Carta a Tito
2 Pero ti sigue falando do que está de acordo coa ensinanza beneficiosa*. 2 Que os homes maiores sexan moderados nos seus hábitos e confiables*, que teñan bo xuízo e que a súa fe, o seu amor e o seu aguante sexan fortes. 3 Da mesma maneira, que as mulleres maiores se comporten dunha forma que lle dea honra a Deus, que non sexan calumniadoras, que non teñan o vicio de beber moito viño* e que sexan mestras do que está ben. 4 Así poderán aconsellar ás* mulleres máis novas para que amen os seus maridos e os seus fillos, 5 para que teñan bo xuízo e sexan puras*, para que coiden ben da súa casa* e sexan boas, e para que respecten a autoridade dos* seus maridos. Desta forma, non se poderá falar mal da palabra de Deus.
6 Da mesma maneira, sigue aconsellando ós homes máis novos para que teñan bo xuízo 7 e demostra que ti mesmo es un exemplo de boas obras en todo sentido. Tómate en serio a túa ensinanza e ensina o que é puro* 8 con palabras beneficiosas* que non se poidan criticar, para que os que se opoñen queden avergonzados por non ter nada negativo que dicir de nós. 9 Que os escravos respecten a autoridade dos* seus donos en tódalas cousas: que intenten agradarlles, que non lles contesten mal 10 e que non lles rouben, senón que demostren que se pode confiar completamente neles, para que lles dean honra en tódolos sentidos ás ensinanzas* do noso Salvador, Deus.
11 Porque Deus demostrou a súa bondade inmerecida traendo salvación a todo tipo de persoas. 12 Esta bondade inmerecida ensínanos a rechazar todo o que está en contra da vontade de Deus e os desexos do mundo, e a vivir con bo xuízo, xustiza e devoción a Deus no medio deste sistema*, 13 mentres esperamos que se cumpra a feliz esperanza e que tanto o gran Deus como o noso Salvador, Xesucristo, demostren a súa gloria. 14 El entregouse a si mesmo por nós para liberarnos* de todo tipo de maldade*, e para purificar para si mesmo un pobo que é a súa propiedade especial e que está desexando facer boas obras.
15 Sigue falando destas cousas, e aconsellando* e censurando con toda autoridade. Non deixes que ninguén te menosprece.