BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 13
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • A besta salvaxe de sete cabezas sae do mar (1-10)

      • A besta de dous cornos sae da terra (11-13)

      • A imaxe da besta de sete cabezas (14, 15)

      • A marca e o número da besta salvaxe (16-18)

Apocalipse 13:1

Notas

  • *

    É dicir, o dragón.

  • *

    Lit. “diademas”.

Apocalipse 13:2

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    12/2022, páx. 15

Apocalipse 13:5

Notas

  • *

    Lit. “unha boca”.

Apocalipse 13:7

Notas

  • *

    Ver glosario.

Apocalipse 13:8

Notas

  • *

    Lit. “desde a fundación do mundo”. Parece que se refire ó nacemento dos fillos de Adán e Eva.

Apocalipse 13:10

Notas

  • *

    Ou quizais “Se alguén ten que morrer pola espada”.

Apocalipse 13:15

Notas

  • *

    Lit. “alento”.

Apocalipse 13:18

Notas

  • *

    Ou “número de home”.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 13:1-18

Apocalipse

13 El* quedou de pé na area da beira do mar.

Entón vin unha besta salvaxe que saía do mar. Tiña 10 cornos e 7 cabezas. Nos seus cornos levaba 10 coroas* e nas súas cabezas nomes blasfemos. 2 A besta salvaxe que vin parecíase a un leopardo, pero os seus pés eran coma os dun oso e a súa boca coma a dun león. E o dragón deulle á besta o seu poder, o seu trono e moita autoridade.

3 Vin que nunha das súas cabezas parecía que lle fixeran unha ferida mortal, pero esa ferida foi curada. E toda a terra seguiu a besta salvaxe con admiración. 4 Adoraron o dragón porque el lle dera autoridade á besta salvaxe, e tamén adoraron a besta salvaxe dicindo: “Quen é coma a besta salvaxe? E quen pode loitar contra ela?”. 5 A besta salvaxe recibiu autoridade* para dicir cousas arrogantes e blasfemias, e para actuar durante 42 meses. 6 Despois ela abriu a súa boca para dicir blasfemias contra Deus, para blasfemar contra o seu nome e contra o sitio onde vive, é dicir, contra os que viven no ceo. 7 Á besta salvaxe permitíuselle loitar contra os santos* e vencelos, e déuselle autoridade sobre toda tribo, pobo, idioma e nación. 8 E os que viven na terra vana adorar. Desde o principio da humanidade* non se escribiu o nome de ningún deles no rolo da vida do Cordeiro que foi sacrificado.

9 Quen teña oídos que escoite. 10 Se alguén ten que ser capturado, será capturado. Se alguén mata coa espada*, matarano coa espada. Por iso os santos necesitan ter aguante e fe.

11 Entón vin outra besta salvaxe que saía da terra. Tiña dous cornos coma os dun cordeiro, pero empezou a falar coma un dragón. 12 Ela exerce a mesma autoridade que ten a primeira besta salvaxe, e faino diante dela. Obriga a terra e os seus habitantes a adorar a primeira besta salvaxe, a que foi curada da súa ferida mortal. 13 E fai grandes sinais. Incluso fai que baixe lume do ceo á terra diante da humanidade.

14 Engana ós que viven na terra cos sinais que se lle permitiu facer diante da besta salvaxe, e dilles ós que viven na terra que lle fagan unha imaxe á besta salvaxe, á que tiña unha ferida de espada pero reviviu. 15 E permitíuselle darlle vida* á imaxe da besta salvaxe, para que a imaxe da besta salvaxe falase e mandase matar a tódolos que se negasen a adorar a imaxe da besta salvaxe.

16 Obrígaos a todos (a pequenos e grandes, a ricos e pobres, a libres e escravos) a recibir unha marca na man dereita ou na fronte, 17 para que ninguén poida comprar ou vender excepto os que teñan a marca, é dicir, o nome da besta salvaxe ou o número do seu nome. 18 Quen teña perspicacia que calcule o número da besta salvaxe, porque é un número humano*. O seu número é 666. Só poderán entender isto os que teñan sabedoría.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir