BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Gálatas 2
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Gálatas

      • Paulo reúnese cos apóstolos en Xerusalén (1-10)

      • Paulo corrixe a Pedro (Cefas) (11-14)

      • Ser declarados xustos só por ter fe (15-21)

Gálatas 2:5

Notas

  • *

    Lit. “unha hora”.

Gálatas 2:9

Notas

  • *

    Tamén chamado Pedro.

Gálatas 2:11

Notas

  • *

    Ou “porque estaba condenado”.

Gálatas 2:14

Notas

  • *

    Ou “non andaban”.

Gálatas 2:16

Notas

  • *

    Ou “ningunha carne vai ser declarada xusta”.

Gálatas 2:17

Notas

  • *

    Ou “é ministro”.

Gálatas 2:19

Notas

  • *

    Ou “estou liberado da lei”.

Gálatas 2:20

Notas

  • *

    Lit. “na carne”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 27

Gálatas 2:21

Notas

  • *

    Ou “Eu non boto a un lado”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Gálatas 2:1-21

Carta ós Gálatas

2 Entón, 14 anos máis tarde, subín outra vez a Xerusalén con Bernabé e tamén levei comigo a Tito. 2 Subín porque recibín unha revelación e expliqueilles ós irmáns as boas noticias que estou predicando entre a xente das nacións. Pero fíxeno en privado diante dos homes que eran moi respectados, porque quería asegurarme de que o que fixera e estaba facendo por Deus non fose como correr en balde. 3 Pero nin sequera a Tito, que estaba comigo, o obrigaron a circuncidarse aínda que era grego. 4 A cuestión xurdiu a causa dos falsos irmáns que se introduciron silenciosamente entre nós. Estes homes infiltráronse como espías para danar a liberdade que temos como seguidores de Cristo Xesús e así conseguir escravizarnos por completo. 5 Pero nós nin por un momento* cedemos ou nos sometemos a eles, para que a verdade das boas noticias seguise con vós.

6 Agora ben, os irmáns que son moi respectados e considerados importantes (non me importa o que fosen, porque Deus non se deixa levar polas aparencias) non me dixeron nada novo. 7 Ó contrario, viron que se me encargara anunciarlles as boas noticias ós incircuncisos, igual que a Pedro se lle encargara anunciárllelas ós circuncisos. 8 Porque quen lle deu poder a Pedro para ser apóstolo entre os circuncisos tamén me deu poder a min para ser apóstolo entre a xente das nacións. 9 E eles recoñeceron a bondade inmerecida que eu recibira. Entón Santiago, Cefas* e Xoán, os que eran considerados columnas da congregación, déronnos a man dereita a Bernabé e a min como mostra de que eramos compañeiros, para que nós fósemos ás nacións e eles ós circuncisos. 10 Só nos pediron que nos acordásemos dos pobres, cousa que tamén me esforcei por facer con moito interese.

11 Pero cando Cefas veu a Antioquía, enfronteime a el cara a cara, porque era evidente que estaba equivocado*. 12 Porque antes de que chegasen algúns homes que viñan de parte de Santiago, Cefas tiña o costume de comer con xente das nacións. Pero cando eles chegaron, deixou de facelo e apartouse deles por medo ós do grupo dos circuncisos. 13 Os outros xudeus comportáronse de forma hipócrita igual ca el, e ata Bernabé se deixou arrastrar por esa hipocrisía. 14 Así que cando vin que non actuaban* de acordo coa verdade das boas noticias, díxenlle a Cefas diante de todos: “Se ti, aínda que es xudeu, vives coma a xente das nacións e non coma os xudeus, por que obrigas á xente das nacións a vivir de acordo cos costumes xudeus?”.

15 Nós, que somos xudeus de nacemento e non pecadores das nacións, 16 sabemos que non se declara xusta a unha persoa por facer o que manda a Lei, senón só por ter fe en Xesucristo. Por iso temos fe en Cristo Xesús, para ser declarados xustos por ter fe en Cristo e non por facer o que manda a Lei. Porque ninguén vai ser declarado xusto* por facer o que manda a Lei. 17 Agora ben, se nós nos estamos esforzando por ser declarados xustos mediante Cristo e aínda así se nos considera pecadores, significa iso que Cristo está ó servizo* do pecado? Claro que non! 18 Se agora reconstrúo as cousas que antes destruín, demostro ser un transgresor da lei. 19 Porque mediante a lei morrín para a lei*, para así poder vivir para Deus. 20 Estou cravado ó madeiro con Cristo. Xa non son eu o que vive, senón que é Cristo o que vive unido a min. De feito, a vida que vivo agora neste corpo* vívoa pola fe no Fillo de Deus, quen me amou e se entregou por min. 21 Eu non rechazo* a bondade inmerecida de Deus, porque se a xustiza se consegue facendo o que manda a Lei, entón non serviu de nada que Cristo morrese.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir