As boas noticias segundo Mateo
1 O libro da historia* de Xesucristo*, fillo de David, fillo de Abrahán.
2 Abrahán foi o pai de Isaac,
Isaac foi o pai de Xacob,
Xacob foi o pai de Xudá e dos seus irmáns,
3 Xudá foi o pai de Pérez e de Zérah (a nai foi Tamar),
Pérez foi o pai de Hezrón,
Hezrón foi o pai de Ram,
4 Ram foi o pai de Aminadab,
Aminadab foi o pai de Nasón,
Nasón foi o pai de Salmón,
5 Salmón foi o pai de Boaz (a nai foi Rahab),
Boaz foi o pai de Obed (a nai foi Rut),
Obed foi o pai de Xesé
6 e Xesé foi o pai do rei David.
David foi o pai de Salomón (a nai foi a muller de Urías),
7 Salomón foi o pai de Rehoboam,
Rehoboam foi o pai de Abías,
Abías foi o pai de Asá,
8 Asá foi o pai de Xehosafat,
Xehosafat foi o pai de Xehoram,
Xehoram foi o pai de Uzías,
9 Uzías foi o pai de Xotán,
Xotán foi o pai de Acaz,
Acaz foi o pai de Ezequías,
10 Ezequías foi o pai de Manasés,
Manasés foi o pai de Amón,
Amón foi o pai de Xosías
11 e Xosías foi o pai de Xeconías e dos seus irmáns na época da deportación a Babilonia.
12 Despois da deportación a Babilonia, Xeconías foi o pai de Sealtiel,
Sealtiel foi o pai de Zorobabel,
13 Zorobabel foi o pai de Abiúd,
Abiúd foi o pai de Eliaquim,
Eliaquim foi o pai de Azor,
14 Azor foi o pai de Sadoc,
Sadoc foi o pai de Aquim,
Aquim foi o pai de Eliúd,
15 Eliúd foi o pai de Eleazar,
Eleazar foi o pai de Matán,
Matán foi o pai de Xacob,
16 Xacob foi o pai de Xosé, o home de María, e María foi a nai de Xesús, ó que lle chaman Cristo*.
17 En total, houbo 14 xeracións desde Abrahán ata David, 14 xeracións desde David ata a deportación a Babilonia e 14 xeracións desde a deportación a Babilonia ata o Cristo.
18 O nacemento de Xesucristo foi desta maneira. A súa nai, María, estaba prometida con Xosé, pero antes de casar quedou* embarazada por espírito santo*. 19 O seu marido*, Xosé, era un home xusto e non quería que ela pasase vergonza diante de todos. Por iso pensaba divorciarse dela en segredo. 20 Cando acabou de darlle voltas a isto, de repente*, aparecéuselle o anxo de Xehová* nun soño e díxolle: “Xosé, fillo de David, non teñas medo de levar a María para a túa casa para que sexa a túa muller, porque o fillo que leva dentro foi concibido por espírito santo. 21 Ela dará a luz un fillo e tes que chamarlle Xesús*, porque el salvará o seu pobo dos seus pecados”. 22 De feito, todo isto pasou para que se cumprise o que Xehová* dixera mediante o seu profeta: 23 “Mirade! A virxe quedará embarazada, dará a luz un fillo e chamaranlle Emmanuel”, que traducido significa “Deus está con nós”.
24 Cando Xosé despertou, fixo o que o anxo de Xehová* lle mandara e levou a María para a súa casa para que fose a súa muller. 25 Pero non tivo relacións sexuais con ela ata que o neno naceu, e chamoulle Xesús.