BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Apocalipse 19
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

Contido de Apocalipse

      • Louvade a Xehová polos seus xuízos (1-10)

        • A voda do Cordeiro (7-9)

      • Un xinete nun cabalo branco (11-16)

      • A gran cea de Deus (17, 18)

      • A besta salvaxe é derrotada (19-21)

Apocalipse 19:1

Notas

  • *

    Ou “Aleluia!”. Xah é unha forma abreviada do nome Xehová.

Apocalipse 19:2

Notas

  • *

    Ou “o xuízo”.

  • *

    En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.

  • *

    Lit. “da man dela”.

Apocalipse 19:3

Notas

  • *

    Ou “Aleluia!”. Xah é unha forma abreviada do nome Xehová.

Índices

  • Guía de estudo

    Adoración pura, páx. 169

Apocalipse 19:4

Notas

  • *

    Ou “Aleluia!”. Xah é unha forma abreviada do nome Xehová.

Apocalipse 19:6

Notas

  • *

    Ou “Aleluia!”. Xah é unha forma abreviada do nome Xehová.

  • *

    Ver apén. A5.

Apocalipse 19:12

Notas

  • *

    Lit. “diademas”.

Apocalipse 19:13

Notas

  • *

    Ou quizais “salpicado”.

Apocalipse 19:15

Notas

  • *

    Lit. “pastorear”.

  • *

    Ver glosario.

Apocalipse 19:16

Notas

  • *

    Ou “á altura da coxa”.

Apocalipse 19:17

Notas

  • *

    Ou “polo aire”, “no alto”.

Apocalipse 19:19

Índices

  • Guía de estudo

    Adoración pura, páx. 183

Apocalipse 19:20

Notas

  • *

    Ver glosario lago de lume.

Índices

  • Guía de estudo

    Tradución do Novo Mundo

Traducións alternativas

Fai clic no número dun versículo para mostrar as traducións alternativas.
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Dispoñible en SEPT
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • 19
  • 20
  • 21
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
Apocalipse 19:1-21

Apocalipse

19 Despois disto escoitei o que parecía a voz forte dunha gran multitude no ceo. Dicían: “Louvade a Xah!* A salvación, a gloria e o poder son do noso Deus, 2 porque os seus xuízos son verdadeiros e xustos. El executou a sentenza* contra a gran prostituta (a que corrompeu a terra coa súa inmoralidade sexual*) e vingou o sangue dos seus escravos que ela tiña nas mans*”. 3 E enseguida dixeron por segunda vez: “Louvade a Xah!* O fume dela seguirá subindo para sempre”.

4 Os 24 anciáns e os catro seres viventes puxéronse de xeonllos e adoraron a Deus, que está sentado no trono, e dixeron: “Amén! Louvade a Xah!*”.

5 Tamén saíu do trono unha voz que dixo: “Louvade o noso Deus, todos vós, os seus escravos, os que o temedes, tanto os pequenos coma os grandes”.

6 Escoitei algo que parecía a voz dunha gran multitude. Era coma o ruído de moita auga en movemento e coma o de tronos fortes. Dicían: “Louvade a Xah!* Porque Xehová*, o noso Deus, o Todopoderoso, empezou a reinar! 7 Esteamos felices e cheos de alegría, e deámoslle gloria, porque chegou a voda do Cordeiro e a súa muller xa está preparada. 8 Si, a ela déuselle o honor de ir vestida de liño limpo, brillante e de boa calidade, porque o liño de boa calidade representa os actos xustos dos santos”.

9 E o anxo díxome: “Escribe isto: ‘Felices os que están invitados á cea da voda do Cordeiro’”. E tamén me dixo: “Estas son as palabras verdadeiras de Deus”. 10 Entón, boteime ó chan diante dos seus pés para adoralo, pero el díxome: “Coidado! Non fagas iso! Eu son só un escravo coma ti e coma os teus irmáns, que tedes a misión de dar testemuño acerca de Xesús. Adora a Deus! Porque dar testemuño acerca de Xesús é o que inspira as profecías”.

11 Vin o ceo aberto, e entón apareceu un cabalo branco. O seu xinete chámase Fiel e Verdadeiro, e xulga e loita con xustiza. 12 Os seus ollos son coma unha chama de lume, e na súa cabeza hai moitas coroas*. Leva un nome escrito que ninguén máis coñece, só el. 13 Vai vestido cun manto que está manchado* de sangue, e chámaselle por este nome: A Palabra de Deus. 14 Ademais, os exércitos do ceo seguíano en cabalos brancos e ían vestidos de liño branco, limpo e de boa calidade. 15 Da boca del sae unha espada longa e afiada para atacar as nacións. E vainas gobernar* con vara de ferro. Ademais, pisa as uvas no lagar* da furia da ira de Deus, o Todopoderoso. 16 E no seu manto, á altura da parte de arriba da perna*, ten un nome escrito: Rei de reis e Señor de señores.

17 Tamén vin un anxo que estaba de pé no sol. El berrou con voz forte e díxolles a tódalas aves que voan polo medio do ceo*: “Vinde aquí! Xuntádevos para a gran cea de Deus. 18 Comede a carne de reis, de comandantes militares, de homes poderosos, de cabalos e dos seus xinetes. Comede a carne de todos, tanto de homes libres coma de escravos, de pequenos e de grandes”.

19 E vin que a besta salvaxe, e os reis da terra e os seus exércitos se xuntaran para loitar contra o que está sentado enriba do cabalo e contra o seu exército. 20 E a besta salvaxe foi capturada, e con ela o falso profeta que fixo diante dela os sinais cos que enganou ós que recibiron a marca da besta salvaxe e ós que adoran a súa imaxe. Mentres aínda estaban vivos, botaron ós dous no lago de lume* que arde con xofre. 21 Pero ós demais matáronos coa espada longa que saía da boca do que ía sentado enriba do cabalo. E tódalas aves quedaron cheas coa carne deles.

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir