BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • 1 Corintios 11
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de 1 Corintios

      • “Imitádeme a min” (1)

      • O principio de autoridade e o mandato de cubrir a cabeza (2-16)

      • A celebración da Cea do Señor (17-34)

1 Corintios 11:2

Notas

  • *

    Lit. “tradicións”.

1 Corintios 11:5

Notas

  • *

    Levar a cabeza afeitada só era común entre escravas e quizais entre mulleres ás que descubrisen cometendo adulterio.

1 Corintios 11:10

Notas

  • *

    Ou “un sinal de suxeición”.

1 Corintios 11:11

Notas

  • *

    É dicir, os homes e as mulleres necesítanse uns ós outros.

1 Corintios 11:19

Notas

  • *

    Ver glosario.

1 Corintios 11:20

Notas

  • *

    Ver glosario Cea do Señor.

Índices

  • Guía de estudo

    Desfruta da vida para sempre! Libro, lección 28

1 Corintios 11:25

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová, artigo 45

1 Corintios 11:26

Índices

  • Guía de estudo

    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová, artigo 45

1 Corintios 11:30

Notas

  • *

    Ó parecer, refírese á debilidade, á enfermidade e á morte espiritual.

1 Corintios 11:32

Notas

  • *

    Ver apén. A5.

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
  • 22
  • 23
  • 24
  • 25
  • 26
  • 27
  • 28
  • 29
  • 30
  • 31
  • 32
  • 33
  • 34
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
1 Corintios 11:1-34

Primeira Carta ós Corintios

11 Imitádeme a min, tal como eu imito a Cristo.

2 Felicítovos porque vos acordades de min en tódalas cousas e seguides con coidado as instrucións* que vos dei. 3 Pero quero que saibades que a cabeza de todo home é o Cristo, a cabeza da muller é o home e a cabeza do Cristo é Deus. 4 Cando un home ora ou profetiza coa cabeza cuberta, avergonza a súa cabeza. 5 Pero cando unha muller ora ou profetiza coa cabeza descuberta, avergonza a súa cabeza, porque é coma se levase a cabeza afeitada*. 6 Porque se a muller non leva a cabeza cuberta, debería cortar o pelo moi corto. Pero se é vergonzoso que unha muller corte o pelo moi corto ou que se afeite a cabeza, entón debería cubrirse.

7 O home non debería cubrir a cabeza, porque é a imaxe e a gloria de Deus, pero a muller é a gloria do home. 8 Porque o home non vén da muller, senón que a muller vén do home. 9 Ademais, o home non foi creado debido á muller, senón a muller debido ó home. 10 Por esta razón e polos anxos, a muller ten que levar sobre a súa cabeza un sinal que demostre que está baixo autoridade*.

11 Por outro lado, entre os que son seguidores do Señor, as mulleres non son independentes dos homes e os homes non son independentes das mulleres*. 12 Porque, igual que a muller vén do home, o home tamén nace da muller. Pero tódalas cousas veñen de Deus. 13 Xulgade por vós mesmos: é correcto que unha muller lle ore a Deus coa cabeza descuberta? 14 Cando pensades no que é natural para vós, non vos ensina iso que o pelo longo é unha deshonra para o home, 15 pero o pelo longo é algo que lle dá gloria á muller? Porque a ela déuselle o pelo para cubrirse. 16 E se alguén quere defender un costume diferente, tedes que dicirlle que nin nós nin as congregacións de Deus temos outro costume.

17 Con estas instrucións que vos dou non vos estou felicitando, porque as vosas reunións estanvos facendo máis mal que ben. 18 Para empezar, escoitei que hai divisións entre vós cando vos reunides como congregación, e ata certo punto creo que é certo. 19 Porque seguro que haberá seitas* entre vós, e así verase claramente quen ten a aprobación de Deus.

20 Cando vos reunides para comer a Cea do Señor*, non o facedes da maneira correcta. 21 Porque cando chega o momento de comela, algúns levan a súa propia cea e cómena antes de tempo, e por iso un ten fame e o outro está borracho. 22 E logo non tedes casas onde comer e beber? Ou é que desprezades a congregación de Deus e facedes que os pobres sintan vergonza? Que podo dicirvos? Debería felicitarvos? Non podo felicitarvos por isto.

23 Porque eu ensineivos o que aprendín do Señor. A noite na que ía ser traizoado, o Señor Xesús colleu un pan, 24 deulle grazas a Deus, partiuno e dixo: “Isto representa o meu corpo, que se dá para o voso beneficio. Seguide facendo isto en memoria de min”. 25 Despois de cear, tamén fixo o mesmo coa copa e dixo: “Esta copa representa o novo pacto, que chegará a ser válido grazas ó meu sangue. Seguide facendo isto en memoria de min cada vez que bebades dela”. 26 Porque cada vez que comades deste pan e bebades desta copa, estaredes anunciando a morte do Señor ata que el veña.

27 Así que calquera que coma do pan ou beba da copa do Señor sen merecelo, será culpable de non respectar o corpo e o sangue do Señor. 28 Primeiro, que cada un se analice e se aprobe a si mesmo, e só entón poderá comer do pan e beber da copa. 29 Porque quen come e bebe sen comprender o que representa o corpo, condénase a si mesmo cando come e bebe. 30 Por iso moitos estades débiles e enfermos, e entre vós hai bastantes que están durmindo na morte*. 31 Pero se nos analizásemos a nós mesmos, non se nos xulgaría. 32 Agora ben, cando se nos xulga, Xehová* disciplínanos para que non sexamos condenados co mundo. 33 Así que, meus irmáns, cando vos reunades para comer esa comida, esperade uns polos outros. 34 Se alguén ten fame, que coma na súa casa, para que non sexades condenados cando vos reunades. E os outros asuntos xa os resolverei cando chegue aí.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir