Segunda Carta de Xoán
1 De parte do ancián* para a señora escollida e os seus fillos, ós que quero de verdade (e non só eu, senón tamén tódolos que chegaron a coñecer a verdade). 2 Querémosvos porque a verdade permanece en nós e estará con nós para sempre. 3 A bondade inmerecida, a misericordia e a paz de parte de Deus, o Pai, e de parte de Xesucristo, o Fillo do Pai, estarán con nós xunto coa verdade e o amor.
4 Alegreime moito ó saber que algúns dos teus fillos están andando no camiño da verdade, tal e como nos mandou o Pai. 5 E agora, señora, pídoche que nos amemos uns ós outros. (Non che estou escribindo un mandamento novo, senón un que xa tivemos desde o principio.) 6 O amor consiste nisto: que sigamos vivindo* de acordo cos seus mandamentos. Este é o mandamento que levades escoitando desde o principio: que vos sigades mostrando* amor. 7 Porque apareceron moitos impostores no mundo, eses que non recoñecen que Xesucristo veu como ser humano*. Os que fan isto son o impostor e o anticristo*.
8 Tede coidado de non perder as cousas que nos esforzamos por conseguir, e así poderedes recibir unha recompensa completa. 9 Quen vai máis alá das ensinanzas de Cristo e non se mantén nelas non ten a aprobación de Deus. Quen se mantén nesas ensinanzas ten a aprobación do Pai e tamén a do Fillo. 10 Se alguén vén onda vós e non trae estas ensinanzas, non o recibades na vosa casa nin o saudedes. 11 Porque quen o saúda faise cómplice das súas malas accións.
12 Aínda que teño moitas cousas que dicirvos, non quero facelo por escrito. Espero ir onda vós e falarvos en persoa*, para que a vosa alegría sexa completa.
13 Os fillos da túa irmá, a escollida, mándanche saúdos.