notas

  • *

    Ou “unha conciencia honrada”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 36

Hebreos 13:20

Notas

  • *

    Lit. “levantou”.

Hebreos 13:21

Notas

  • *

    Ou “o que é agradable ós seus ollos”.

Hebreos 13:24

Notas

  • *

    Ou “guían”.

  • *

    Ver glosario.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Hebreos 13:1-25

Carta ós Hebreos

13 Seguídevos mostrando amor fraternal. 2 Non vos esquezades de mostrar hospitalidade*, porque algúns por ser hospitalarios aloxaron a anxos sen sabelo. 3 Acordádevos dos que están en prisión* coma se vós estivésedes presos con eles e dos que son maltratados, porque vós tamén sodes humanos*. 4 Que todos honren o matrimonio e que o home e a muller que están casados sexan fieis un ó outro*, porque Deus vai xulgar os que son sexualmente inmorais* e os adúlteros. 5 Que a vosa maneira de vivir demostre que non lles tedes amor ós cartos, e estade contentos coas cousas que tedes*. Porque Deus dixo: “Nunca te deixarei e nunca te abandonarei”. 6 Así que podemos dicir cheos de confianza: “Xehová* é o meu axudante. Non vou ter medo. Que me poden facer as persoas?”.

7 Acordádevos dos que vos dirixen*, que vos falaron da palabra de Deus, e mentres vos fixades nos resultados da súa conduta, imitade a súa fe.

8 Xesucristo é o mesmo onte, hoxe e sempre.

9 Non vos deixedes desviar por diversas ensinanzas que son diferentes ás nosas, porque é mellor fortalecer o corazón con bondade inmerecida que con normas sobre os alimentos, que non benefician ós que se centran nelas.

10 Temos un altar do que non teñen dereito a* comer os que dan servizo sagrado na tenda, 11 porque cando o sumo sacerdote leva o sangue dos animais ó lugar santo como ofrenda polo pecado, o corpo dos animais quéimase fóra do campamento. 12 Por iso, Xesús tamén sufriu fóra da cidade* para santificar o pobo co seu propio sangue. 13 Así que vaiamos cara a el, fóra do campamento, e soportemos a deshonra que soportou el. 14 Porque aquí non temos unha cidade que sexa permanente, senón que nos esforzamos moito por buscar a cidade que vai vir. 15 Por medio de Xesús, ofrezámoslle sempre a Deus un sacrificio de louvanza, é dicir, o froito dos nosos labios* que anuncian publicamente o seu nome. 16 Ademais, non vos esquezades de facer o ben nin de compartir con outros o que tedes, porque a Deus agrádanlle moito estes sacrificios.

17 Sede obedientes e estade dispostos a aceptar a guía dos* que vos dirixen, porque eles están coidando de vós e van render contas por iso. Desa maneira, farán o seu labor con alegría e non con suspiros, porque iso sería malo para vós.

18 Seguide orando por nós, porque estamos convencidos de que temos a conciencia limpa*, e queremos comportarnos de maneira honrada en tódalas cousas. 19 Pero sobre todo pídovos que oredes para que eu poida volver a estar con vós o antes posible.

20 Que o Deus da paz, que co sangue dun pacto eterno resucitou* de entre os mortos ó gran pastor das ovellas, o noso Señor Xesús, 21 vos dea todo o que necesitades para facer a súa vontade, e que por medio de Xesucristo nos motive a facer o que lle agrada*. Que el reciba a gloria para sempre. Amén.

22 Irmáns, agora suplícovos que escoitedes con paciencia estas palabras de ánimo que vos escribo nesta carta breve. 23 Quero que saibades que o noso irmán Timoteo foi liberado. Se vén pronto, iremos xuntos a vervos.

24 Saudade da miña parte a tódolos que vos dirixen* e a tódolos santos*. Os irmáns de Italia mándanvos saúdos.

25 Que a bondade inmerecida de Deus estea con todos vós.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir