BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 14
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • O Cordeiro e os 144.000 (1-5)

      • As mensaxes de tres anxos (6-12)

        • Un anxo polo medio do ceo anuncia boas noticias (6, 7)

      • Felices os que morren sendo discípulos do Señor (13)

      • As dúas colleitas da terra (14-20)

Apocalipse 14:1

Notas

  • *

    Ver glosario.

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas sobre a Biblia, artigo 116

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 31

Apocalipse 14:3

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 31

Apocalipse 14:4

Notas

  • *

    Ou “primeiros froitos”. Ver glosario primicias.

Apocalipse 14:6

Notas

  • *

    Ou “polo aire”, “no alto”. A palabra grega refírese á parte do ceo onde voan os paxaros.

  • *

    Ver glosario boas noticias.

Índices

  • Guía de estudo

    A Atalaia (estudo),

    7/2022, páx. 9

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 5

Apocalipse 14:7

Notas

  • *

    Ver glosario temor de Deus.

  • *

    Ou “os mananciais”.

Apocalipse 14:8

Notas

  • *

    Ou “bebesen do viño da paixón da súa”.

  • *

    En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.

Apocalipse 14:10

Notas

  • *

    Lit. “será atormentado”.

Apocalipse 14:11

Notas

  • *

    Ou “do seu confinamento”, “do seu encerro”.

Apocalipse 14:12

Notas

  • *

    Lit. “de”.

Apocalipse 14:13

Notas

  • *

    Ou “en unión co Señor”.

  • *

    Lit. “as cousas que fixeron van con eles”.

Apocalipse 14:18

Notas

  • *

    Ou “os acios”.

Apocalipse 14:19

Notas

  • *

    Ver glosario.

Apocalipse 14:20

Notas

  • *

    Lit. “O lagar”.

  • *

    Lit. “1600 estadios”. Un estadio equivalía a 185 m. Ver apén. B14.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 14:1-20

Apocalipse

14 Entón, vin o Cordeiro de pé no monte Sión*, e con el había 144.000 que teñen escritos na fronte o nome do Cordeiro e o nome do seu Pai. 2 Escoitei un son que saía do ceo e que era coma o ruído de moita auga en movemento e coma o dun trono forte. O son que escoitei era coma o de cantores que tocan as súas arpas mentres cantan. 3 Eles están cantando o que parece ser unha canción nova diante do trono e diante dos catro seres viventes e dos anciáns. Ninguén podía aprender ben esa canción, só os 144.000 que foron comprados da terra. 4 Estes son os que non se contaminaron con mulleres, de feito son virxes. Son os que seguen o Cordeiro sen importar a onde vaia. Foron comprados de entre a humanidade como primicias* para Deus e para o Cordeiro, 5 e non se encontrou ningún engano na súa boca. Non teñen ningún defecto.

6 Vin outro anxo que voaba polo medio do ceo*. Tiña boas noticias* eternas que anunciarlles ós que viven na terra: a toda nación, tribo, idioma e pobo. 7 Dicía con voz forte: “Temede a Deus* e dádelle gloria, porque chegou a hora do seu xuízo. Así que adorade o que fixo o ceo, a terra, o mar e as fontes*”.

8 Despois veu un segundo anxo, que dicía: “Caeu! Babilonia a Grande caeu! A que fixo que tódalas nacións bebesen do seu viño, que provoca un forte desexo de cometer actos de* inmoralidade sexual* con ela”.

9 Despois seguiunos un terceiro anxo, que dicía con voz forte: “Se alguén adora a besta salvaxe e a súa imaxe, e recibe unha marca na fronte ou na man, 10 tamén beberá do viño da furia de Deus, servido sen diluír na copa da súa ira. E faráselle sufrir* con lume e xofre diante dos santos anxos e do Cordeiro. 11 O fume que sae do lume que os fai sufrir* subirá para sempre. E os que adoran a besta salvaxe e a súa imaxe e os que reciben a marca do seu nome non deixarán de sufrir nin de día nin de noite. 12 Por iso os santos (os que obedecen os mandamentos de Deus e se aferran á fe en* Xesús) necesitan ter aguante”.

13 E escoitei unha voz que viña do ceo e dicía: “Escribe isto: ‘Felices son os que morren a partir de agora sendo discípulos do Señor*. Si, o espírito santo di que descansen do seu duro traballo, porque as cousas que fixeron non se esquecerán*’”.

14 Entón, vin unha nube branca, e sentado nela había alguén parecido a un fillo do home. Levaba unha coroa de ouro na cabeza e un fouciño afiado na man.

15 Outro anxo saíu do santuario do templo, e berroulle con voz forte ó que estaba sentado na nube: “Empeza a usar o fouciño e a segar! Chegou a hora da sega, porque a colleita da terra está totalmente madura!”. 16 E o que estaba sentado na nube pasou o fouciño pola terra, e a terra foi segada.

17 Saíu outro anxo do santuario do templo que está no ceo. El tamén tiña un fouciño afiado.

18 E do altar saíu outro anxo, e tiña autoridade sobre o lume. E berroulle con voz forte ó que tiña o fouciño afiado: “Empeza a usar o fouciño afiado e recolle as uvas* da vide da terra, porque as súas uvas xa están maduras!”. 19 O anxo pasou o fouciño pola terra, cortou a vide da terra e botouna no gran lagar* da furia de Deus. 20 As uvas* pisáronse fóra da cidade, e do lagar saíu tanto sangue que chegou á altura dos freos que levaban os cabalos na boca e ata unha distancia duns 296 quilómetros*.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir