BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Gálatas 3
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Gálatas

      • O contraste entre facer o que manda a Lei e a fe (1-14)

        • “O xusto vivirá pola súa fe” (11)

      • A promesa que se lle fixo a Abrahán non se basea na Lei (15-18)

        • Cristo é a descendencia de Abrahán (16)

      • A orixe e o propósito da Lei (19-25)

      • “Sodes fillos de Deus porque tedes fe” (26-29)

        • Os que son discípulos de Cristo son descendencia de Abrahán (29)

Gálatas 3:2

Notas

  • *

    Lit. “aprender de vós”.

Gálatas 3:3

Notas

  • *

    Lit. “empezar en espírito”.

  • *

    Lit. “acabades na carne”.

Gálatas 3:6

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

  • *

    Ou “e contóuselle como xustiza”.

Gálatas 3:13

Índices

  • Guía de estudo

    Ensina, páx. 205

Gálatas 3:16

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    7/2022, páx. 16

Gálatas 3:22

Notas

  • *

    Ó parecer, aquí a expresión Escrituras refírese ás Escrituras Hebreas, que conteñen a Lei.

Gálatas 3:23

Notas

  • *

    Ó parecer, refírese á fe cristiá.

Gálatas 3:24

Notas

  • *

    Un titor guiaba e protexía os nenos.

Gálatas 3:27

Notas

  • *

    Lit. “vestístesvos de Cristo”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Gálatas 3:1-29

Carta ós Gálatas

3 Gálatas insensatos! Quen vos enganou a vós, que recibistes unha descrición tan clara da morte de Xesucristo no madeiro? 2 Só quero preguntarvos* isto: recibistes o espírito por facer o que manda a Lei ou por ter fe no que escoitastes? 3 Tan insensatos sodes? Despois de empezar un camiño espiritual*, acabades indo por un camiño carnal*? 4 Pasastes por tantos sufrimentos para nada? Estou seguro de que non foi para nada. 5 E logo o que vos dá o espírito e realiza milagres entre vós, faino porque facedes o que manda a Lei ou porque tedes fe no que escoitastes? 6 É tal como lle pasou a Abrahán: “tivo fe en Xehová* e foi considerado xusto*”.

7 Seguro que sabedes que os que se aferran á fe son fillos de Abrahán. 8 Pois, prevendo que Deus declararía xusta a xente das nacións por ter fe, unha parte das Escrituras anuncioulle con antelación as boas noticias a Abrahán ó dicir: “Por medio de ti, tódalas nacións serán bendicidas”. 9 Así que os que se aferran á fe son bendicidos xunto con Abrahán, que tivo fe.

10 Tódolos que confían en facer o que manda a Lei están baixo unha maldición, porque está escrito: “Maldito quen non segue facendo tódalas cousas que están escritas no rolo da Lei”. 11 Ademais, é evidente que ninguén é declarado xusto diante de Deus por obedecer a lei, porque está escrito que “o xusto vivirá pola súa fe”. 12 Pero a Lei non se basea na fe. En vez diso, di que “o que fai estas cousas vivirá grazas a elas”. 13 Cristo comprounos e liberounos da maldición da Lei cando chegou a ser unha maldición no noso lugar, porque está escrito: “Maldito todo o que sexa colgado nun madeiro”. 14 Isto pasou para que a bendición que se lle prometera a Abrahán chegase ás nacións por medio de Cristo Xesús, para que por ter fe recibísemos o espírito santo prometido.

15 Irmáns, póñovos un exemplo da vida diaria: cando se fai que un pacto chegue a ser válido, aínda que o faga un simple humano, ninguén pode anulalo nin engadirlle nada. 16 Agora ben, as promesas fixéronllelas a Abrahán e á súa descendencia. Non di “e ós teus descendentes”, coma se estivese referíndose a moitos, senón que di “e á túa descendencia”, referíndose a un só: Cristo. 17 Ademais, dígovos isto: a Lei, que se deu 430 anos despois, non invalida o pacto que Deus xa fixera, así que non anula a promesa. 18 Porque se a herdanza se basease en obedecer a lei, xa non se basearía nunha promesa. Pero Deus deulle bondadosamente a herdanza a Abrahán mediante unha promesa.

19 Entón, por que se deu a Lei? Engadiuse para facer evidentes as transgresións ata que chegase a descendencia a quen se lle fixera a promesa. E a Lei foi transmitida mediante anxos a través dun mediador. 20 Pero cando só hai unha persoa implicada non hai mediador, e Deus é un só. 21 Quere dicir isto que a Lei vai en contra das promesas de Deus? Claro que non! Porque, se se dese unha lei que puidese dar vida, a xustiza conseguiríase por medio da lei. 22 Pero as Escrituras* puxeron a tódalas persoas baixo o control do pecado, para que a promesa que se consegue por ter fe en Xesucristo se lles dese ós que demostran fe.

23 Agora ben, antes de que chegase a fe* estabamos baixo a vixilancia da lei, baixo o seu control, esperando a fe que estaba a punto de ser revelada. 24 Así que a Lei chegou a ser o titor* que nos guiou ata Cristo, para que se nos puidese declarar xustos por ter fe. 25 Pero agora que chegou a fe, xa non estamos baixo un titor.

26 De feito, todos vós sodes fillos de Deus porque tedes fe en Cristo Xesús. 27 Porque todos vós, que fostes bautizados e agora estades unidos a Cristo, imitastes a Cristo*. 28 Non hai nin xudeu nin grego, nin escravo nin home libre, nin home nin muller, porque estades todos unidos como discípulos de Cristo Xesús. 29 Ademais, se sodes discípulos de Cristo, entón sodes descendencia de Abrahán e podedes conseguir a herdanza que se lle prometeu.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir