BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 22
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • O río de auga de vida (1-5)

      • Conclusión (6-21)

        • “Que tódolos que queiran collan gratis da auga da vida” (17)

        • “Ven, Señor Xesús” (20)

Apocalipse 22:1

Notas

  • *

    Ou “claras coma o cristal”.

Índices

  • Guía de estudo

    Adoración pura, páx. 204

Apocalipse 22:2

Índices

  • Guía de estudo

    Adoración pura, páx. 204

Apocalipse 22:5

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Apocalipse 22:6

Notas

  • *

    Ou “confiables”.

  • *

    Ver apén. A5.

Apocalipse 22:8

Notas

  • *

    Ver glosario.

Apocalipse 22:10

Notas

  • *

    Lit. “Non seles”.

Apocalipse 22:13

Notas

  • *

    Ou “o A e o Z”. Alfa e omega son, respectivamente, a primeira e a última letra do alfabeto grego.

Índices

  • Guía de estudo

    Tradución do Novo Mundo

Apocalipse 22:15

Notas

  • *

    É dicir, os que teñen o costume de facer cousas que Deus considera noxentas.

  • *

    Ou “ocultismo”. Ver glosario espiritismo.

  • *

    Ver glosario inmoralidade sexual.

Apocalipse 22:16

Notas

  • *

    Ver glosario luceiro.

Apocalipse 22:18

Notas

  • *

    Lit. “doulles testemuño”.

Apocalipse 22:19

Notas

  • *

    Ver glosario árbore da vida.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 22:1-21

Apocalipse

22 Entón el ensinoume un río de auga de vida, e as súas augas eran cristalinas*. O río saía do trono de Deus e do Cordeiro, 2 e pasaba polo medio da rúa principal da cidade. Nas dúas beiras do río había árbores de vida que producían 12 colleitas e que daban froito cada mes. As follas das árbores servían para curar as nacións.

3 Xa non haberá ningunha maldición, senón que o trono de Deus e do Cordeiro estará na cidade. Os seus escravos daranlle servizo sagrado, 4 verán o seu rostro e levarán o nome del na fronte. 5 Tampouco volverá a haber noite, e non necesitarán a luz de ningunha lámpada nin a luz do sol, porque Xehová* Deus vainos iluminar, e eles reinarán para sempre.

6 O anxo díxome: “Estas palabras son fieis* e verdadeiras. Si, Xehová*, o Deus que inspirou os profetas, enviou o seu anxo para mostrarlles ós seus escravos o que ten que pasar dentro de pouco. 7 Mira! Veño pronto. Felices os que obedecen as palabras da profecía deste rolo”.

8 Eu, Xoán, fun o que escoitou e viu estas cousas. Despois de velas e escoitalas, boteime ó chan diante dos pés do anxo* que mas ensinara para adoralo. 9 Pero el díxome: “Coidado! Non fagas iso! Eu son só un escravo coma ti e coma os teus irmáns, os profetas, e coma os que obedecen as palabras deste rolo. Adora a Deus”.

10 E tamén me dixo: “Non gardes en segredo* as palabras da profecía deste rolo, porque o tempo fixado está cerca. 11 Que o inxusto siga facendo cousas inxustas e que o que fai cousas sucias siga facendo cousas sucias. Pero que o xusto siga na súa xustiza e que o santo siga na súa santidade.

12 ”‘Mira! Veño pronto e voulle pagar a cada un conforme ás súas accións. 13 Eu son o Alfa e o Omega*, o primeiro e o último, o principio e o final. 14 Felices os que lavan as súas túnicas, porque así terán dereito a comer do froito das árbores da vida e poderán entrar na cidade polas súas portas. 15 Fóra están os cans*, os que practican espiritismo*, os que son sexualmente inmorais*, os asasinos, os idólatras e tódolos que aman a mentira e teñen o costume de mentir’.

16 ”‘Eu, Xesús, enviei o meu anxo para darvos testemuño destas cousas para o beneficio das congregacións. Eu son a raíz e a descendencia de David, e a estrela brillante da mañá*’”.

17 O espírito santo e a noiva non deixan de dicir: “Ven!”. Que tódolos que escoiten isto tamén digan: “Ven!”. E que veñan tódolos que teñan sede. Que tódolos que queiran collan gratis da auga da vida.

18 “A tódolos que escoitan as palabras da profecía deste rolo dígolles*: se alguén lles engade algo a estas cousas, Deus engadiralle a el as pragas que están escritas neste rolo, 19 e se alguén quita algo das palabras do rolo desta profecía, Deus quitaralle a el a súa parte das cousas escritas neste rolo, é dicir, non poderá comer do froito das árbores da vida* nin entrar na cidade santa.

20 ”O que dá testemuño destas cousas di: ‘Si, veño pronto’”.

“Amén! Ven, Señor Xesús”.

21 Que a bondade inmerecida do Señor Xesús estea cos santos.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir