BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 1 Timoteo 5
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 1 Timoteo

      • Como tratar os maiores e os máis novos (1, 2)

      • Axudar ás viúvas (3-16)

        • Hai que manter os membros da familia (8)

      • Dar honra ós anciáns que se esforzan moito (17-25)

        • “Bebe un pouco de viño porque é bo para o teu estómago” (23)

1 Timoteo 5:2

Notas

  • *

    Lit. “con toda castidade”.

Índices

  • Guía de estudo

    Caderno de estudo vida e actividades,

    7/2021, páx. 11

1 Timoteo 5:3

Notas

  • *

    Ou “que realmente o necesitan”. Lit. “que realmente son viúvas”. É dicir, que non teñen a ninguén que lles axude.

1 Timoteo 5:4

Notas

  • *

    Ou “o que é apropiado”, “o que se lles debe”.

1 Timoteo 5:5

Notas

  • *

    Ou “que quedou na indixencia”.

1 Timoteo 5:6

Notas

  • *

    É posible que se refira ós desexos sexuais.

1 Timoteo 5:7

Notas

  • *

    Ou “estes mandatos”.

  • *

    Parece que se refire ás viúvas e ós seus familiares.

1 Timoteo 5:8

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    12/2023, páx. 27

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 49

    Continúa no amor de Deus, páx. 137

1 Timoteo 5:9

Notas

  • *

    Ou “ser muller dun só home”.

1 Timoteo 5:10

Notas

  • *

    Ver glosario.

1 Timoteo 5:12

Notas

  • *

    Lit. “a primeira fe”. Quizais se refira á promesa de manterse solteiras.

1 Timoteo 5:16

Notas

  • *

    Ou “que realmente o necesitan”. Lit. “que realmente son viúvas”. É dicir, que non teñen a ninguén que lles axude.

1 Timoteo 5:17

Notas

  • *

    Ou “presiden”.

1 Timoteo 5:18

Notas

  • *

    Ou “Non lle poñas un bozo”. Un bozo é un obxecto que se lles pon ós animais no fociño para que non poidan comer ou morder.

1 Timoteo 5:19

Notas

  • *

    Ou “un home maior”.

1 Timoteo 5:20

Notas

  • *

    Lit. “para que os demais teñan temor”.

1 Timoteo 5:21

Notas

  • *

    Ou “Mándoche solemnemente”.

  • *

    Ou “parcialidade”.

1 Timoteo 5:22

Notas

  • *

    É dicir, que non faga ningún nomeamento de forma precipitada. Ver glosario impoñer as mans.

  • *

    Ou “casto”.

1 Timoteo 5:23

Notas

  • *

    Ou “Non sigas bebendo auga”.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 43

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
1 Timoteo 5:1-25

Primeira Carta a Timoteo

5 Non reprendas con dureza a un home maior. En vez diso, aconséllao coma se fose o teu pai. Aconsella os homes máis novos coma se fosen os teus irmáns. 2 Aconsella as mulleres maiores coma se fosen a túa nai e as mulleres máis novas coma se fosen as túas irmás, e faino con motivos completamente puros*.

3 Honra e coida das viúvas que realmente están soas*. 4 Pero se algunha viúva ten fillos ou netos, eles primeiro deben demostrar devoción a Deus coidando das súas familias. Teñen que darlles ós seus pais e avós o que merecen*, porque isto é o que lle agrada a Deus. 5 A viúva que realmente está soa e non ten nada* pon a súa esperanza en Deus, e non deixa de suplicar e orar día e noite. 6 Pero a que só vive para satisfacer os seus desexos*, aínda que estea viva, está morta espiritualmente. 7 Por iso, sigue dándolles estas instrucións* para que ninguén poida reprocharlles* nada. 8 Porque se alguén non mantén os seus, e sobre todo os membros da súa familia, rechazou a fe e é peor que unha persoa sen fe.

9 Para poder incluír a unha viúva na lista ten que ter polo menos 60 anos e tivo que serlle fiel ó seu home*. 10 Ademais, ten que ser coñecida polas obras excelentes que fixo, como criar ben os fillos, ser hospitalaria, lavarlles os pés ós santos*, axudar ós que sufrían e dedicarse a facer todo tipo de boas obras.

11 Pero non inclúas na lista as viúvas máis novas porque, cando os seus desexos sexuais se interpoñen entre elas e o Cristo, queren volver a casar. 12 Elas serán culpables por non cumprir a promesa que fixeron*. 13 Ó mesmo tempo, tamén teñen o costume de non facer nada e de ir dunha casa á outra. E non só teñen o costume de non facer nada, senón que tamén andan contando chismes e métense nos asuntos dos demais, falando de cousas que non deben. 14 Por iso quero que as viúvas máis novas volvan a casar, que teñan fillos, que se ocupen da súa casa e que non lle dean ó inimigo ningunha oportunidade para criticarnos. 15 De feito, algunhas xa se desviaron para seguir a Satanás. 16 Se algunha muller crente ten viúvas na súa familia, que lles axude para que non sexan unha carga para a congregación. Así a congregación poderá axudarlles ás viúvas que realmente están soas*.

17 Os anciáns merecen dobre honra porque dirixen* ben a congregación, sobre todo se se esforzan moito por falar e ensinar. 18 Porque unha parte das Escrituras di: “Non lle impidas comer* ó touro mentres está trillando o gran”. E outra di: “O traballador merece a súa paga”. 19 Non aceptes ningunha acusación contra un ancián* a non ser que estea baseada no testemuño de dúas ou tres persoas. 20 Censura diante de tódolos presentes ós que practican o pecado, para que lles sirva de advertencia ós demais*. 21 Mándoche* diante de Deus, de Cristo Xesús e dos anxos escollidos que sigas estas instrucións sen prexuízos nin favoritismos*.

22 Nunca teñas présa por impoñerlle as mans a ningún home*. Tampouco sexas cómplice dos pecados dos demais. Mantente puro*.

23 Deixa de beber só auga*. Bebe un pouco de viño porque é bo para o teu estómago e tamén polo teu ben, porque estás enfermo habitualmente.

24 Os pecados dalgúns homes coñécense publicamente e fan que sexan xulgados de inmediato. Pero os pecados doutros homes saen á luz máis tarde. 25 Da mesma maneira, as boas obras coñécense publicamente, e as que non son boas non se poden manter escondidas.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir