BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Romanos 10
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Romanos

      • Como ser considerados xustos ós ollos de Deus (1-15)

        • “Declaración pública” (10)

        • Os que invocan o nome de Xehová salvaranse (13)

        • Os pés dos que anuncian boas noticias son bonitos (15)

      • Non lles fixeron caso ás boas noticias (16-21)

Romanos 10:1

Notas

  • *

    Ou “os israelitas”.

Romanos 10:2

Notas

  • *

    Ou “dou testemuño”.

  • *

    Ou “devoción”.

Romanos 10:7

Notas

  • *

    Ver glosario.

Romanos 10:9

Notas

  • *

    Lit. “o levantou”.

Romanos 10:12

Notas

  • *

    Ou “confían nel”. Ver glosario invocar.

Romanos 10:13

Notas

  • *

    Ver glosario.

  • *

    Ver apén. A5.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 4

Romanos 10:14

Notas

  • *

    Ver glosario.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 13

Romanos 10:15

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 21

    Adoración pura, páxs. 126-127

Romanos 10:16

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Romanos 10:18

Notas

  • *

    Ou “da terra habitada”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Romanos 10:1-21

Carta ós Romanos

10 Irmáns, o que en realidade desexo de todo corazón e lle suplico a Deus é que eles* se salven. 2 Porque dou fe* de que serven a Deus con entusiasmo*, pero non o fan con coñecemento exacto. 3 Porque como non coñecen a xustiza de Deus e intentan establecer a súa propia xustiza, non se someteron á xustiza de Deus. 4 De feito, Cristo é o fin da Lei, para que tódolos que demostren fe sexan considerados xustos.

5 Falando da xustiza que se consegue por medio da Lei, Moisés escribe: “O home que fai estas cousas vivirá grazas a elas”. 6 Pero a xustiza que se consegue demostrando fe di “Non digas no teu corazón ‘Quen subirá ó ceo?’, é dicir, quen subirá para facer que baixe Cristo? 7 Tampouco digas ‘Quen baixará ó abismo*?’, é dicir, quen baixará para facer subir a Cristo de entre os mortos?”. 8 Pero, que din as Escrituras? “A palabra está cerca de ti, na túa propia boca e no teu propio corazón”, é dicir, “a palabra” da fe que nós predicamos. 9 Porque se coa boca declaras publicamente que Xesús é o Señor, e co corazón demostras fe en que Deus o resucitou* de entre os mortos, vaste salvar. 10 Porque co corazón demóstrase a fe que leva á xustiza, pero coa boca faise declaración pública que leva á salvación.

11 Unha parte das Escrituras di sobre Xesús: “Ninguén que teña fe nel quedará decepcionado”. 12 Porque non hai diferenza entre xudeu e grego. Todos teñen o mesmo Señor, que é xeneroso con tódolos que o invocan*. 13 Porque “a tódolos que invoquen* o nome de Xehová*, el vainos salvar”. 14 Pero como o invocarán* se non teñen fe nel? E como van ter fe nel se non oíron falar del? E como van oír se ninguén predica? 15 E como van predicar se non foron enviados? Tal como está escrito: “Que bonitos son os pés dos que anuncian boas noticias de cousas boas!”.

16 Pero non todos lles fixeron caso ás boas noticias. De feito, Isaías di: “Xehová*, quen tivo fe na nosa mensaxe?”. 17 Polo tanto, a fe vén despois de oír a mensaxe, e a mensaxe que se oe vén por medio da palabra acerca de Cristo. 18 Pero eu pregunto: e logo non oíron? Claro que si! Porque “o seu son escoitouse por toda a terra e a súa mensaxe chegou ata o último recuncho da terra*”. 19 E tamén pregunto: será que Israel non o entendeu? Primeiro, Moisés di: “Farei que vos poñades celosos usando os que non son unha nación. Farei que vos poñades furiosos usando unha nación insensata”. 20 E Isaías énchese de valor e di: “Os que non me buscaban, encontráronme. Os que non preguntaban por min chegaron a coñecerme”. 21 Pero sobre Israel di: “Abrinlle os meus brazos durante todo o día a un pobo desobediente e cabezón”.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir