FEITOS DOS APÓSTOLOS
1 Querido Teófilo, no primeiro relato escribinche sobre tódalas cousas que Xesús fixo e ensinou 2 ata o día no que foi levado ó ceo, despois de darlles instrucións mediante espírito santo ós apóstolos que escollera. 3 Despois de sufrir, presentouse diante deles dándolles moitas probas convincentes de que estaba vivo. Eles vírono durante 40 días e el faloulles do Reino de Deus. 4 Mentres estaba reunido con eles, Xesús mandoulles: “Non marchedes de Xerusalén. Seguide esperando polo que prometeu meu Pai, iso do que eu vos falei. 5 Porque Xoán bautizou con auga, pero vós seredes bautizados con espírito santo dentro de poucos días”.
6 Así que, cando se volveron a xuntar con el, preguntáronlle: “Señor, é agora cando vas restaurar o reino en Israel?”. 7 El respondeulles: “Só o Pai que está nos ceos ten a autoridade para escoller o tempo no que van pasar as cousas, e vós non necesitades* saber cales son eses tempos. 8 Pero cando recibades o espírito santo*, teredes poder e seredes as miñas testemuñas en Xerusalén, en toda Xudea e Samaria, e ata a parte máis distante da terra*”. 9 Despois de dicir estas cousas, Xesús foi levado cara arriba mentres eles miraban. Entón, tapouno unha nube e deixaron de velo. 10 Mentres seguían mirando atentamente para o ceo, de repente apareceron ó lado deles dous homes vestidos de branco 11 e dixéronlles: “Homes de Galilea, por que estades aí de pé mirando para o ceo? Este Xesús, que estaba con vós e que foi levado ó ceo, virá da mesma maneira que o vistes marchar”.
12 Despois, eles volveron a Xerusalén desde o Monte das Oliveiras, que está cerca de Xerusalén, tan só á distancia que está permitida viaxar en sábado*. 13 Cando chegaron, subiron ó cuarto de arriba no que se aloxaban. Estaban Pedro, Xoán, Santiago e Andrés, Felipe e Tomás, Bartolomé e Mateo, Santiago, que era fillo de Alfeo, Simón o Entusiasta e Xudas, que era fillo de Santiago. 14 Todos tiñan un mesmo obxectivo e non deixaban de orar xunto con algunhas mulleres, cos irmáns de Xesús e con María, a súa nai.
15 Neses días, xuntouse un grupo duns 120 irmáns. Entón Pedro púxose de pé no medio deles e díxolles: 16 “Irmáns, tiña que cumprirse o que din as Escrituras, o que o espírito santo profetizara mediante David sobre Xudas, que foi o guía dos que arrestaron a Xesús. 17 El era un dos nosos e foi escollido para servir xunto con nós. 18 (Resulta que este home comprou un campo cos cartos que lle pagaron pola súa maldade. E cando caeu de cabeza, rebentoulle o corpo e saíronlle as tripas para fóra. 19 Tódolos habitantes de Xerusalén chegaron a saber isto e por iso lle chamaron a aquel campo Akéldama, que no seu idioma quere dicir ‘campo de sangue’.) 20 Porque está escrito no libro dos Salmos ‘Que a súa casa quede deserta e que ninguén viva nela’ e ‘Que o seu posto de superintendente o ocupe outro’. 21 Así que é necesario substituír a Xudas. Por iso, necesitamos escoller un dos homes que estivo con nós durante todo o tempo que o Señor Xesús realizou as súas actividades entre nós, 22 desde que Xoán o bautizou ata o día no que foi levado ó ceo. Un deses homes ten que chegar a ser testemuña con nós da súa resurrección”.
23 Así que propuxeron a dous: a Xosé, ó que lle chamaban Barsabás, tamén coñecido como Xusto, e a Matías. 24 Despois oraron e dixeron: “Oh, Xehová*, ti coñeces o corazón de todos. Dinos a cal destes dous homes escolliches 25 para recibir este ministerio e ser apóstolo no lugar de Xudas, porque el abandonou o seu labor para ir polo seu propio camiño”. 26 Entón botaron sortes* e a sorte caeu sobre Matías, e foi engadido ó grupo dos* 11 apóstolos.
2 Durante o día da Festa de Pentecostés*, xuntáronse todos no mesmo sitio. 2 Mentres estaban alí sentados, de repente, escoitaron un ruído que viña do ceo, como o dun vento moi forte, que se sentiu por toda a casa. 3 Entón, empezaron a ver algo parecido a pequenas chamas de lume* que se foron repartindo, e cada unha foise pousando enriba de cada un deles. 4 Todos se encheron de espírito santo e empezaron a falar en diferentes idiomas, tal e como o espírito lles permitía falar.
5 Nesa época, en Xerusalén había xudeus devotos que viñeran de tódalas nacións do mundo. 6 Así que, cando se escoitou aquel ruído, xuntouse unha multitude que estaba desconcertada porque cada persoa escoitaba falar os discípulos no seu propio idioma. 7 De feito, estaban moi impresionados e dicían: “Vistes iso? Todos estes que están falando son galileos, non? 8 Entón, como é que cada un de nós está oíndo o seu idioma materno? 9 Entre nós hai xente de Partia, Media e Elam, tamén de Mesopotamia, de Xudea e de Capadocia, do Ponto e da provincia de Asia, 10 de Frixia e de Panfilia, de Exipto e das rexións de Libia cerca de Cirene, xente que vén de Roma, tanto xudeus coma prosélitos*, 11 de Creta e de Arabia, e aínda así todos os estamos oíndo falar das cousas magníficas de Deus nos nosos idiomas”. 12 Todos estaban pasmados e confundidos, e dicíanse uns ós outros: “Que está pasando aquí?”. 13 Pero outros burlábanse deles e dicían: “Estes están borrachos”.
14 Entón Pedro púxose de pé cos Once, levantou a voz e díxolle á xente: “Homes de Xudea e habitantes de Xerusalén, escoitade con atención o que vos digo e sabede isto. 15 O certo é que estas persoas non están borrachas como vós pensades, porque son as 9 da mañá*. 16 En realidade, o que está pasando é o que se dixo mediante o profeta Xoel: 17 ‘Deus di: “Nos últimos días*, derramarei parte do meu espírito sobre todo tipo de persoas*. Os vosos fillos e as vosas fillas profetizarán, a vosa xente nova terá visións e a vosa xente maior terá soños. 18 E neses días incluso derramarei parte do meu espírito sobre os meus escravos e escravas, e eles profetizarán. 19 Farei cousas impresionantes arriba no ceo e milagres* abaixo na terra: haberá sangue, lume e nubes de fume. 20 O sol converterase en escuridade e a lúa en sangue antes de que veña o grande e glorioso día de Xehová*. 21 E a tódolos que invoquen* o nome de Xehová*, el vainos salvar”’.
22 ”Homes de Israel, escoitade isto. Como ben sabedes, Deus demostrou claramente que enviara a Xesús o Nazareno, porque mediante el fixo milagres, sinais e cousas impresionantes no medio de vós. 23 A este home, que foi entregado pola vontade e a presciencia* de Deus, vós cravástelo nun madeiro coa axuda de homes malvados*, e matástelo. 24 Pero Deus resucitouno liberándoo das garras* da morte, porque era imposible que a morte o mantivese preso. 25 De feito, David di del: ‘Sempre teño a Xehová* diante dos meus ollos, porque el está á miña dereita para que nada me sacuda xamais. 26 Por iso se puxo contento o meu corazón e se encheron de alegría as miñas palabras. E eu vivirei* con esperanza, 27 porque non me deixarás* na Tumba* nin permitirás que o corpo do teu servo leal se descompoña. 28 Ensináchesme os camiños da vida. Encherás o meu corazón de alegría diante de ti*’.
29 ”Irmáns, deixádeme ser franco con vós e falarvos sobre o noso patriarca David. El morreu e foi enterrado, e a súa tumba aínda está hoxe entre nós. 30 Como era profeta e sabía que Deus lle xurara que ía sentar no seu trono a un dos seus descendentes, 31 soubo de antemán que o Cristo ía ser resucitado e falou diso. De feito dixo que o Cristo non sería abandonado na Tumba* e que o seu corpo non se descompoñería. 32 Deus resucitou a Xesús e todos nós somos testemuñas diso. 33 El foi elevado á dereita de Deus e recibiu do Pai o espírito santo que se lle prometera. Por iso derramou sobre nós espírito santo, e iso é o que estades vendo e oíndo. 34 Porque David non subiu ós ceos, pero el mesmo di: ‘Xehová* díxolle ó meu Señor: “Séntate á miña dereita 35 ata que poña os teus inimigos como banco para os teus pés”’. 36 Polo tanto, que toda a casa de Israel saiba sen ningunha dúbida que Deus fixo a Xesús Señor e Cristo, a quen vós executastes nun madeiro”.
37 Cando oíron isto, sentiron unha dor que lles atravesaba o corazón e preguntáronlles a Pedro e ós demais apóstolos: “Irmáns, que debemos facer?”. 38 Pedro díxolles: “Arrepentídevos e que cada un de vós se bautice no nome de Xesucristo para que os vosos pecados sexan perdoados, e recibiredes o regalo do espírito santo. 39 Porque a promesa é para vós e os vosos fillos, e para tódolos que están lonxe, para tódolos que Xehová*, o noso Deus, escolla”. 40 Pedro usou moitos outros argumentos para darlles un testemuño completo e aconselloulles: “Salvádevos desta xeración malvada”. 41 Así que os que aceptaron de boa gana a súa mensaxe bautizáronse. Naquel día uníronse ós discípulos unhas 3000 persoas. 42 E seguiron aprendendo o que ensinaban os apóstolos. Ademais, pasaban tempo* uns cos outros, comían xuntos e oraban.
43 De feito, tódalas persoas empezaron a sentir temor* e os apóstolos empezaron a facer moitos milagres* e cousas impresionantes. 44 Tódolos que se facían crentes estaban xuntos e compartían todo o que tiñan. 45 Vendían as súas terras e os seus bens, e os cartos que conseguían repartíanos entre todos segundo o que necesitaba cada un. 46 Ademais, xuntábanse no templo día tras día co mesmo obxectivo. Comían en diferentes casas, compartían a súa comida con moita alegría e de todo corazón, 47 dábanlle gloria a Deus e facían que toda a xente tivese unha boa opinión deles. Cada día, Xehová* seguía engadindo ó grupo dos discípulos máis persoas que se ían salvando.
3 Un día, Pedro e Xoán estaban subindo ó templo para a hora da oración, arredor das 3 da tarde*. 2 Nese momento, tamén estaban levando un home coxo de nacemento ata a porta do templo chamada Fermosa. Poñíano alí cada día para que puidese mendigar* diante dos que entraban. 3 En canto viu que Pedro e Xoán estaban a punto de entrar no templo, empezou a pedirlles que lle desen algo. 4 Entón eles mirárono fixamente e Pedro díxolle: “Mira para nós”. 5 E el quedóuselles mirando esperando a que lle desen algo. 6 Pero Pedro díxolle: “Non teño nin prata nin ouro, pero vouche dar o que teño. No nome de Xesucristo o Nazareno, camiña!”. 7 Entón colleuno pola man dereita e levantouno. Nese momento, o home recuperou a forza nas pernas* e nos pés, 8 púxose de pé dun salto e empezou a andar. Despois entrou con eles no templo, andando, saltando e dándolle gloria a Deus. 9 E todos o viron camiñando e louvando a Deus. 10 Entón déronse conta de que el era o home que normalmente estaba sentado pedindo na Porta Fermosa do templo, e quedaron coa boca aberta e moi impresionados polo que lle pasara.
11 Mentres o home aínda seguía agarrando as mans de Pedro e de Xoán, a xente foi correndo onda eles, ata o que se lle chamaba o Pórtico de Salomón*. Todos estaban totalmente sorprendidos. 12 Ó ver isto, Pedro díxolles: “Homes de Israel, por que vos sorprendedes tanto? Por que nos mirades coma se fixésemos que este home camiñase grazas ó noso poder ou pola nosa devoción a Deus? 13 O Deus de Abrahán, de Isaac e de Xacob, o Deus dos nosos antepasados, glorificou o seu Servo, Xesús, a quen vós entregastes e rechazastes ante Pilato, aínda que el decidira liberalo. 14 Si, vós rechazastes ese home santo e xusto, pedistes que soltasen un asasino 15 e matastes o Axente Principal* da vida. Pero Deus resucitouno* de entre os mortos e nós somos testemuñas diso. 16 Por medio do seu nome e pola nosa fe no seu nome, este home que vedes e coñecedes recuperou a forza. A fe que temos por medio de Xesús fixo que este home que tedes diante quedase completamente curado. 17 Irmáns, xa sei que non sabiades o que faciades, igual que os vosos gobernantes. 18 Pero así cumpriuse o que Deus anunciara mediante tódolos profetas: que o seu Cristo sufriría.
19 ”Polo tanto, arrepentídevos* e dade media volta* para que os vosos pecados sexan borrados, e así Xehová* fará vir tempos para recuperar as forzas e o ánimo. 20 E el enviará o Cristo que escolleu para vós: Xesús. 21 El debe permanecer no ceo* ata que chegue o tempo de que se restauren tódalas cousas que Deus anunciou mediante os seus profetas fieis* no pasado. 22 De feito, Moisés dixo: ‘Xehová*, o voso Deus, escollerá para vós un profeta coma min entre os vosos irmáns. Debedes escoitalo e facer todo o que vos diga. 23 E calquera* que non lle faga caso a ese Profeta será eliminado por completo do pobo de Deus’. 24 Tódolos profetas que falaron, de Samuel en diante, tamén anunciaron claramente estes días. 25 Vós sodes os fillos dos profetas e os herdeiros do pacto que Deus fixo cos vosos antepasados cando lle prometeu a Abrahán: ‘Mediante a túa descendencia tódalas familias da terra serán bendicidas’. 26 Despois de escoller o seu Servo, Deus envióuvolo primeiro a vós para bendicirvos apartándovos a cada un das vosas malas accións”.
4 Mentres Pedro e Xoán lle falaban á xente, acercáronselles os sacerdotes, os saduceos e o capitán da garda do templo. 2 Estaban moi enfadados porque os apóstolos estaban ensinándolle ó pobo e porque anunciaban publicamente que Xesús resucitara de entre os mortos. 3 Así que, arrestáronos e puxéronos baixo custodia ata o día seguinte, porque xa se estaba facendo de noite. 4 Pero moitos dos que escoitaran o discurso fixéronse crentes. En total, chegaron a ser uns 5000 homes.
5 Ó día seguinte, os gobernantes, os anciáns e os escribas reuníronse en Xerusalén, 6 xunto co sacerdote principal Anás, e con Caifás, Xoán, Alexandre e tódolos que eran familiares do sacerdote principal. 7 Puxeron a Pedro e a Xoán no medio deles e empezaron a preguntarlles: “Quen vos deu poder para facer estas cousas ou no nome de quen as facedes?”. 8 Entón Pedro, cheo de espírito santo, respondeulles:
“Gobernantes do pobo e anciáns, 9 se nos estades interrogando pola boa acción que fixemos por este home coxo e queredes saber quen o curou, 10 tede claro, vós e todo o pobo de Israel, que foi curado no nome de Xesucristo o Nazareno, a quen vós executastes nun madeiro pero a quen Deus resucitou* de entre os mortos. Por medio de Xesús, este home está aquí san diante de vós. 11 Esta é ‘a pedra que vós, os construtores, tratastes coma se non tivese ningún valor e que chegou a ser a pedra angular principal*’. 12 Ademais, non hai salvación por medio de ningún outro, porque Deus non escolleu na terra ningún outro nome entre a xente para salvarnos”.
13 Cando viron a valentía* de Pedro e Xoán, e que eran homes comúns e sen estudos*, quedaron impresionados e déronse conta de que estiveran con Xesús. 14 Pero como vían que o home que fora curado estaba alí con eles, non podían dicir nada en contra. 15 Así que, mandáronos saír da sala do Sanedrín e puxéronse a falar uns cos outros. 16 Dicían: “Que imos facer con estes homes? Porque para tódolos habitantes de Xerusalén é evidente que fixeron un milagre* extraordinario, e non podemos negalo. 17 Así que, para que isto non se estenda máis entre a xente, ímolos ameazar e ímoslles dicir que non lle volvan falar a ninguén no nome deste home”.
18 Entón chamáronos e mandáronlles que non falasen nin ensinasen nada no nome de Xesús. 19 Pero Pedro e Xoán respondéronlles: “Xulgade por vós mesmos se está ben ós ollos de Deus obedecervos a vós antes que a el. 20 Pero nós non podemos deixar de falar das cousas que vimos e oímos”. 21 Así que, despois de volver a ameazalos, deixáronos libres porque non encontraron ningún motivo para castigalos e porque lle tiñan medo á xente, pois todos lle estaban dando gloria a Deus polo que pasara. 22 Porque o home que fora curado mediante ese milagre* tiña máis de 40 anos.
23 Cando os soltaron, Pedro e Xoán foron onda os outros discípulos e contáronlles o que lles dixeran os sacerdotes principais e os anciáns. 24 Despois de escoitar iso, oraron todos xuntos a Deus e dixéronlle:
“Señor Soberano, ti es o que fixo o ceo, a terra, o mar e tódalas cousas que hai neles. 25 Ti es o que dixo por espírito santo mediante o noso antepasado David, o teu servo: ‘Por que se alteraron as nacións e por que se puxeron a maquinar* cousas inútiles os pobos? 26 Os reis da terra ocuparon a súa posición e os gobernantes xuntáronse coma un só contra Xehová* e contra o seu unxido*’. 27 E iso foi o que pasou, porque Herodes e Poncio Pilato uníronse nesta cidade con persoas das nacións e cos pobos de Israel para ir contra o teu santo servo Xesús, a quen ti unxiches. 28 Xuntáronse para facer o que ti predixeras. Estas cousas pasaron porque ti tes o poder e porque estaban de acordo coa túa vontade. 29 E agora, Xehová*, fíxate en como nos ameazan e fai que os teus escravos sigan falando da túa palabra con moito valor. 30 E sigue estendendo a túa man para facer curacións, milagres* e cousas impresionantes mediante o nome do teu santo servo Xesús”.
31 Cando acabaron de facer esta oración tan sentida, o sitio no que estaban reunidos tremeu. E todos sen excepción quedaron cheos de espírito santo e puxéronse a anunciar a palabra de Deus con valor.
32 Ademais, o gran grupo de discípulos tiña o mesmo punto de vista e os mesmos sentimentos*. Ningún deles dicía que as cousas que tiña eran súas, senón que o compartían todo. 33 Os apóstolos seguiron dando testemuño da resurrección do Señor Xesús de maneira moi hábil e Deus mostroulles moita bondade inmerecida. 34 De feito, ningún deles pasaba necesidade, porque tódolos que tiñan casas ou campos vendíanos, collían os cartos do que vendían 35 e levábanllelos ós apóstolos. Despois, eles repartíanos segundo o que cada persoa necesitase. 36 Por iso Xosé, un levita que nacera en Chipre e ó que os apóstolos tamén chamaban Bernabé (que traducido significa “fillo do consolo”), 37 vendeu un campo que tiña e levoulles os cartos ós apóstolos.
5 Resulta que un home que se chamaba Ananías e a súa muller Safira venderon unha propiedade. 2 Pero el gardou parte dos cartos e non llo dixo a ninguén, só á súa muller. Despois, levoulles o resto dos cartos ós apóstolos. 3 Entón, Pedro díxolle: “Ananías, por que deixaches que Satanás che dese o valor para mentirlle ó espírito santo e quedar en segredo con parte dos cartos do campo? 4 O campo era teu antes de vendelo, non? E cando o vendiches podías facer cos cartos o que quixeses, non? Entón, por que planeaches algo así no teu corazón? Non lles mentiches ós homes, mentícheslle a Deus”. 5 En canto Ananías escoitou iso, caeu ó chan e morreu. E tódolos que souberon o que pasara sentiron moito temor. 6 Despois, os homes máis novos levantáronse, envolvérono con teas, sacárono para fóra e enterrárono.
7 Unhas tres horas máis tarde entrou a súa muller, pero ela non sabía o que pasara. 8 Pedro díxolle: “Vendestes o campo por esta cantidade?”. Ela respondeulle: “Si, iso foi o que nos deron por el”. 9 Entón Pedro preguntoulle: “Por que vos puxestes de acordo para intentar enganar o espírito de Xehová*? Mira! Os que enterraron o teu home están na porta e tamén te levarán a ti”. 10 Nese momento, ela caeu ó chan alí diante del e morreu. Cando os homes novos entraron, encontrárona morta. Despois sacárona para fóra e enterrárona ó lado do seu home. 11 Iso fixo que toda a congregación e tódolos que souberon o que pasara sentisen un gran temor.
12 Ademais, facíanse moitos milagres* e cousas impresionantes entre o pobo mediante os apóstolos, e todos se xuntaban no Pórtico de Salomón. 13 É certo que ningún dos outros tiña valor para unirse a eles, pero a xente falaba moi ben deles. 14 De feito, cada vez había máis persoas que crían no Señor, e moitísimos homes e mulleres fixéronse discípulos del. 15 A xente incluso sacaba os enfermos ás rúas principais e poñíaos en camas portátiles para que, cando Pedro pasase por alí, polo menos a súa sombra tocase a algúns. 16 Tamén ía onda eles moitísima xente das cidades que había arredor de Xerusalén. Levábanlles os enfermos e as persoas que sufrían por culpa dos demos, e todos quedaban curados.
17 Pero o sumo sacerdote e tódolos que estaban con el, que eran seguidores das ensinanzas* dos saduceos, enchéronse de rabia e de celos. 18 Así que arrestaron os apóstolos e metéronos na prisión*. 19 Pero pola noite, o anxo de Xehová* abriu as portas da prisión, sacounos de alí e díxolles: 20 “Ide ó templo e seguídelle predicando ó pobo toda a mensaxe da vida que vai vir”. 21 Despois de oír isto, ó saír o sol, entraron no templo e puxéronse a ensinar.
Cando chegaron o sumo sacerdote e os que estaban con el, reuniron o Sanedrín e toda a asemblea dos anciáns dos fillos de Israel. Entón mandaron que lles trouxesen os apóstolos que estaban na prisión. 22 Pero cando os oficiais chegaron alí, non os encontraron. Así que volveron para contarlles o que descubriran 23 e dixéronlles: “Encontramos a prisión pechada e asegurada, e os gardas estaban de pé nas portas. Pero ó abrilas, non había ninguén dentro”. 24 Cando o capitán da garda do templo e os sacerdotes principais oíron iso, quedaron desconcertados porque non sabían como acabaría todo. 25 Pero entón chegou alguén e díxolles: “Mirade!* Os homes que metestes no cárcere están no templo ensinándolle á xente”. 26 Así que o capitán foi cos seus oficiais e colleron os apóstolos, pero sen violencia, porque tiñan medo de que o pobo os matase a pedradas.
27 Despois leváronos diante do Sanedrín e o sumo sacerdote empezou a interrogalos. 28 Díxolles: “Démosvos a orde de que non seguísedes ensinando no nome dese home, pero resulta que enchestes Xerusalén coas vosas ensinanzas. Estades decididos a facernos culpables da morte dese home*”. 29 Pedro e os outros apóstolos responderon: “Temos que obedecer a Deus como gobernante antes que ós homes. 30 O Deus dos nosos antepasados resucitou* a Xesús, a quen vós matastes colgándoo nun madeiro*. 31 Deus honrouno e púxoo á súa dereita como Axente Principal e Salvador para que Israel poida arrepentirse e que os seus pecados poidan ser perdoados. 32 Nós somos testemuñas de todo iso e tamén o é o espírito santo que Deus lles deu ós que o obedecen como gobernante”.
33 Cando oíron iso, puxéronse furiosos e quixeron matar os apóstolos. 34 Pero un fariseo que se chamaba Gamaliel, un mestre da Lei moi respectado por todo o pobo, levantouse no Sanedrín* e mandou que os sacasen para fóra durante un momento. 35 Despois dixo: “Homes de Israel, tede coidado co que queredes facerlles a estes homes. 36 Por exemplo, hai algún tempo apareceu Teudas dicindo que era alguén importante, e uns 400 homes uníronse ó seu partido. Pero cando o mataron, tódolos seus seguidores dispersáronse e aí acabou todo. 37 Despois del apareceu Xudas o Galileo nos días do censo e convenceu a algúns para que se fixesen seguidores del. Pero este home tamén morreu e tódolos que o seguían dispersáronse. 38 Así que nestas circunstancias dígovos que non vos metades con estes homes. Deixádeos en paz. Porque se o que están planeando ou o que están facendo é cousa de homes, acabará fracasando. 39 Pero se vén de Deus, non poderedes facer que fracase. Tede coidado, porque incluso podedes acabar loitando contra o propio Deus”. 40 Así que eles fixéronlle caso. Entón chamaron os apóstolos, déronlles unha malleira e mandáronlles que deixasen de falar no nome de Xesús. Despois deixáronos marchar.
41 Os apóstolos saíron de diante do Sanedrín moi contentos, porque Deus consideráraos dignos de sufrir por falar do nome de Xesús. 42 E tódolos días, no templo e de casa en casa, seguían ensinando e anunciando sen parar as boas noticias* acerca do Cristo, Xesús.
6 Naqueles días, cando estaba aumentando o número de discípulos, os xudeus de fala grega empezaron a queixarse dos xudeus de fala hebrea porque non se estaba tendo en conta as viúvas de fala grega no reparto diario da comida. 2 Así que os Doce xuntaron a tódolos discípulos e dixéronlles: “Non está ben que nós deixemos de ensinar a palabra de Deus para poñernos a repartir a comida entre as mesas. 3 Por iso, irmáns, escollede de entre vós sete homes de boa reputación que estean cheos de espírito e de sabedoría para que os poñamos a cargo deste labor necesario. 4 Nós dedicarémonos á oración e a ensinar a palabra de Deus*”. 5 A todos lles pareceu ben o que dixeron, así que escolleron a Esteban, un home cheo de fe e de espírito santo, e tamén a Felipe, a Prócoro, a Nicanor, a Timón, a Pármenas e a Nicolás, un prosélito de Antioquía. 6 Entón leváronos diante dos apóstolos, eles oraron e despois impuxéronlles as mans*.
7 Isto fixo que a palabra de Deus seguise estendéndose, e o número de discípulos seguiu aumentando moitísimo en Xerusalén. Ademais, un grupo grande de sacerdotes tamén se fixeron discípulos*.
8 Deus déralle a Esteban a súa aprobación e moito poder, e el facía grandes milagres* e cousas impresionantes entre o pobo. 9 Entón uns homes da que se coñecía como a Sinagoga dos Libertos xunto con algúns de Cirene, de Alexandría, de Cilicia e de Asia foron para discutir con Esteban. 10 Pero non eran capaces de enfrontarse a el, porque falaba con moita sabedoría e coa axuda do espírito santo. 11 Así que convenceron a uns homes en segredo para que dixesen: “Nós oímoslle dicir blasfemias* contra Moisés e contra Deus”. 12 Así revolucionaron o pobo, os anciáns e os escribas. E de repente chegaron onda Esteban, collérono á forza e levárono diante do Sanedrín. 13 Tamén presentaron testemuñas falsas que dixeron: “Este home non para de falar contra este lugar santo e contra a Lei. 14 Por exemplo, escoitámoslle dicir que este Xesús o Nazareno botaría abaixo este lugar e cambiaría os costumes que Moisés nos deixou”.
15 E tódolos que estaban sentados no Sanedrín miraron para el e viron que a súa cara parecía a dun anxo.
7 Entón, o sumo sacerdote preguntoulle: “É certo iso que din?”. 2 Esteban respondeu: “Irmáns e respectados anciáns, escoitade. O Deus da gloria aparecéuselle ó noso antepasado Abrahán cando estaba en Mesopotamia, antes de que fose vivir a Harán, 3 e díxolle: ‘Deixa a túa terra e os teus parentes, e vaite para a terra que eu che mostrarei’. 4 Así que deixou a terra dos caldeos* e foi vivir a Harán. Despois de que morrese seu pai, Deus fixo que se mudase á terra na que vivides agora. 5 Aínda así, non lle deu nesa terra ningunha herdanza, nin sequera un cacho onde poñer o pé. Pero prometeu darlla en propiedade a el e despois ós seus descendentes, aínda que daquela non tiña fillo ningún. 6 Ademais, díxolle que os seus descendentes serían estranxeiros nunha terra que non era deles e que a xente de alí os convertería en escravos e os maltrataría durante 400 anos. 7 Deus dixo: ‘Eu vou xulgar a nación que os converterá en escravos’. E tamén dixo: ‘Despois diso, eles sairán de alí e daranme servizo sagrado neste lugar’.
8 ”Tamén lle deu o pacto da circuncisión. Abrahán chegou a ser o pai de Isaac e circuncidouno ó oitavo día. Isaac chegou a ser o pai de Xacob* e Xacob chegou a ser o pai dos 12 patriarcas. 9 Estes patriarcas puxéronse celosos do seu irmán Xosé e vendérono a Exipto. Pero Deus estaba con el, 10 e liberouno de tódalas súas desgrazas, deulle sabedoría e fixo que conseguise a aprobación do faraón, o rei de Exipto. Despois, o faraón encargoulle que gobernase Exipto e toda a súa casa. 11 Pero houbo unha época de moita fame en todo Exipto e Canaán. Foi un tempo de moita angustia* e os nosos antepasados non tiñan nada que comer. 12 Cando Xacob escoitou que había comida* en Exipto, mandou alí os nosos antepasados por primeira vez. 13 E cando foron por segunda vez, Xosé díxolles ós seus irmáns quen era el, e o faraón chegou a saber da familia de Xosé. 14 Entón Xosé mandou que trouxesen a seu pai Xacob e a toda a súa familia. En total eran 75 persoas. 15 Así que Xacob baixou a Exipto e morreu alí, igual que os nosos antepasados. 16 Os ósos foron levados a Siquem e enterrados na tumba que Abrahán lles comprara por certa cantidade de prata* ós fillos de Hamor en Siquem.
17 ”Xusto cando se estaba acercando o tempo de que se cumprise a promesa que Deus lle fixera a Abrahán, o pobo medrou e multiplicouse en Exipto, 18 ata que empezou a gobernar alí un rei diferente que non coñecía a Xosé. 19 Este rei aproveitouse do noso pobo e obrigou os nosos pais a abandonar os seus bebés para que morresen. 20 Naquel tempo naceu Moisés, que era precioso incluso ós ollos de Deus, e criouse durante tres meses na casa de seu pai. 21 Pero cando o abandonaron, a filla do faraón encontrouno e criouno coma se fose fillo seu. 22 Así que Moisés foi educado en toda a sabedoría dos exipcios. De feito, as cousas que dicía e facía demostraban que tiña moito poder.
23 ”Cando tiña 40 anos, decidiu ir ver como estaban os seus irmáns, os israelitas. 24 Cando viu que estaban maltratando a un deles, defendeuno e vingouno matando o exipcio que o maltrataba. 25 Pensou que os seus irmáns entenderían que Deus os estaba salvando mediante el, pero eles non o entenderon así. 26 Ó día seguinte, foi onda dous deles que estaban pelexando e intentou que fixesen as paces. Díxolles: ‘Sodes irmáns. Por que pelexades entre vós?’. 27 Pero o que lle estaba pegando ó seu irmán empuxou a Moisés e díxolle: ‘E a ti quen te escolleu como gobernante e xuíz sobre nós? 28 Seica queres matarme a min tamén como mataches onte o exipcio?’. 29 Ó escoitar iso, Moisés escapou de Exipto e foi vivir como estranxeiro á terra de Madián. Alí casou e tivo dous fillos.
30 ”E 40 anos despois aparecéuselle un anxo no deserto do monte Sinaí, no lume dun arbusto* que estaba ardendo. 31 Cando Moisés viu iso, quedou impresionado. E ó acercarse para velo mellor, escoitou a voz de Xehová*, que dicía: 32 ‘Eu son o Deus dos teus antepasados, o Deus de Abrahán, de Isaac e de Xacob’. Moisés empezou a tremer e non se atreveu a seguir mirando. 33 Entón, Xehová* díxolle: ‘Quita as sandalias, porque o chan que estás pisando é santo. 34 Vin como maltratan o meu pobo en Exipto, escoitei os seus lamentos e baixei para liberalos. Agora, ven, voute mandar a Exipto’. 35 Este é o mesmo Moisés que rechazaran dicindo: ‘E a ti quen te escolleu como gobernante e xuíz?’. Pero foi a el a quen Deus enviou como gobernante e salvador mediante o anxo que se lle apareceu no arbusto. 36 Foi Moisés quen os sacou de Exipto facendo cousas impresionantes e milagres* alí, e tamén no Mar Vermello e no deserto durante 40 anos.
37 ”Este é o mesmo Moisés que lles dixo ós fillos de Israel: ‘Deus escollerá para vós un profeta coma min entre os vosos irmáns’. 38 El foi o que estivo entre o pobo de Israel no deserto, o que estivo co anxo que lle falou no monte Sinaí e cos nosos antepasados. El recibiu a mensaxe sagrada e viva de Deus para dárnola a nós. 39 Os nosos antepasados non quixeron obedecelo. En vez diso, rechazárono e nos seus corazóns quixeron volver a Exipto. 40 De feito, dixéronlle a Aarón: ‘Fainos deuses que nos guíen, porque non sabemos que lle pasou a este Moisés que nos sacou da terra de Exipto’. 41 Así que naqueles días fixeron un ídolo con forma de becerro, ofrecéronlle un sacrificio e puxéronse a celebrar o que fixeran. 42 Entón Deus abandonounos e deixou que adorasen os astros do ceo*, tal como está escrito no libro dos profetas: ‘Oh, casa de Israel, verdade que as ofrendas e os sacrificios que fixestes durante 40 anos no deserto non eran para min? 43 Todo o contrario: fixestes imaxes da tenda de Moloc* e da estrela do deus Refán, e levástelas con vós para adoralas. Por iso vos vou desterrar máis alá de Babilonia’.
44 ”Os nosos antepasados tiñan a tenda do Testemuño no deserto. Deus mandáralle a Moisés que a fixese seguindo o modelo que el lle mostrara. 45 Os nosos antepasados herdárona e levárona con Xosué á terra das nacións que Deus expulsou diante deles. E quedou alí ata os días de David. 46 David tivo a aprobación de Deus e pediulle ter o privilexio de facer unha casa para el, o Deus de Xacob. 47 Pero foi Salomón quen lla fixo. 48 Con todo, o Altísimo non vive en casas feitas por mans humanas. É como di o profeta: 49 ‘Xehová* di: “O ceo é o meu trono e a terra é o banco para os meus pés. Que tipo de casa faredes para min? Acaso hai algún sitio onde eu poida descansar? 50 Non foi a miña man a que fixo todas estas cousas?”’.
51 ”Sodes cabezóns*, tedes o corazón duro e os oídos pechados*. Estades sempre desobedecendo o espírito santo. Facedes o mesmo que fixeron os vosos antepasados. 52 A cal dos profetas non perseguiron eles? Mataron os que anunciaron que ía vir o Xusto, a quen vós traizoastes e asasinastes. 53 Vós recibistes a Lei tal e como a transmitiron os anxos, pero non a obedecestes”.
54 Ó escoitar todo isto, os seus corazóns* enchéronse de rabia e, mirando para Esteban, empezaron a apertar os dentes. 55 Pero el, cheo de espírito santo, mirou cara ó ceo e viu a gloria de Deus e a Xesús de pé á dereita del, 56 e dixo: “Mirade! Vexo os ceos abertos e o Fillo do Home* de pé á dereita de Deus”. 57 Entón, eles puxéronse a berrar con tódalas súas forzas, taparon os oídos para non escoitar o que dicía e botáronse todos enriba del. 58 Despois, sacárono da cidade e empezaron a tirarlle pedras. E as testemuñas falsas que o acusaran deixaron os seus mantos ós pés dun home novo que se chamaba Saulo. 59 Mentres o estaban matando a pedradas, Esteban suplicou: “Xesús, meu Señor, recibe o meu espírito”. 60 Entón, púxose de xeonllos e berrou con voz forte: “Xehová*, non lles teñas en conta este pecado”. E despois de dicir isto, morreu*.
8 Saulo aprobaba o asasinato de Esteban.
Aquel día empezou unha gran persecución contra a congregación que estaba en Xerusalén. E tódolos discípulos, excepto os apóstolos, dispersáronse polas rexións de Xudea e Samaria. 2 Uns homes que eran fieis a Deus colleron o corpo de Esteban para enterralo e choraron moito por el. 3 Pola súa parte, Saulo empezou a perseguir a congregación con moita crueldade. Entraba nunha casa tras outra, arrastraba homes e mulleres para fóra e mandábaos á prisión.
4 Os discípulos que se dispersaran ían anunciando as boas noticias da palabra de Deus por onde pasaban. 5 Felipe baixou á cidade* de Samaria e púxose a predicarlle á xente acerca do Cristo. 6 As multitudes estaban moi atentas ó que dicía Felipe. Todos o escoitaban e vían os milagres* que facía. 7 Había moitos que estaban posuídos polos demos, e os demos saían deles berrando moi forte. Ademais, moitos paralíticos e coxos foron curados. 8 Así que a cidade encheuse de alegría.
9 Resulta que na cidade había un home que se chamaba Simón, que practicaba maxia antes de que pasase todo iso. El deixaba pasmada a toda a xente de Samaria e dicía que era alguén importante. 10 Todos lle prestaban atención, desde o máis novo ata o máis vello, e dicían: “O gran poder de Deus está neste home”. 11 Como durante moito tempo os tivera impresionados coa súa maxia, escoitábano con moita atención. 12 Pero cando Felipe lles anunciou as boas noticias do Reino de Deus e do nome de Xesucristo, tanto homes coma mulleres creron no que el lles dicía e bautizáronse. 13 O propio Simón tamén se fixo crente e, despois de bautizarse, andaba sempre con Felipe e quedaba marabillado cando vía os sinais e os grandes milagres que facía.
14 Cando os apóstolos que estaban en Xerusalén escoitaron que a xente de Samaria aceptara a palabra de Deus, enviáronlles a Pedro e a Xoán. 15 Así que eles baixaron a Samaria e oraron para que os samaritanos recibisen espírito santo 16 porque ningún deles o recibira, pois só foran bautizados no nome do Señor Xesús. 17 Entón Pedro e Xoán impuxéronlles as mans* e eles empezaron a recibir espírito santo.
18 Ó ver que as persoas recibían espírito santo cando os apóstolos lles impoñían as mans, Simón ofreceulles cartos ós apóstolos 19 e díxolles: “Dádeme este poder tamén a min para que calquera a quen eu lle impoña as mans reciba espírito santo”. 20 Pero Pedro díxolle: “Que morran os teus cartos contigo! Porque pensaches que podías comprar o regalo de Deus. 21 Ti neste asunto non tes nada que dicir porque o teu corazón non é xusto ós ollos de Deus. 22 Así que arrepíntete da túa maldade e suplícalle a Xehová* que, se é posible, perdoe as malas intencións do teu corazón. 23 Porque vexo que es un veleno amargo e un escravo da inxustiza*”. 24 Entón Simón respondeulles: “Suplicádelle a Xehová* por min, para que non me pase nada do que dixestes”.
25 Despois de dar un testemuño completo e de predicar a palabra de Xehová*, volveron para Xerusalén e foron anunciando as boas noticias en moitas aldeas dos samaritanos.
26 Pero o anxo de Xehová* faloulle a Felipe e díxolle: “Prepárate e vai cara ó sur, ó camiño que baixa de Xerusalén a Gaza”. (Este é un camiño polo deserto.) 27 Así que el preparouse e foi. Entón encontrouse cun etíope que era eunuco*, un home con autoridade que servía a Candace, a raíña dos etíopes, e que estaba ó cargo de todo o tesouro dela. El fora a Xerusalén para adorar a Deus, 28 pero xa viña de volta. Ía sentado no seu carro lendo en voz alta os escritos do profeta Isaías. 29 Así que Deus díxolle a Felipe mediante o seu espírito santo: “Vai e acércate a ese carro”. 30 Felipe foi correndo ó lado do carro e escoitou que o home estaba lendo en voz alta os escritos do profeta Isaías. Entón preguntoulle: “De verdade entendes o que estás lendo?”. 31 El respondeulle: “E como o vou entender se ninguén me ensina?”. Así que lle suplicou a Felipe que subise ó carro e se sentase con el. 32 A pasaxe das Escrituras que lía era esta: “Foi levado coma ovella ó matadoiro e, coma un cordeiro que queda calado diante de quen o rapa, el non abre a boca. 33 Durante o tempo que o humillaron, negáronlle a xustiza. Quen contará os detalles da súa orixe? Porque a súa vida foi eliminada da terra”.
34 Entón o eunuco díxolle a Felipe: “Por favor, explícame de quen está falando o profeta. Del mesmo ou dalgún outro?”. 35 E Felipe, empezando por este relato das Escrituras, faloulle das boas noticias acerca de Xesús. 36 Mentres ían polo camiño, chegaron a un sitio onde había auga e o eunuco díxolle: “Mira! Aquí hai auga. Que impide que me bautice?”. 37 —* 38 Así que mandou que parasen o carro. Despois metéronse os dous na auga e Felipe bautizouno. 39 Cando saíron da auga, o espírito de Xehová* guiou enseguida a Felipe a outro sitio e o eunuco non volveu a velo máis. Entón o eunuco seguiu o seu camiño cheo de alegría. 40 Despois, Felipe chegou a Asdod e seguiu anunciando as boas noticias por tódalas cidades ata que chegou a Cesarea.
9 Pero Saulo seguía ameazando os discípulos do Señor e quería matalos. Así que foi onda o sumo sacerdote 2 e pediulle que escribise cartas para presentalas nas sinagogas de Damasco e así poder traer atado a Xerusalén a calquera membro do Camiño* que encontrase, fose home ou muller.
3 Cando ía de camiño e estaba chegando a Damasco, de repente unha luz do ceo empezou a brillar arredor del. 4 Entón caeu ó chan e escoitou unha voz que lle dicía: “Saulo, Saulo, por que me estás perseguindo?”. 5 El preguntou: “Señor, ti quen es?”. E a voz respondeulle: “Son Xesús, a quen estás perseguindo. 6 Levántate e entra na cidade. Alí diranche o que tes que facer”. 7 Os homes que ían con el quedaron parados e sen poder falar, porque oían unha voz pero non vían a ninguén. 8 Saulo levantouse do chan e, aínda que tiña os ollos abertos, non podía ver nada. Así que o levaron da man ata Damasco. 9 E durante tres días non puido ver nada nin tampouco comeu nin bebeu.
10 En Damasco había un discípulo que se chamaba Ananías. O Señor díxolle nunha visión: “Ananías!”. El respondeulle: “Aquí estou, Señor”. 11 O Señor díxolle: “Levántate, vai á rúa que se chama Recta e busca na casa de Xudas a un home de Tarso que se chama Saulo e que está orando agora mesmo. 12 Nunha visión viu que un home que se chama Ananías entraba e poñía as mans sobre el para que recuperase a vista”. 13 Pero Ananías contestoulle: “Señor, oín falar a moitos deste home e de todo o dano que lles fixo ós teus discípulos* en Xerusalén. 14 E aquí os sacerdotes principais déronlle autoridade para arrestar* a tódolos que invocan o* teu nome”. 15 Pero o Señor díxolle: “Vai, porque eu escollín este home* para levarlles o meu nome ás nacións e tamén a reis e ós fillos de Israel. 16 E eu mostrareille claramente todo o que terá que sufrir por anunciar o meu nome”.
17 Así que Ananías foi e entrou na casa. Despois, puxo as mans sobre el e díxolle: “Saulo, irmán, o Señor Xesús que se che apareceu cando viñas de camiño envioume para que recuperes a vista e quedes cheo de espírito santo”. 18 Inmediatamente, caéronlle dos ollos algo parecido a escamas e recuperou a vista. Entón levantouse e foi bautizado. 19 Despois comeu algo e recuperou as forzas.
Pasou uns días cos discípulos que había en Damasco 20 e enseguida se puxo a predicar acerca de Xesús nas sinagogas, dicindo que Xesús é o Fillo de Deus. 21 Pero tódolos que o escoitaban quedaban sorprendidos e dicían: “Non é este o home que perseguía con moita crueldade en Xerusalén a tódolos que invocan o* nome de Xesús? Non viñera aquí para arrestalos e levalos* diante dos sacerdotes principais?”. 22 Pero Saulo predicaba cada vez con máis habilidade e deixaba pasmados os xudeus que vivían en Damasco, porque lles demostraba de forma lóxica que Xesús é o Cristo.
23 Despois de moitos días, os xudeus planearon matalo. 24 Pero Saulo soubo o que querían facerlle. Ademais, vixiaban as portas día e noite para matalo. 25 Así que unha noite os seus discípulos collérono, sacárono por unha ventá da muralla e baixárono nun cesto.
26 Cando chegou a Xerusalén intentou unirse ós discípulos, pero todos lle tiñan medo porque non crían que fose discípulo de Xesús. 27 Así que Bernabé foi a axudarlle e levouno onda os apóstolos. Despois, contoulles con moitos detalles que Saulo vira o Señor no camiño, que o Señor lle falara e que Saulo predicara con valentía en Damasco no nome de Xesús. 28 Entón Saulo quedou alí con eles. Podía moverse con liberdade por* Xerusalén e predicaba con moito valor no nome do Señor. 29 Falaba e debatía cos xudeus de fala grega, pero eles intentaron matalo varias veces. 30 Cando os irmáns o souberon, levárono a Cesarea e mandárono a Tarso.
31 Entón, tódalas congregacións de Xudea, Galilea e Samaria fortalecéronse e entraron nun período de paz. Ademais, seguiron medrando porque andaban no temor* de Xehová* e no consolo do espírito santo.
32 Como Pedro estaba viaxando por toda a rexión, tamén baixou a visitar os discípulos* que vivían en Lida. 33 Alí viu un home que se chamaba Eneas, que era paralítico e levaba oito anos na cama. 34 Pedro díxolle: “Eneas, Xesucristo cúrate. Levántate e fai a túa cama”. E el levantouse inmediatamente. 35 Cando tódolos que vivían en Lida e na chaira de Sarón o viron, fixéronse discípulos do Señor.
36 En Xope había unha discípula que se chamaba Tabita, que en grego se traduce Dorcas*. Ela facía moitas boas obras e axudaba moito ós necesitados*. 37 Pero mentres Pedro estaba en Lida, Dorcas enfermou e morreu. Así que lavaron o corpo e puxérono nun cuarto da parte de arriba. 38 Como Lida estaba cerca de Xope, cando os discípulos escoitaron que Pedro estaba nesa cidade, mandaron dous homes para que lle pedisen: “Por favor, ven canto antes”. 39 Entón Pedro levantouse e foi con eles. Cando chegou, levárono ó cuarto da planta de arriba e presentáronse diante del tódalas viúvas chorando e ensinándolle toda a roupa e os mantos que Dorcas fixera cando estaba viva. 40 Entón Pedro mandoulles a todos que saísen, púxose de xeonllos e orou. Despois xirouse cara ó corpo e dixo: “Tabita, levántate!”. Ela abriu os ollos e, en canto viu a Pedro, incorporouse. 41 El deulle a man para axudarlle a levantarse, e despois chamou os discípulos* e as viúvas e todos viron que estaba viva. 42 Isto chegou a saberse por todo Xope e moitos creron no Señor. 43 Pedro quedou unha temporada en Xope, na casa dun curtidor que se chamaba Simón.
10 En Cesarea había un home que se chamaba Cornelio, un oficial do exército* dentro do que se coñecía como o rexemento italiano*. 2 El era un home devoto que temía a Deus* con tódolos da súa casa. Axudaba moito ós necesitados* e suplicáballe constantemente a Deus. 3 Arredor das 3 da tarde*, tivo unha visión na que viu claramente que un anxo de Deus entraba onde estaba el e dicíalle: “Cornelio!”. 4 El quedou mirando para o anxo cheo de medo e preguntoulle: “Señor, que pasa?”. O anxo contestoulle: “Deus fíxase nas túas oracións e na axuda que lles dás ós pobres, e tenas en conta. 5 Así que manda algúns homes a Xope para que traian un home que se chama Simón, coñecido como Pedro. 6 Estase aloxando con Simón, un curtidor que ten a súa casa á beira do mar”. 7 En canto o anxo marchou, Cornelio chamou dous servos seus e un soldado devoto, 8 contoulles todo e mandounos a Xope.
9 Ó día seguinte, mentres ían de camiño e se acercaban á cidade, Pedro subiu á azotea arredor das 12 do mediodía* para orar. 10 Pero entroulle moita fame e quixo comer. Mentres preparaban a comida, el tivo unha visión 11 e viu o ceo aberto e algo* parecido a unha tea grande de liño que baixaba sobre a terra, colgada polas catro puntas. 12 Enriba dela había todo tipo de animais de catro patas, réptiles* da terra e aves do ceo. 13 Entón unha voz díxolle: “Pedro, levántate! Mata un animal e come!”. 14 Pero Pedro respondeulle: “Non, Señor, non podo facelo. Nunca comín nada contaminado ou impuro*”. 15 A voz falou por segunda vez e díxolle: “Deixa de chamarlles contaminadas ás cousas que Deus limpou*”. 16 Isto pasou unha terceira vez e a tea* volveu para o ceo inmediatamente.
17 Pedro estaba moi sorprendido e non deixaba de pensar no que podería significar aquela visión. Mentres tanto, os homes que enviara Cornelio preguntaran onde quedaba a casa de Simón e xa estaban alí na porta. 18 Chamaron o dono da casa e preguntáronlle se se aloxaba alí Simón, coñecido como Pedro. 19 Mentres Pedro aínda estaba pensando na visión, o espírito santo díxolle: “Mira! Hai tres homes que están preguntando por ti. 20 Así que levántate, baixa e non dubides en ir con eles, porque os enviei eu”. 21 Entón Pedro baixou a onde estaban os homes e díxolles: “Aquí estou. Son eu a quen estades buscando. En que vos podo axudar?”. 22 Eles dixéronlle: “Envíanos Cornelio, un oficial do exército. El é un home xusto que teme a Deus e toda a nación xudía fala ben del. Deus deulle instrucións mediante un anxo para que te invitase á súa casa e escoitase o que lle tes que dicir”. 23 Así que Pedro invitounos a entrar e quedaron aloxados alí.
Ó día seguinte, levantouse e foi con eles, e tamén o acompañaron algúns irmáns de Xope. 24 Un día despois chegou a Cesarea. Cornelio, por suposto, estaba esperando por eles e xuntara os seus familiares e amigos íntimos. 25 Cando Pedro chegou á casa, Cornelio saíu a recibilo, botouse ó chan e inclinouse diante del*. 26 Pero Pedro levantouno dicíndolle: “Ponte de pé. Eu son un home coma ti”. 27 Mentres falaba con Cornelio, entrou na casa e viu que había moitas persoas reunidas. 28 El díxolles: “Vós ben sabedes que vai en contra da lei que un xudeu teña trato cun home doutra nación ou se acerque a el. Pero Deus ensinoume que non debo chamar contaminado ou impuro a ninguén. 29 Por iso non me neguei a vir cando me viñeron buscar. Así que agora contádeme, por que me chamastes?”.
30 Cornelio respondeu: “Hai catro días estaba orando na miña casa a esta mesma hora, arredor das 3 da tarde*, e de repente apareceu diante de min un home ó que lle brillaba a roupa, 31 e dixo: ‘Cornelio, Deus escoitou a túa oración e acordouse da axuda que lles deches ós pobres. 32 Por iso, manda alguén a Xope para que vaia buscar a Simón, a quen lle chaman Pedro. Estase aloxando na casa de Simón, un curtidor que vive á beira do mar’. 33 Así que enseguida mandei que te fosen buscar e ti tiveches a amabilidade de vir. Agora estamos todos aquí diante de Deus para escoitar as cousas que Xehová* che mandou dicir”.
34 Ó escoitar iso, Pedro empezou a falar e dixo: “Agora realmente entendo que Deus non fai diferenzas entre as persoas* 35 e que acepta a tódolos que o temen* e fan o que está ben, sexan da nación que sexan. 36 El envioulles a súa mensaxe* ós fillos de Israel para anunciarlles as boas noticias da paz mediante Xesucristo, que é o Señor de todos. 37 Vós sabedes do que se falaba por toda Xudea e que empezou en Galilea, despois do bautismo sobre o que Xoán predicou. 38 Falábase de Xesús de Nazaret, de que Deus o unxiu con espírito santo e de que lle deu poder, e de que foi por toda aquela terra facendo o ben e curando a tódolos que sufrían por culpa do Demo*, porque Deus estaba con el. 39 Nós somos testemuñas de tódalas cousas que fixo, tanto na terra dos xudeus como en Xerusalén, pero eles matárono colgándoo nun madeiro*. 40 Deus resucitouno* ó terceiro día e permitiu que a xente o vise. 41 Pero non deixou que o visen todos, só os que comemos e bebemos con el despois de que resucitase* de entre os mortos. A nós escolleunos Deus de antemán para que o vísemos e falásemos del. 42 El tamén nos mandou que lle predicásemos ó pobo e que désemos un testemuño completo de que el é o que Deus nomeou como xuíz de vivos e de mortos. 43 Tódolos profetas falaron sobre Xesús. Escribiron que mediante o seu nome, Deus perdoará os pecados de tódolos que demostran fe nel”.
44 Mentres Pedro aínda estaba falando destas cousas, o espírito santo baixou sobre tódolos que estaban escoitando a mensaxe. 45 Os xudeus crentes* que foran con Pedro estaban moi sorprendidos ó ver que a xente das nacións tamén estaba recibindo o regalo do espírito santo, 46 porque os oían falar en diferentes idiomas e louvar a Deus. Despois, Pedro dixo: 47 “Estas persoas recibiron o espírito santo igual ca nós. Entón, quen pode impedir que se bauticen con auga?”. 48 Así que mandou que os bautizasen no nome de Xesucristo. Despois pedíronlle que quedase con eles algúns días.
11 Os apóstolos e os irmáns que estaban en Xudea escoitaron que tamén había xente das nacións que aceptara a palabra de Deus. 2 Por iso, cando Pedro subiu a Xerusalén, os que defendían a circuncisión* empezaron a discutir con el*, 3 e dicíanlle: “Entraches na casa de homes que non están circuncidados e comiches con eles”. 4 Así que Pedro púxose a explicarlles con detalle o que pasara. Díxolles:
5 “Mentres estaba orando na cidade de Xope*, tiven unha visión. Vin algo parecido a unha tea grande de liño colgada polas catro puntas que baixaba do ceo e chegaba xusto onda min. 6 Cando me fixei, vin que enriba dela había animais terrestres de catro patas, animais salvaxes, réptiles* e aves do ceo. 7 Tamén oín unha voz que me dixo: ‘Pedro, levántate! Mata un animal e come!’. 8 Pero eu respondinlle: ‘Non, Señor, non podo facelo. Na miña boca nunca entrou nada contaminado ou impuro’. 9 Entón, a voz do ceo falou por segunda vez e dixo: ‘Deixa de chamarlles contaminadas ás cousas que Deus limpou*’. 10 A voz falou por terceira vez e todo volveu para o ceo. 11 Xusto nese momento, tres homes que enviaran a buscarme desde Cesarea chegaron á casa na que estabamos aloxados. 12 O espírito santo díxome que non dubidase en ir con eles. Estes seis irmáns tamén foron comigo, e entramos na casa de Cornelio.
13 ”El contounos que vira un anxo na súa casa e que o anxo lle dixera: ‘Manda algúns homes a Xope para que vaian buscar a Simón, a quen lle chaman Pedro. 14 E el vaiche dicir o que tedes que facer ti e os da túa casa para salvarvos’. 15 Pero, cando eu estaba empezando a falar, o espírito santo baixou sobre eles igual que baixara sobre nós ó principio. 16 Nese momento, acordeime do que o Señor dixera máis dunha vez: ‘Xoán bautizou con auga, pero a vós bautizaranvos con espírito santo’. 17 Así que, se Deus lles estaba dando a eles o mesmo regalo que nos deu a nós, que cremos no Señor Xesucristo, quen era eu para ir en contra de Deus*?”.
18 Cando os irmáns oíron todas estas cousas, deixaron de discutir con Pedro*, déronlle gloria a Deus e dixeron: “Está claro! Deus tamén lle deu á xente das nacións a oportunidade de arrepentirse e recibir vida*”.
19 Os discípulos que foran dispersados pola persecución que empezara despois da morte de Esteban chegaron ata Fenicia, Chipre e Antioquía, pero só lles predicaban a mensaxe ós xudeus. 20 Aínda así, entre eles houbo algúns homes de Chipre e de Cirene que foron a Antioquía e que empezaron a falar coas persoas de fala grega e a anunciarlles as boas noticias do Señor Xesús. 21 De feito, a man de Xehová* estaba con eles, e moitos fixéronse crentes e empezaron a seguir o Señor.
22 A noticia chegou a oídos da congregación de Xerusalén, e eles mandaron a Bernabé para Antioquía. 23 Cando Bernabé chegou e viu como Deus lles mostrara bondade inmerecida ós discípulos, alegrouse moito e animounos a que seguisen sendo leais ó Señor con todo o corazón, 24 porque era un home bo que estaba cheo de espírito santo e fe. E unha gran multitude empezou a crer no Señor. 25 Así que Bernabé foi a Tarso e buscou a Saulo por todas partes. 26 Cando o encontrou, levouno a Antioquía. E durante todo un ano reuníronse coa congregación e ensináronlle a unha multitude bastante grande. En Antioquía foi onde, mediante a guía de Deus, ós discípulos se lles chamou cristiáns* por primeira vez.
27 Por aqueles días, algúns profetas baixaron de Xerusalén a Antioquía. 28 Un deles, que se chamaba Ágabo, profetizou coa axuda do espírito santo que estaba a punto de vir unha época de moita fame por toda a terra*. De feito, esa foi a fame que houbo nos tempos de Claudio. 29 Así que os discípulos decidiron enviarlles axuda* ós irmáns que vivían en Xudea, cada un segundo as súas posibilidades. 30 E así o fixeron. Mandáronlles a axuda ós anciáns mediante Bernabé e Saulo.
12 Naquel tempo, o rei Herodes empezou a maltratar algunhas persoas da congregación. 2 Mandou matar coa espada a Santiago, o irmán de Xoán. 3 Como viu que ós xudeus lles gustou iso, tamén lles mandou ós seus soldados que arrestasen a Pedro. (Todo isto pasou durante a Festa dos Pans Sen Fermento.) 4 Os soldados arrestárono e metérono na prisión. Como Herodes quería xulgalo* diante do pobo despois da Pascua, puxo catro grupos de soldados que se alternaban para vixialo. En cada grupo había catro homes. 5 Así que deixaron a Pedro na prisión. Mentres tanto, a congregación oráballe a Deus intensamente por el.
6 A noite antes de que Herodes o presentase diante do pobo, Pedro estaba durmindo atado con dúas cadeas e cun soldado a cada lado, e había gardas vixiando diante da porta da prisión. 7 Pero, de repente, apareceu alí o anxo de Xehová* e unha luz iluminou a cela da prisión. Entón tocou a Pedro no lombo, despertouno e díxolle: “Rápido, levántate!”. E as cadeas caéronlle das mans. 8 Despois díxolle: “Prepárate e pon as sandalias”. E Pedro fíxolle caso. Entón, o anxo mandoulle: “Pon o teu manto e sígueme”. 9 Pedro saíu e seguiuno, pero non se daba conta de que o que estaba facendo o anxo era real. De feito, parecíalle que estaba tendo unha visión. 10 Cando pasaron ó primeiro grupo de gardas e despois ó segundo, chegaron á porta de ferro que levaba á cidade, e a porta abriuse soa. Ó saír, continuaron por unha rúa e, nese momento, o anxo deixouno. 11 Entón, Pedro entendeu o que pasara e dixo: “Agora estou seguro de que Xehová* mandou o seu anxo e de que me rescatou das mans de Herodes e de todo o que os xudeus esperaban que me pasase”.
12 Cando se deu conta disto, foi á casa de María a nai de Xoán, ó que lle chamaban Marcos. Alí estaban moitos discípulos xuntos orando. 13 Ó petar na porta da entrada, unha criada noviña que se chamaba Rode foi ver quen era. 14 Como recoñeceu a voz de Pedro, alegrouse tanto que, en vez de abrir a porta, foi correndo para dentro a dicir que Pedro estaba fóra. 15 Eles contestáronlle: “Ti estás tola!”. Pero como ela seguía insistindo en que era verdade, empezaron a dicir: “Será o seu anxo”. 16 Mentres, Pedro seguía petando na porta. Entón abriron e, ó velo, quedaron pasmados. 17 El fíxolles un xesto coa man para que calasen e explicoulles con todo detalle como Xehová* o sacara do cárcere. Entón díxolles: “Contádelles estas cousas a Santiago* e ós demais irmáns”. Despois marchou e foise a outro sitio.
18 Cando se fixo de día, armouse un barullo moi grande entre os soldados porque non sabían o que pasara con Pedro. 19 Herodes buscouno por todas partes pero, como non o encontrou, interrogou os gardas e fixo que os castigasen. Despois, Herodes baixou de Xudea a Cesarea e quedou alí un tempo.
20 El estaba moi enfadado* cos habitantes de Tiro e Sidón. A xente daqueles sitios quixo facer as paces con el porque vivían dos alimentos que recibían do país que gobernaba Herodes. Así que se xuntaron e convenceron a Blasto, o encargado dos asuntos da casa do rei, para que lles axudase. 21 Cando chegou o día escollido, Herodes vestiuse coa roupa real, sentouse no tribunal e empezou a dar un discurso. 22 Entón, a xente que estaba alí reunida púxose a berrar: “Esta é a voz dun deus, non a dun home!”. 23 Nese momento, o anxo de Xehová* fixo que enfermase, porque non lle dera a gloria a Deus. E morreu comido polos vermes*.
24 A palabra de Xehová* seguiu crecendo e estendéndose.
25 Cando Bernabé e Saulo acabaron de axudar ós irmáns* en Xerusalén, volveron para Antioquía e levaron con eles a Xoán, ó que tamén lle chamaban Marcos.
13 Na congregación de Antioquía había algúns profetas e mestres: Bernabé, Simeón (a quen lle chamaban Níxer), Lucio de Cirene, Manaén (que fora compañeiro de estudos de Herodes, o gobernante do distrito) e Saulo. 2 Mentres estaban servindo a Xehová* e facendo xaxún*, o espírito santo dixo: “Apartádeme a Bernabé e a Saulo para que poidan facer a obra para a que os escollín”. 3 Entón, despois de facer xaxún e orar, impuxéronlles as mans* e despedíronse deles.
4 Así que estes homes, enviados polo espírito santo, baixaron a Seleucia e desde alí embarcaron para Chipre. 5 Cando chegaron a Salamina, puxéronse a predicar a palabra de Deus nas sinagogas dos xudeus. Xoán ía con eles e era o seu axudante.
6 Despois de cruzar toda a illa ata Pafos, encontráronse cun xudeu que se chamaba Barxesús, que era bruxo e un profeta falso. 7 El estaba co procónsul* Serxio Paulo, un home intelixente. O procónsul chamou a Bernabé e a Saulo porque tiña moitas ganas de escoitar a palabra de Deus. 8 Pero Elimas*, o bruxo (porque así é como se traduce o seu nome), empezou a poñerse en contra deles e intentaba impedir que o procónsul tivese fe no Señor. 9 Entón Saulo, ó que tamén lle chaman Paulo, encheuse de espírito santo, mirouno fixamente 10 e díxolle: “Estás cheo de toda clase de engano e de maldade, fillo do Demo*, inimigo de todo o que é xusto! Cando vas deixar de torcer os camiños rectos de Xehová*? 11 Mira! A man de Xehová* está contra ti. Vas quedar cego por un tempo e non vas ver a luz do sol”. Nese momento, empezou a ver todo borroso e escuro, e púxose a buscar a alguén arredor del para que o levase da man. 12 Cando o procónsul viu o que pasara, fíxose crente, porque quedou moi impresionado co que aprendera de Xehová*.
13 Despois, Paulo e os seus compañeiros saíron desde Pafos e navegaron ata Perga de Panfilia. Pero Xoán deixounos e volveu a Xerusalén. 14 Eles seguiron a viaxe desde Perga ata Antioquía de Pisidia. Despois de chegar alí, o sábado entraron na sinagoga e sentáronse. 15 Cando terminou a lectura pública da Lei e os Profetas, os presidentes da sinagoga pedíronlles: “Irmáns, se tedes algunha palabra de ánimo para o pobo, dicídea”. 16 Entón Paulo púxose de pé, fixo xestos coa man para pedir silencio, e dixo:
“Homes de Israel e tódolos demais que temedes a Deus, escoitade. 17 O Deus deste pobo, Israel, escolleu os nosos antepasados, converteunos nunha nación poderosa mentres vivían como estranxeiros na terra de Exipto e sacounos de alí con gran poder*. 18 Durante uns 40 anos aturounos no deserto. 19 E despois de destruír sete nacións na terra de Canaán, deulles as súas terras como herdanza. 20 Todo isto pasou durante uns 450 anos.
”Despois deulles xuíces ata o tempo do profeta Samuel. 21 Pero entón pediron un rei e Deus deulles a Saúl, o fillo de Quis, un home da tribo de Benxamín que os gobernou durante 40 anos. 22 Despois quitou a Saúl e puxo a David como rei, de quen dixo: ‘Encontrei en David, o fillo de Xesé, un home que lle agrada ó meu corazón. El fará todo o que eu quero’. 23 E da descendencia deste home, Deus trouxo un salvador a Israel, Xesús, tal como prometera. 24 Antes de que el chegase, Xoán predicáralle a todo o pobo de Israel anunciando que tiñan que bautizarse para demostrar que estaban arrepentidos. 25 Pero cando Xoán estaba acabando o seu labor*, dicía: ‘Quen pensades que son? Eu non son el. Mirade! Detrás de min vén un ó que nin sequera merezo desatarlle as sandalias’.
26 ”Irmáns, descendentes da familia de Abrahán e tódolos demais que temedes a Deus, esta mensaxe de salvación envióusenos a nós. 27 É certo que os habitantes de Xerusalén e os seus gobernantes non recoñeceron este salvador, pero cando o xulgaron, cumpriron as palabras dos Profetas que se len en voz alta tódolos sábados. 28 Aínda que non encontraron ningunha razón para matalo, pedíronlle a Pilato que o executase. 29 Cando cumpriron todo o que estaba escrito sobre el, baixárono do madeiro* e puxérono nunha tumba*. 30 Pero Deus resucitouno* de entre os mortos 31 e Xesús aparecéuselles durante moitos días ós que subiran con el de Galilea a Xerusalén. Agora eles son as súas testemuñas diante do pobo*.
32 ”Así que nós estámosvos anunciando as boas noticias da promesa que Deus lles fixo ós nosos antepasados. 33 El cumpriuna ata o último detalle para nós, que somos os seus fillos, ó resucitar a Xesús. É tal como está escrito no segundo salmo: ‘Ti es o meu fillo, e eu hoxe cheguei a ser o teu pai’. 34 Deus declarou que o resucitaría de entre os mortos, e que nunca máis tería un corpo que puidese morrer ou descompoñerse. Díxoo desta maneira: ‘Dareivos as mostras de amor leal que lle prometín a David, e pódese confiar nelas*’. 35 E tamén se di noutro salmo: ‘Non permitirás que o corpo do teu servo leal se descompoña’. 36 David serviu a Deus durante toda a súa vida, morreu*, foi enterrado cos seus antepasados e o seu corpo si que se descompuxo. 37 Pero o corpo daquel a quen Deus resucitou* non se descompuxo.
38 ”Así que, irmáns, estámosvos anunciando que o perdón dos pecados só é posible mediante Xesús. 39 Non se vos podía declarar inocentes mediante a Lei de Moisés pero, grazas á morte deste home, Deus declara inocente a todo o que cre nel*. 40 Por iso, tede coidado para que non vos pase o que se di nos Profetas*: 41 ‘Vós, os que vos burlades, verédelo, ídesvos sorprender e entón morreredes. Porque estou facendo algo nos vosos días que non ides crer aínda que alguén volo explique en detalle’”.
42 Cando Paulo e Bernabé estaban saíndo, a xente suplicoulles que seguisen falando destas cousas o sábado seguinte. 43 Ó terminar a reunión na sinagoga, moitos xudeus e prosélitos* que adoraban a Deus seguiron a Paulo e a Bernabé, que falaron con eles e animáronos a seguir sendo dignos de recibir a bondade inmerecida de Deus.
44 O sábado seguinte xuntouse case toda a cidade para escoitar a palabra de Xehová*. 45 Cando os xudeus viron toda aquela xente, puxéronse celosos e empezaron a contradicir a Paulo e a blasfemar contra o que dicía. 46 Entón Paulo e Bernabé dixéronlles con valor: “Primeiro, había que predicarvos a palabra de Deus a vós. Pero como a rechazastes e pensades que non merecedes a vida eterna, ímoslles predicar ós que non son xudeus. 47 Iso foi o que nos mandou Xehová* cando dixo: ‘Escollinte como luz das nacións para que leves a salvación ata as partes máis distantes da terra*’”.
48 Cando os que eran das nacións oíron isto, alegráronse e empezaron a darlle gloria á palabra de Xehová*. E tódolos que tiñan a actitude correcta para obter vida eterna fixéronse crentes. 49 De feito, a palabra de Xehová* estendeuse por toda aquela rexión. 50 Pero os xudeus revolucionaron as mulleres influentes que temían a Deus e os homes importantes da cidade. Iso provocou unha persecución contra Paulo e Bernabé, e botáronos do seu territorio. 51 Así que eles sacudiron o po dos pés* e marcharon para Iconio. 52 E os discípulos seguíronse enchendo de espírito santo e de alegría.
14 En Iconio, entraron xuntos na sinagoga dos xudeus e falaron de tal maneira que se fixeron crentes moitísimos xudeus e gregos. 2 Pero os xudeus que non creron revolucionaron a xente das nacións e puxéronos en contra dos irmáns. 3 Así que pasaron bastante tempo falando con valor grazas á autoridade que lles daba Xehová*. El permitíalles facer milagres* e cousas impresionantes, e así confirmaba a* mensaxe da súa bondade inmerecida. 4 Pero a xente da cidade dividiuse: uns estaban a favor dos xudeus e outros a favor dos apóstolos. 5 Entón, a xente das nacións tramou un plan cos xudeus e cos seus gobernantes para maltratar a Paulo e Bernabé e matalos a pedradas. 6 Pero cando eles o souberon, escaparon a Listra e a Derbe (que son cidades de Licaonia) e ós seus arredores. 7 E alí seguiron predicando as boas noticias.
8 En Listra había un home sentado que nacera impedido dos pés e nunca puidera camiñar. 9 El estaba escoitando falar a Paulo. Entón Paulo mirouno fixamente e, como viu que tiña fe e cría que podía ser curado, 10 díxolle con voz forte: “Ponte de pé!”. E o home levantouse dun salto e empezou a andar. 11 Cando as multitudes viron o que Paulo fixera, gritaron no idioma que falaba a xente de Licaonia*: “Os deuses baixaron onda nós en forma humana!”. 12 Así que empezaron a chamarlle Zeus* a Bernabé e Hermes* a Paulo, porque el era o que falaba a maioría das veces. 13 O templo de Zeus estaba na entrada da cidade. Entón o sacerdote dese templo trouxo coroas de flores e touros ata as portas da cidade porque quería facerlles sacrificios xunto coa xente.
14 Pero cando os apóstolos Bernabé e Paulo oíron iso, racharon a súa roupa, metéronse correndo entre a xente e berraron: 15 “Por que facedes isto? Nós tamén somos humanos e temos as mesmas debilidades ca vós. Estámosvos predicando as boas noticias para que deixedes de adorar estas cousas inútiles e adoredes o Deus vivo, o que fixo o ceo, a terra, o mar e tódalas cousas que hai neles. 16 No pasado, el permitiu que cada nación fixese o que quería, 17 pero non deixou de demostrarvos quen é* facendo cousas boas. Deuvos chuvias do ceo, colleitas abundantes, suficiente comida e encheu os vosos corazóns de alegría”. 18 E aínda que lles dixeron todo isto, Paulo e Bernabé case non conseguen impedir que a xente lles fixese sacrificios.
19 Entón chegaron uns xudeus de Antioquía e de Iconio e convenceron as multitudes para que fosen en contra de Paulo. Así que se puxeron a tirarlle pedras e arrastrárono fóra da cidade pensando que estaba morto. 20 Pero cando os discípulos se xuntaron arredor del, levantouse e entrou na cidade. Ó día seguinte, marchou con Bernabé para Derbe. 21 Despois de predicar as boas noticias naquela cidade e de facer moitos discípulos, volveron a Listra, Iconio e Antioquía. 22 Alí fortaleceron os discípulos e animáronos a manterse na fe, dicíndolles: “Temos que pasar por moitas dificultades antes de entrar no Reino de Deus”. 23 Ademais, nomearon anciáns en cada congregación, orando e facendo xaxún*, e deixáronos nas mans de Xehová*, en quen chegaran a crer.
24 Entón cruzaron Pisidia e entraron en Panfilia 25 e, despois de predicar a palabra de Deus en Perga, baixaron a Atalia. 26 Desde alí, embarcaron para Antioquía. Os irmáns de Antioquía pedíranlle a Deus que coidase a Paulo e Bernabé e lles demostrase a súa bondade inmerecida para que puidesen facer a obra que acababan de completar.
27 Cando chegaron e xuntaron os irmáns da congregación, contáronlles tódalas cousas que Deus fixera mediante eles. Tamén lles contaron que el abrira o camiño para que os que non eran xudeus puidesen crer nel*. 28 Así que quedaron bastante tempo cos discípulos.
15 Entón uns homes baixaron de Xudea e puxéronse a ensinarlles ós irmáns: “Se non vos circuncidades de acordo coa Lei de Moisés, non poderedes salvarvos”. 2 Pero Paulo e Bernabé non estaban de acordo con eles. Así que, despois de moito discutir, fixéronse plans para que Paulo, Bernabé e algúns irmáns subisen a Xerusalén para falar deste asunto cos apóstolos e cos anciáns.
3 A congregación acompañounos durante unha parte do camiño. Despois, eles seguiron a viaxe e pasaron por Fenicia e Samaria. Tódolos irmáns alegrábanse moitísimo cando lles contaban en detalle como as persoas das nacións se facían crentes*. 4 Cando chegaron a Xerusalén, a congregación, os apóstolos e os anciáns recibíronos amablemente, e eles contáronlles tódalas cousas que Deus fixera mediante eles. 5 Pero algúns membros do grupo* dos fariseos que se fixeran crentes levantáronse dos seus asentos e dixeron: “Hai que circuncidalos e mandarlles que obedezan a Lei de Moisés”.
6 Entón, os apóstolos e os anciáns reuníronse para tratar este asunto. 7 Despois dunha intensa e longa discusión, Pedro levantouse e díxolles: “Irmáns, como xa sabedes, Deus escolleume de entre todos vós desde o principio para que a xente das nacións escoitase da miña boca a mensaxe das boas noticias e crese. 8 E Deus, que coñece os corazóns, demostrou que os aceptaba dándolles o espírito santo, igual que nolo deu a nós. 9 El non fixo ningunha diferenza entre eles e nós. En vez diso, purificou os seus corazóns pola fe que tiñan. 10 Entón, por que poñedes a proba a Deus obrigando a estes discípulos a levar no pescozo un xugo que nin os nosos antepasados nin nós puidemos levar? 11 Máis ben, nós temos fe en que se nos salva mediante a bondade inmerecida do Señor Xesús, igual que a eles”.
12 Cando oíron isto, todos quedaron calados e puxéronse a escoitar a Bernabé e a Paulo. Eles contáronlles tódolos milagres* e cousas impresionantes que Deus fixera mediante eles entre a xente das nacións. 13 Cando acabaron de falar, Santiago dixo: “Irmáns, escoitádeme. 14 Simeón contounos con todo detalle como foi a primeira vez que Deus se fixou nas nacións para sacar de entre elas un pobo para o seu nome. 15 Isto está de acordo co que escribiron os Profetas: 16 ‘Despois destas cousas volverei e levantarei outra vez a tenda* de David que está caída. Reconstruirei as súas ruínas e restaurareina, 17 para que os que queden busquen a Xehová* con tódalas súas forzas xunto con xente de tódalas nacións, persoas ás que se lles chama polo meu nome. Isto é o que di Xehová*, quen está cumprindo estas cousas 18 que se saben desde hai moito tempo’. 19 Por iso, eu opino* que non hai que poñerlle obstáculos á xente das nacións que quere servir a Deus. 20 En vez diso, hai que escribirlles que se absteñan de cousas contaminadas polos ídolos, de inmoralidade sexual*, de animais estrangulados* e de sangue. 21 Porque desde tempos antigos houbo persoas que predicaron sobre Moisés en cada cidade. De feito, as cousas que el escribiu lense tódolos sábados en voz alta nas sinagogas”.
22 Así que os apóstolos e os anciáns, xunto con toda a congregación, decidiron escoller algúns homes de entre eles e mandalos a Antioquía con Paulo e Bernabé. Enviaron a Xudas, a quen tamén lle chamaban Barsabás, e a Silas, que eran homes con grandes responsabilidades entre os irmáns. 23 Isto foi o que escribiron e mandaron mediante eles:
“De parte dos vosos irmáns, tanto dos apóstolos como dos anciáns, ós irmáns de Antioquía, Siria e Cilicia que son das nacións: Saúdos! 24 Chegou ós nosos oídos que algúns irmáns de aquí foron onda vós sen que nós lles mandásemos, e que vos causaron problemas co que dixeron e intentaron confundirvos. 25 Así que decidimos de maneira unánime escoller algúns homes e mandárvolos cos nosos queridos Bernabé e Paulo. 26 Os dous renunciaron ás súas vidas polo nome do noso Señor Xesucristo. 27 Mandámosvos a Xudas e a Silas para que tamén poidades escoitar estas mesmas cousas da súa boca. 28 Porque mediante o espírito santo chegamos á conclusión de non impoñervos máis cargas, excepto estas cousas necesarias: 29 que vos absteñades de cousas sacrificadas a ídolos, de sangue, de animais estrangulados* e de inmoralidade sexual*. Se evitades por completo estas cousas, iravos ben. Recibide os nosos saúdos!*”.
30 Despois de despedirse, estes homes baixaron a Antioquía. Alí xuntaron a tódolos discípulos e entregáronlles a carta. 31 Cando a leron, puxéronse moi contentos polo ánimo que recibiron. 32 E como Xudas e Silas tamén eran profetas, animaron e fortaleceron os irmáns con moitos discursos. 33 Despois de pasar un tempo alí, os irmáns desexáronlles que tivesen boa viaxe e eles volveron a Xerusalén. 34 —* 35 Pero Paulo e Bernabé quedaron en Antioquía ensinando e predicando con moitos outros as boas noticias da palabra de Xehová*.
36 Uns días despois, Paulo díxolle a Bernabé: “Volvamos* a visitar os irmáns de tódalas cidades onde predicamos a palabra de Xehová* para ver como están”. 37 Bernabé insistía en levar con eles a Xoán, a quen lle chamaban Marcos. 38 Pero Paulo non quería levalo, porque se separara deles en Panfilia e non os acompañara na obra de predicar. 39 Isto provocou unha discusión tan grande que cada un marchou polo seu lado. Bernabé colleu a Marcos e embarcou para Chipre. 40 Paulo escolleu a Silas e, despois de que os irmáns lle pedisen a Xehová* que lles demostrase a súa bondade inmerecida, marchou 41 e pasou por Siria e Cilicia fortalecendo as congregacións.
16 Entón Paulo chegou a Derbe e despois a Listra. Alí había un discípulo que se chamaba Timoteo. Súa nai era unha muller xudía crente, pero seu pai era grego. 2 Os irmáns de Listra e de Iconio falaban moi ben de Timoteo. 3 Paulo dixo que lle gustaría que Timoteo o acompañase. Así que o levou con el e circuncidouno, porque tódolos xudeus daquela rexión sabían que seu pai era grego. 4 Paulo e os que ían con el viaxaban dunha cidade a outra, e transmitíanlles ós irmáns as decisións que tomaran os apóstolos e os anciáns que estaban en Xerusalén para que as obedecesen. 5 Como resultado, as congregacións seguiron medrando cada vez máis e a súa fe foise facendo máis forte.
6 Tamén pasaron por Frixia e pola rexión de Galacia, porque o espírito santo prohibíralles predicar a mensaxe na provincia de Asia. 7 E cando baixaron a Misia, intentaron entrar en Bitinia, pero o espírito de Xesús* non lles deixou. 8 Así que atravesaron Misia e baixaron a Troas. 9 De noite, Paulo tivo unha visión. Nela viu un home de Macedonia* diante del que lle suplicaba: “Ven a Macedonia e axúdanos”. 10 Xusto despois de que el tivese esa visión, intentamos ir a Macedonia porque chegamos á conclusión de que Deus nos estaba dicindo que fósemos alí para anunciar as boas noticias.
11 Así que embarcamos en Troas e fomos directamente a Samotracia. Ó día seguinte, saímos para Neápolis 12 e de alí fomos a Filipos, unha colonia romana que é a cidade principal do distrito de Macedonia. E quedamos alí algúns días. 13 O sábado saímos da cidade e fomos á beira dun río, porque escoitamos que había un sitio no que a xente se reunía para orar. Entón sentámonos e empezamos a falar coas mulleres que se xuntaran alí. 14 Lidia, unha muller da cidade de Tiatira que vendía púrpura* e que adoraba a Deus, estaba escoitando. E Xehová* abriulle o corazón por completo para que estivese atenta ó que Paulo estaba dicindo. 15 Cando ela e os da súa casa se bautizaron, insistiunos: “Se pensades que son fiel a Xehová*, vinde e quedade na miña casa”. E non nos quedou máis remedio que aceptar.
16 Un día, cando iamos ó lugar de oración, encontrámonos cunha criada noviña que estaba posuída por un demo que lle permitía adiviñar o futuro e que lles facía ganar moitos cartos ós seus amos predicindo o futuro. 17 A rapaza empezou a seguirnos a Paulo e a nós, e berraba: “Estes homes son escravos do Deus Altísimo! Estanvos anunciando o camiño da salvación!”. 18 E seguiu facendo isto durante moitos días. Ó final, Paulo cansouse, xirouse e díxolle ó espírito: “No nome de Xesucristo, mándoche que saias dela”. E nese momento, o demo saíu.
19 Pero cando os seus amos viron que xa non ían seguir ganando cartos grazas a ela, colleron a Paulo e a Silas e leváronos a rastro ata a praza do mercado, diante dos gobernantes. 20 Presentáronos diante dos maxistrados* civís e dixeron: “Estes homes están revolucionando moitísimo a cidade. Son xudeus 21 e están ensinando costumes que non se nos permite seguir nin practicar, porque nós somos romanos”. 22 Entón a xente botouse enriba deles. Os maxistrados civís racháronlles a roupa e mandaron que lles pegasen con varas. 23 Despois de darlles unha boa malleira, metéronos na prisión e mandáronlle ó garda que os tivese moi ben vixiados. 24 Como lle deron esa orde, el meteunos no calabozo interior e púxolles os pés no cepo*.
25 Arredor da medianoite, Paulo e Silas estaban orando e cantándolle cancións a Deus para louvalo, e os demais presos escoitábanos. 26 De repente, houbo un terremoto tan grande que sacudiu os cimentos do cárcere. Nese momento, abríronse tódalas portas e soltáronse as cadeas de tódolos presos. 27 Cando o garda despertou, viu que as portas estaban abertas. Como pensaba que os presos escaparan, sacou a súa espada e, cando estaba a punto de matarse, 28 Paulo berrou moi forte: “Non o fagas! Estamos todos aquí!”. 29 Entón o garda pediu algo de luz, entrou correndo e botouse ó chan ós pés de Paulo e Silas, tremendo co medo. 30 Despois levounos para fóra e preguntoulles: “Señores, que teño que facer para salvarme?”. 31 Eles respondéronlle: “Cre no Señor Xesús, e Deus salvarate a ti e os da túa casa”. 32 Entón predicáronlle a palabra de Xehová* a el e a tódolos da súa casa. 33 Aquela mesma noite, o garda levounos con el e lavoulles as feridas. E el e tódolos da súa casa bautizáronse enseguida. 34 Despois fíxoos entrar na súa casa e preparoulles algo de comer. E alegrouse moitísimo con tódolos da súa casa porque agora cría en Deus.
35 Cando se fixo de día, os maxistrados civís enviaron uns oficiais para que lle dixesen ó garda da prisión: “Solta eses homes”. 36 Entón o garda contoullo a Paulo e díxolle: “Os maxistrados civís enviaron uns homes para que vós os dous quededes libres. Así que saíde e marchade en paz”. 37 Pero Paulo dixo: “Aínda que somos romanos, déronnos golpes publicamente sen facernos un xuízo* e metéronnos na prisión. E agora bótannos ás escondidas? Pois non! Que veñan eles mesmos a sacarnos”. 38 Entón os oficiais contáronlles ós maxistrados civís o que el dixera. Cando eles souberon que eran romanos, entroulles o medo. 39 Así que foron a desculparse con eles e, despois de sacalos da prisión, pedíronlles que marchasen da cidade. 40 Pero cando quedaron libres, Paulo e Silas foron á casa de Lidia. Ó ver os irmáns, animáronos e despois marcharon.
17 Entón pasaron por Anfípolis e Apolonia, e chegaron a Tesalónica. Alí había unha sinagoga dos xudeus. 2 Paulo entrou na sinagoga, como tiña por costume, e durante tres sábados razoou con eles usando as Escrituras. 3 Explicáballes e demostráballes co que estaba escrito que o Cristo tiña que sufrir e resucitar* de entre os mortos. Dicíalles: “O Cristo é este Xesús do que vos estou falando”. 4 Debido a isto, algúns deles fixéronse crentes e uníronse a Paulo e a Silas. E un gran grupo de gregos que adoraban a Deus e moitas mulleres importantes tamén fixeron o mesmo.
5 Pero os xudeus, cheos de envexa, xuntaron algúns homes malvados que andaban perdendo o tempo pola praza do mercado e formaron un grupo que revolucionou a cidade. Entón entraron pola forza na casa de Xasón buscando a Paulo e a Silas para entregarllos a esa xente. 6 Como non os encontraron, colleron a Xasón e a algúns irmáns e leváronos a rastro onda os gobernantes da cidade, e berraban: “Eses homes que causaron problemas por toda a terra* tamén están aquí, 7 e Xasón tenos aloxados na súa casa. Todos eles van en contra das leis do César porque din que hai outro rei: Xesús”. 8 Cando a xente e os gobernantes da cidade escoitaron iso, asustáronse. 9 Pero deixaron que Xasón e os demais marchasen despois de facerlles pagar unha fianza.
10 Tan pronto como se fixo de noite, os irmáns enviaron a Paulo e a Silas a Berea. Cando chegaron alí, foron á sinagoga dos xudeus. 11 Os xudeus de Berea estaban máis dispostos a aprender* que os de Tesalónica, porque aceptaron a palabra de Deus con moitísimas ganas e analizaban* con coidado as Escrituras tódolos días para ver se estas cousas eran tal como lles dicían. 12 Por iso, moitos deles fixéronse crentes. Ademais, moitas mulleres gregas respectables e algúns homes tamén fixeron o mesmo. 13 Pero cando os xudeus de Tesalónica souberon que Paulo tamén estaba anunciando a palabra de Deus en Berea, foron alá para provocar e revolucionar as multitudes. 14 Así que os irmáns mandaron inmediatamente a Paulo cara á costa, pero Silas e Timoteo quedaron alí. 15 Os que acompañaban a Paulo levárono ata Atenas. Entón el díxolles que volvesen e que lles pedisen a Silas e a Timoteo que se reunisen con el canto antes.
16 Mentres Paulo os esperaba en Atenas, indignouse moito ó ver que a cidade estaba chea de ídolos. 17 Así que foi á sinagoga e púxose a razoar cos xudeus e con outras persoas que adoraban a Deus. E facía o mesmo tódolos días na praza do mercado cos que andaban por alí. 18 Pero algúns filósofos dos epicúreos* e dos estoicos* empezaron a discutir con el. Uns preguntaban: “Que quererá dicir este charlatán?”. Outros dicían: “Parece que é un predicador de deuses estranxeiros”. Dicíano porque Paulo predicaba as boas noticias de Xesús e da resurrección. 19 Entón agarrárono, levárono ó Areópago* e preguntáronlle: “Pódesnos explicar cal é esa nova ensinanza da que falas? 20 Porque estás falando de cousas que nunca escoitamos e queremos saber o que significan”. 21 De feito, no seu tempo libre, tódolos atenienses e os estranxeiros que había* alí non facían nada máis que contar ou escoitar cousas novas. 22 Paulo púxose de pé no medio do Areópago e dixo:
“Homes de Atenas, vexo que en tódalas cousas parece que lles tedes máis devoción ós deuses* que outras persoas. 23 Por exemplo, mentres ía camiñando e observaba con atención os obxectos que adorades, incluso encontrei un altar que tiña a seguinte inscrición: ‘A un Deus Descoñecido’. Pois eu estouvos falando dese Deus ó que adorades sen coñecelo. 24 O Deus que fixo o mundo e tódalas cousas que hai nel é Señor do ceo e da terra, e non vive en templos feitos por homes. 25 El non necesita que as mans das persoas o sirvan, porque el non ten falta de nada. De feito, é el quen lles dá a todos vida, alento e tódalas cousas. 26 Creou tódalas nacións a partir dun só home para que vivisen por toda a superficie da terra. Estableceu os tempos fixados e marcou os límites dentro dos que vivirían as persoas. 27 Fíxoo para que a xente o buscase e o encontrase, aínda que fose ás apalpadas*. De feito, el non está moi lonxe de cada un de nós. 28 Por el temos vida, movémonos e existimos. Como dixeron algúns dos vosos poetas: ‘Nós tamén somos fillos seus’.
29 ”Así que, xa que somos fillos de Deus, non debemos pensar que Deus* é coma o ouro, a prata ou a pedra, nin coma as esculturas que as persoas fan grazas á súa imaxinación e arte. 30 É certo que Deus non tivo en conta eses tempos nos que a xente non o coñecía, pero agora estalles dicindo a tódalas persoas en todas partes que se arrepintan. 31 Porque marcou un día no que se propón xulgar a terra* con xustiza mediante un home ó que nomeou. E el deulles a todos unha garantía ó resucitar a este home de entre os mortos”.
32 Cando oíron falar da resurrección dos mortos, algúns empezaron a burlarse, pero outros dixeron: “Vólvenos a falar deste tema noutro momento”. 33 Así que Paulo marchou. 34 Pero algúns uníronse a el e fixéronse crentes. Entre eles estaban Dionisio, que era xuíz do tribunal do Areópago, e unha muller que se chamaba Dámaris, ademais doutros.
18 Despois, Paulo marchou de Atenas e foi para Corinto. 2 Alí encontrou a Áquila, un xudeu que nacera na rexión do Ponto. Había pouco que chegara de Italia coa súa muller Priscila, porque o emperador Claudio mandara que tódolos xudeus marchasen de Roma. Así que Paulo foinos ver 3 e, como tiñan o mesmo oficio, quedou na súa casa e empezou a traballar con eles. Dedicábanse a facer tendas de campaña. 4 Tódolos sábados Paulo daba un discurso* na sinagoga e convencía tanto a xudeus como a gregos.
5 Cando Silas e Timoteo baixaron de Macedonia, Paulo dedicouse por completo a ensinar a palabra de Deus e demostráballes ós xudeus que Xesús é o Cristo. 6 Pero como non deixaban de poñerse en contra del e de insultalo, sacudiu o po da súa roupa e díxolles: “Sodes responsables da vosa propia morte*. Eu non teño culpa. A partir de agora irei onda a xente das nacións”. 7 Así que saíu da sinagoga e entrou na casa de Ticio Xusto, un home que adoraba a Deus e que vivía ó ladiño da sinagoga. 8 Crispo, o presidente da sinagoga, e tódolos da súa casa creron no Señor. E moitos corintios que escoitaron a mensaxe tamén empezaron a crer e bautizáronse. 9 Ademais, unha noite, o Señor Xesús díxolle a Paulo nunha visión: “Non teñas medo. Ti sigue falando e non quedes calado, 10 porque eu estou contigo e ninguén te atacará para facerche mal. Porque teño moita xente nesta cidade”. 11 Así que quedou alí un ano e seis meses ensinándolles a palabra de Deus.
12 Mentres Galión era procónsul* de Acaia, os xudeus puxéronse de acordo para atacar a Paulo e levárono diante do tribunal. 13 Dicían: “Este home está convencendo a xente para que adore a Deus dunha maneira que vai en contra da lei”. 14 Cando Paulo estaba a punto de falar, Galión díxolles ós xudeus: “Se de verdade isto fose unha inxustiza ou un delito grave, tería razóns para escoitarvos con paciencia. 15 Pero se se trata de cuestións de palabras, de persoas e da vosa propia lei, é cousa vosa. Eu non quero xulgar estes asuntos”. 16 Entón botounos do tribunal. 17 Así que todos colleron a Sóstenes, o presidente da sinagoga, e empezaron a pegarlle en fronte do tribunal. Pero Galión non quixo meterse no asunto.
18 Paulo quedou alí bastantes días. Despois, despediuse dos irmáns e embarcou para Siria con Priscila e Áquila. En Céncreas cortou o pelo porque fixera un voto*. 19 Cando chegaron a Éfeso, deixounos alí, pero el entrou na sinagoga e púxose a razoar cos xudeus. 20 Aínda que lle pediron que quedase alí máis tempo, el non aceptou. 21 En vez diso, despediuse deles e díxolles: “Se Xehová* quere, volverei a visitarvos”. Despois embarcou en Éfeso 22 e baixou a Cesarea. Entón subiu*, saudou a congregación e baixou a Antioquía.
23 Pasou algún tempo alí, e despois marchou e viaxou dun lugar a outro por toda a rexión de Galacia e Frixia fortalecendo a tódolos discípulos.
24 Apolos, un xudeu que nacera en Alexandría, chegou a Éfeso. Era un home que falaba con moita habilidade e que coñecía moi ben as Escrituras. 25 A el ensináranlle o camiño de Xehová*. Grazas ó espírito santo, estaba cheo de entusiasmo, e falaba e ensinaba con exactitude acerca de Xesús, pero só coñecía o bautismo de Xoán. 26 Apolos empezou a falar con valor na sinagoga pero, cando Priscila e Áquila o escoitaron, explicáronlle en privado o camiño de Deus con máis exactitude. 27 Ademais, como el quería ir a Acaia, os irmáns de Éfeso escribíronlles ós discípulos de alí para pedirlles que o recibisen con amabilidade. Cando chegou a Acaia, axudoulles moito ós que se fixeran crentes grazas á bondade inmerecida de Deus, 28 porque lles demostrou coas Escrituras que Xesús é o Cristo. Así probou en público e con moito entusiasmo que os xudeus estaban equivocados.
19 Mentres Apolos estaba en Corinto, Paulo pasou polas rexións do interior e baixou a Éfeso. Alí encontrou algúns discípulos 2 e preguntoulles: “Recibistes espírito santo cando vos fixestes crentes?”. Eles contestáronlle: “Nunca oímos falar do espírito santo”. 3 El díxolles: “Entón, que bautismo recibistes?”. Eles respondéronlle: “O bautismo de Xoán”. 4 E Paulo díxolles: “O bautismo de Xoán era un sinal de arrepentimento, e el dicíalle á xente que crese naquel que viría despois del, é dicir, en Xesús”. 5 Ó escoitar isto, bautizáronse no nome do Señor Xesús. 6 Cando Paulo lles impuxo as mans*, recibiron espírito santo e empezaron a falar en diferentes idiomas e a profetizar. 7 En total, eran uns 12 homes.
8 Durante tres meses, Paulo estivo indo á sinagoga. Alí falaba con valor e daba discursos e razoamentos convincentes sobre o Reino de Deus. 9 Pero algúns foron cabezóns e negáronse a crer, e empezaron a falar mal do Camiño* diante da xente. Por iso, Paulo separouse deles e levou con el os discípulos. E daba discursos tódolos días no auditorio da escola de Tirano. 10 Como seguiu facendo isto por dous anos, tódolos que vivían na provincia de Asia, tanto xudeus coma gregos, escoitaron a palabra do Señor.
11 E Deus seguiu facendo milagres extraordinarios mediante Paulo. 12 Incluso collían panos e mandís que tocaran o corpo de Paulo e levábanllelos ós enfermos. Entón os enfermos quedaban curados e os demos saían deles. 13 Pero algúns xudeus que ían dun sitio para outro botando fóra os demos tamén intentaron usar o nome do Señor Xesús cos que estaban posuídos polos malos espíritos. Dicían: “No nome de Xesús, sobre quen Paulo predica, mándovos que saiades”. 14 Isto é o que facían sete fillos dun sacerdote principal xudeu que se chamaba Esceva. 15 Pero un demo respondeulles: “Coñezo a Xesús e sei quen é Paulo. Pero, vós quen sodes?”. 16 Entón, o home que estaba posuído por aquel demo botouse enriba deles e puido con todos, un detrás doutro. E eles fuxiron daquela casa espidos e feridos. 17 Tódolos que vivían en Éfeso, tanto os xudeus coma os gregos, souberon o que pasara. Así que, enchéronse de temor de Deus* e o nome do Señor Xesús seguiu recibindo honra. 18 E moitos dos que se fixeran crentes ían onda os discípulos para confesar e explicar abertamente as súas prácticas. 19 De feito, moitos dos que practicaran maxia xuntaron os seus libros e queimáronos diante de todos. Cando botaron contas, en total valían 50.000 moedas de prata. 20 Así, a palabra de Xehová* seguiuse estendendo e collendo forza.
21 Despois de todo isto, Paulo decidiu que viaxaría a Xerusalén despois de pasar por Macedonia e Acaia. Ademais dixo: “Despois de ir a Xerusalén tamén teño que ir a Roma”. 22 Entón enviou a Macedonia a dous dos seus axudantes: Timoteo e Erasto. Pero el quedou un tempo na provincia de Asia.
23 Por aqueles días, houbo uns disturbios moi grandes debido ó Camiño*. 24 Resulta que había un home que se chamaba Demetrio, un artesán que traballaba a prata e facía réplicas en miniatura do templo de Ártemis. El facía que os demais artesáns ganasen moitos cartos. 25 Entón xuntou eses artesáns e tamén a outros que traballaban en cousas parecidas, e díxolles: “Compañeiros, sabedes ben que os cartos que ganamos dependen deste negocio. 26 E agora vedes e escoitades que este Paulo convenceu a moita xente, non só aquí en Éfeso, senón en case toda a provincia de Asia. Fixo que cambiasen de opinión dicindo que os deuses que se fan á man non son deuses de verdade. 27 De feito, non só existe o perigo de que o noso negocio perda a súa boa reputación, senón tamén de que se lle quite todo o seu valor ó templo da gran deusa Ártemis. A ela adórana en toda a provincia de Asia e por toda a terra*, e vanlle quitar a súa grandeza”. 28 Ó escoitar isto, os homes puxéronse furiosos e empezaron a berrar: “Viva a grande Ártemis dos efesios!”.
29 Así que toda a cidade converteuse nun caos. Entón, entraron correndo todos xuntos no teatro levando a rastro a Gaio e a Aristarco, dous macedonios que eran compañeiros de viaxe de Paulo. 30 Paulo quería entrar para falar coa xente, pero os discípulos non lle deixaron. 31 Algúns dos homes importantes que organizaban festas e xogos públicos, e que se levaban ben con el, incluso lle enviaron unha mensaxe e lle suplicaron que non se arriscase a ir ó teatro. 32 Mentres tanto, uns berraban unha cousa e outros outra, porque a xente que se reunira naquela asemblea estaba confusa e a maioría nin sequera sabía para que se xuntaran. 33 Entón sacaron da multitude un home que se chamaba Alexandre, a quen os xudeus estaban empuxando cara adiante. El fixo xestos coa man porque quería darlle unha explicación ó pobo. 34 Pero cando se deron conta de que era xudeu, puxéronse todos a berrar ó mesmo tempo, e estiveron dúas horas dicindo: “Viva a grande Ártemis dos efesios!”.
35 Ó final, o administrador da cidade conseguiu calmar a multitude e dixo: “Efesios, credes que de verdade hai alguén que non saiba que a cidade de Éfeso é a garda do templo da grande Ártemis e da imaxe que caeu do ceo? 36 Ninguén o pode negar, así que calmádevos e non vos precipitedes. 37 Porque estes homes que trouxestes aquí non son ladróns de templos nin blasfemaron contra a nosa deusa. 38 Por iso, se Demetrio e os artesáns que están con el queren acusar a alguén, para iso están os procónsules* e para iso están os días nos que se reúnen os tribunais. Que presenten alí as acusacións que teñen uns contra outros. 39 Pero se estades buscando algo máis ca iso, este asunto ten que resolverse nunha asemblea oficial. 40 Porque non hai ningunha razón que xustifique este alboroto, e corremos o perigo de que se nos acuse de sedición polo que está pasando hoxe”. 41 Despois de dicir isto, disolveu a asemblea.
20 Cando todo se calmou, Paulo mandou chamar os discípulos. Animounos, despediuse deles e marchou para Macedonia. 2 Despois de pasar por aquelas rexións e de darlles moito ánimo ós discípulos que había naquela zona, chegou a Grecia. 3 Pasou tres meses alí. Pero cando estaba a punto de embarcarse para Siria, os xudeus tramaron unha conspiración contra el, así que decidiu volver por Macedonia. 4 Ían con el Sópater o fillo de Pirro, de Berea; Aristarco e Segundo, de Tesalónica; Gaio, de Derbe; Timoteo e, da provincia de Asia, Tíquico e Trófimo. 5 Eles foron diante de nós e esperáronnos en Troas. 6 Nós embarcamos en Filipos despois da Festa dos Pans Sen Fermento e ós cinco días alcanzámolos en Troas. Alí pasamos sete días.
7 O primeiro día da semana, cando estabamos reunidos para comer, Paulo empezou a falar con tódolos que estaban alí, porque ía marchar ó día seguinte. O seu discurso durou ata medianoite, 8 e por iso había moitas lámpadas no cuarto de arriba onde estabamos reunidos. 9 Un rapaz que se chamaba Eutico estaba sentado na ventá e, mentres Paulo falaba, quedou profundamente durmido e caeu desde o terceiro piso. Cando foron onda el, estaba morto. 10 Pero Paulo baixou, púxose enriba del, abrazouno e dixo: “Tranquilos, o rapaz está vivo”. 11 Despois Paulo volveu a subir, partiu o pan e empezou a comer. Entón seguiu falando bastante tempo, ata que se fixo de día, e marchou. 12 A xente levou o rapaz para a casa e sentíronse moi felices porque fora resucitado.
13 Nós collemos o barco e navegamos rumbo a Assos. Alí quedaramos en recoller a Paulo, tal e como nos dixera, porque el quería ir ata alí a pé. 14 Cando Paulo se encontrou con nós en Assos, subiu ó barco e fomos a Mitilene. 15 Ó día seguinte marchamos de alí e paramos á altura da illa de Quíos. Ó outro día fixemos unha parada breve en Samos e, ó seguinte, chegamos a Mileto. 16 Paulo decidira non parar en Éfeso para non pasar máis tempo na provincia de Asia, porque tiña présa por chegar a Xerusalén. Quería intentar estar alí para o día da Festa de Pentecostés.
17 Pero mandou unha mensaxe a Éfeso desde Mileto para facer vir os anciáns da congregación. 18 Cando chegaron, Paulo díxolles: “Vós ben sabedes como actuei cando estiven con vós desde o primeiro día que pisei a provincia de Asia. 19 Servín o Señor como escravo con total humildade, e chorei e sufrín probas debido ás conspiracións dos xudeus. 20 Aínda así, non deixei de dicirvos nada que fose para o voso ben nin de ensinarvos en público e de casa en casa. 21 Todo o contrario. Deilles un testemuño completo tanto a xudeus como a gregos para que se arrepentisen, se volvesen a Deus e tivesen fe no noso Señor Xesús. 22 E agora, guiado polo espírito santo, vou para Xerusalén, aínda que non sei o que me vai pasar alí. 23 Só sei que en cada cidade o espírito santo non deixa de avisarme* de que me van meter no cárcere e que vou pasar por dificultades. 24 Pero a miña vida non ten ningún valor para min*, con tal de que acabe a miña carreira e cumpra o ministerio que me deu o Señor Xesús de dar un testemuño completo das boas noticias da bondade inmerecida de Deus.
25 ”Prediqueivos a mensaxe do Reino de Deus, pero agora sei que ningún de vós me vai volver a ver. 26 Por iso vos chamei, para que hoxe sexades testemuñas de que estou limpo do sangue de todo home, 27 porque nunca deixei de anunciarvos toda a vontade* de Deus. 28 Coidádevos vós mesmos e coidade de todo o rabaño. Porque o espírito santo nomeouvos superintendentes* para pastorear a congregación de Deus, que el comprou co sangue do seu propio Fillo. 29 Sei que, cando marche, meteranse entre vós lobos feroces que non tratarán o rabaño con cariño. 30 E que de entre vós sairán homes que dirán cousas retorcidas para arrastrar os discípulos e levalos detrás deles.
31 ”Así que, mantédevos despertos e recordade que durante tres anos, de día e de noite, non deixei de aconsellarvos con lágrimas a cada un de vós. 32 Agora déixovos nas mans de Deus e da mensaxe da súa bondade inmerecida. Esta mensaxe pode facervos fortes* e darvos a herdanza que Deus lles dá ós santos. 33 Non quixen nin prata, nin ouro, nin a roupa de ninguén. 34 Vós sabedes que estas mans traballaron para conseguir o que facía falta para min e para os que me acompañaban. 35 Demostreivos en tódalas cousas que tedes que traballar duro para axudar ós que o necesitan* e que debedes recordar estas palabras que dixo o Señor Xesús: ‘Hai máis felicidade en dar que en recibir’”.
36 E despois de dicir estas cousas, Paulo púxose de xeonllos con todos eles e orou. 37 Entón, todos se puxeron a chorar e empezaron a darlle abrazos e bicos con cariño 38 porque estaban moi tristes, sobre todo polo que dixera de que non volverían a velo. Despois, foron con el ata o barco.
21 Despois de separarnos deles con moita pena, embarcamos e fomos directos para Cos. Ó día seguinte fomos a Rodas, e de alí a Pátara. 2 Cando encontramos un barco que ía para Fenicia, subimos a bordo e saímos para alí. 3 Vimos ó lonxe a illa de Chipre. Deixámola á esquerda* e seguimos navegando cara a Siria. Despois fixemos escala en Tiro, onde o barco tiña que deixar o seu cargamento. 4 Alí buscamos os discípulos e, cando os encontramos, quedamos sete días con eles. Pero, polo que sabían grazas ó espírito santo, dicíanlle seguido a Paulo que non puxese un pé en Xerusalén. 5 Cando pasaron eses días, seguimos a nosa viaxe. Tódolos discípulos, xunto coas mulleres e os nenos, acompañáronnos ata fóra da cidade. Entón puxémonos de xeonllos na praia, oramos 6 e despedímonos. Despois subimos ó barco e eles volveron para as súas casas.
7 Desde Tiro navegamos ata Tolemaida. Alí saudamos os irmáns e quedamos durante un día con eles. 8 Saímos ó día seguinte e chegamos a Cesarea. Fomos á casa de Felipe o evanxelizador, que era un dos sete homes*, e quedamos con el. 9 Felipe tiña catro fillas solteiras* que profetizaban. 10 Despois de botar alí bastantes días, baixou de Xudea un profeta que se chamaba Ágabo. 11 El veu onda nós, colleu o cinto de Paulo, atouse con el os pés e as mans e dixo: “Isto é o que di o espírito santo: ‘Así é como os xudeus van atar o dono deste cinto en Xerusalén, e entregarano nas mans de xente das nacións’”. 12 Cando escoitamos isto, tanto nós coma os demais que estaban alí puxémonos a suplicarlle a Paulo que non subise a Xerusalén. 13 Pero el contestou: “Por que chorades e intentades desanimarme? Podedes estar seguros de que non só estou listo para que me aten, senón tamén para morrer en Xerusalén polo nome do Señor Xesús”. 14 Como non puidemos convencelo, deixamos de insistir* e dixemos: “Que se faga a vontade de Xehová*”.
15 Despois disto, preparámonos e empezamos a viaxe a Xerusalén. 16 Algúns discípulos de Cesarea viñeron con nós e leváronnos á casa de Nasón de Chipre, un dos primeiros discípulos, para aloxarnos alí. 17 Cando chegamos a Xerusalén, os irmáns recibíronnos con alegría. 18 Ó día seguinte, Paulo foi con nós a ver a Santiago, e tamén estaban alí tódolos anciáns. 19 Paulo saudounos e púxose a contarlles en detalle as cousas que Deus fixera entre as nacións mediante o seu ministerio.
20 Cando oíron isto, puxéronse a darlle gloria a Deus e despois dixéronlle a Paulo: “Irmán, sabes que hai moitos miles de crentes que son xudeus e que todos defenden a Lei* con moito entusiasmo. 21 Pero eles escoitaron rumores de que lles estás ensinando a tódolos xudeus que viven entre as nacións que deixen a Lei de* Moisés, porque lles dis que non circunciden os seus fillos nin sigan os costumes establecidos. 22 Entón, que imos facer? Está claro que van saber que chegaches. 23 Así que fai o que che imos dicir. Temos catro homes que están cumprindo un voto* que fixeron. 24 Lévaos contigo, limpádevos cerimonialmente* e págalles os gastos para que poidan afeitar a cabeza. Así todo o mundo saberá que os rumores sobre ti non son certos, porque estás actuando correctamente e tamén estás obedecendo a Lei. 25 E ós crentes que son das nacións, xa lles enviamos por escrito a nosa decisión de que se absteñan de cousas sacrificadas a ídolos, de sangue, de animais estrangulados* e de inmoralidade sexual*”.
26 Ó día seguinte, Paulo colleu estes homes e limpáronse cerimonialmente. Despois entrou no templo para avisar de cando se acabarían os días da limpeza que indica a Lei e de cando se tería que presentar a ofrenda por cada un deles.
27 Cando estaban a punto de acabar os sete días, os xudeus de Asia vírono no templo e revolucionaron toda a multitude. Así que o colleron 28 e puxéronse a berrar: “Homes de Israel, axudádenos! Este é o home que vai por todas partes ensinándolle a todo o mundo cousas que van en contra do noso pobo, en contra da nosa Lei e en contra deste lugar. De feito, incluso meteu gregos no templo e contaminou este lugar santo”. 29 Dicían isto porque viran a Paulo pola cidade de Xerusalén con Trófimo, o efesio, e pensaban que o levara ó templo. 30 Entón, a cidade enteira revolucionouse. A xente chegou correndo ó templo, agarraron a Paulo, levárono a rastro fóra do templo e cerraron as portas inmediatamente. 31 Mentres intentaban matalo, avisouse ó comandante do rexemento de que toda Xerusalén estaba revolucionada. 32 El xuntou enseguida un grupo de soldados e oficiais do exército e baixou correndo onda eles. Cando a xente viu o comandante do exército e os soldados, deixaron de pegarlle a Paulo.
33 Entón o comandante militar acercouse, arrestouno e mandou que lle puxesen dúas cadeas. Despois preguntou quen era e que fixera. 34 Pero algúns da multitude berraban unha cousa e outros outra. Como había tanto barullo non podía aclarar o que pasara de verdade. Así que mandou que levasen a Paulo ó cuartel dos soldados. 35 Pero cando Paulo chegou ás escaleiras, os soldados tiveron que cargar con el pola violencia da multitude. 36 Porque a xente ía detrás deles e berraba: “Matádeo!”.
37 Cando estaban a punto de metelo no cuartel dos soldados, Paulo preguntoulle ó comandante militar: “Podo dicir algo?”. El respondeulle: “Falas grego? 38 E logo ti non es o exipcio que hai un tempo promoveu unha rebelión e levou 4000 sicarios* ó deserto?”. 39 Paulo díxolle: “En realidade son xudeu, cidadán de Tarso, unha cidade moi coñecida de Cilicia. Por iso, déixame falarlle ó pobo, por favor”. 40 Cando lle deu permiso, Paulo púxose de pé nas escaleiras e fíxolle xestos coa man ó pobo para que calase. Entón, houbo un gran silencio e el díxolles en hebreo:
22 “Irmáns e pais, escoitade o que teño que dicirvos na miña defensa”. 2 Cando oíron que lles falaba en hebreo, houbo un silencio aínda máis grande. Entón el seguiu dicindo: 3 “Eu son xudeu. Nacín en Tarso de Cilicia e educoume o propio* Gamaliel nesta cidade. Ensináronme a obedecer estritamente a Lei dos nosos antepasados e fun tan devoto de Deus como sodes vós hoxe. 4 Perseguín a morte ós membros deste Camiño*, atando e metendo en prisión homes e mulleres, 5 tal como poden confirmar* o sumo sacerdote e toda a asemblea de anciáns. Eles déronme cartas para os líderes xudeus de Damasco, e eu fun a esa cidade para arrestar os membros do Camiño que había alí e traelos atados a Xerusalén para que os castigasen.
6 ”Pero durante a viaxe, cando xa estaba chegando a Damasco a iso do mediodía, de repente unha gran luz do ceo empezou a brillar arredor de min. 7 Entón caín ó chan e oín unha voz que me dicía: ‘Saulo, Saulo, por que me estás perseguindo?’. 8 Eu contesteille: ‘Señor, ti quen es?’. E el díxome: ‘Son Xesús o Nazareno, a quen estás perseguindo’. 9 Os homes que ían comigo viron a luz, pero non oíron a voz de quen me falaba. 10 Entón eu preguntei: ‘Señor, que teño que facer?’. El respondeume: ‘Levántate e vai a Damasco. Alí vanche dicir todo o que se decidiu que fagas’. 11 Como non vía nada por culpa do brillo daquela luz, os homes que estaban comigo leváronme da man ata Damasco.
12 ”Entón, un home que se chamaba Ananías, que obedecía fielmente a Lei e de quen falaban moi ben tódolos xudeus que vivían alí, 13 veu onda min, púxose de pé ó meu lado e díxome: ‘Saulo, irmán, recupera a vista!’. E, nese momento, mirei para arriba e puiden velo. 14 El díxome: ‘O Deus dos nosos antepasados escolleute para que coñezas a súa vontade e para que vexas o Xusto e escoites a voz da súa boca. 15 Porque el escolleute para que lles contes a todos as cousas que viches e oíches sobre el*. 16 Entón, a que esperas? Levántate e bautízate, e lava os teus pecados invocando o* seu nome’.
17 ”E resulta que cando volvín a Xerusalén e estaba orando no templo, tiven unha visión. 18 E nela, vin o Señor que me dicía: ‘Apura e sae rápido de Xerusalén, porque aquí a xente non vai aceptar o teu testemuño sobre min’. 19 Entón eu díxenlle: ‘Señor, eles saben ben que eu ía de sinagoga en sinagoga metendo na prisión e dándolles golpes ós que crían en ti. 20 E mentres mataban a Esteban, a túa testemuña, eu estaba alí vixiando os mantos dos que o mataban, e estaba de acordo co que facían’. 21 Pero aínda así, el díxome: ‘Vai, porque te vou enviar a nacións que están lonxe’”.
22 Ata ese momento, a xente estábao escoitando. Pero entón puxéronse a berrar: “Acabade con ese home!* Non merece vivir!”. 23 Como non paraban de berrar e estaban axitando e lanzando os seus mantos e tirando terra ó aire, 24 o comandante militar mandou que metesen a Paulo no cuartel dos soldados. Tamén dixo que o interrogasen dándolle lategazos, porque quería saber exactamente por que a xente pedía a berros que o matasen. 25 Pero cando o estiraron para darlle os lategazos, Paulo díxolle ó oficial do exército que estaba alí: “Permite a lei darlle lategazos a un cidadán romano sen que fose condenado nun xuízo?”. 26 Cando escoitou isto, o oficial do exército foi a contarllo ó comandante militar e díxolle: “Que vas facer? Porque este home é romano”. 27 Así que o comandante militar foi onda Paulo e preguntoulle: “Dime, ti es romano?”. El respondeulle: “Si”. 28 Entón o comandante díxolle: “Eu tiven que pagar moitos cartos para comprar estes dereitos de cidadán”. E Paulo díxolle: “Pois eu téñoos de nacemento”.
29 Inmediatamente, os homes que ían interrogar e torturar a Paulo apartáronse del. E cando o comandante soubo que encadeara un cidadán romano, entroulle o medo.
30 Como quería saber exactamente por que o acusaban os xudeus, ó dia seguinte soltouno e mandou que se reunisen os sacerdotes principais e todo o Sanedrín. Entón fixo que Paulo baixase a onde estaban reunidos e púxoo diante deles.
23 Paulo mirou fixamente cara ó Sanedrín e dixo: “Irmáns, ata o día de hoxe actuei cunha conciencia completamente limpa diante de Deus”. 2 Ó escoitar isto, o sumo sacerdote Ananías mandoulles ós que estaban onda Paulo que lle pegasen na boca. 3 Entón Paulo díxolle: “Deus vaiche pegar a ti, hipócrita!* Séntaste a xulgarme segundo a Lei e ó mesmo tempo vas en contra dela mandando que me peguen. Paréceche que está ben facer iso?”. 4 Os que estaban ó seu lado dixéronlle: “Atréveste a insultar o sumo sacerdote de Deus?”. 5 Paulo respondeulles: “Irmáns, non sabía que era o sumo sacerdote. Porque está escrito: ‘Non insultes a ningún dos gobernantes do teu pobo’”.
6 Como Paulo sabía que no Sanedrín uns eran saduceos e outros fariseos, dixo ben alto: “Irmáns, eu son fariseo, fillo de fariseos. Hoxe estáseme xulgando porque creo na resurrección dos mortos”. 7 Iso fixo que os fariseos e os saduceos se puxesen a discutir e a asemblea dividiuse, 8 porque os saduceos din que non hai resurrección nin anxos nin espíritos, pero os fariseos cren en todas estas cousas. 9 Así que se armou un barullo moi grande. Entón, algúns escribas do grupo dos fariseos levantáronse e empezaron a protestar moi furiosos. Dicían: “Non encontramos nada malo neste home. E se resulta que lle falou un espírito ou un anxo?”. 10 Ó ver que a discusión cada vez ía a máis, o comandante militar tivo medo de que matasen a Paulo. Así que mandou que baixasen os soldados para que o sacasen de alí e o levasen ó cuartel.
11 Pero esa mesma noite, o Señor aparecéuselle a Paulo e díxolle: “Sé valente! Porque, igual que deches testemuño completo de min en Xerusalén, tamén terás que dar testemuño en Roma”.
12 Cando se fixo de día, os xudeus tramaron unha conspiración e fixeron o xuramento* de non comer nin beber ata que matasen a Paulo. 13 Eran máis de 40 homes os que xuraron participar nesta conspiración. 14 Así que foron a ver os sacerdotes principais e os anciáns, e dixéronlles: “Fixemos o xuramento solemne de non comer nada ata que matemos a Paulo. 15 Por iso, falade vós e o Sanedrín co comandante militar para que baixe a Paulo a onde estades vós. E facede coma se quixésedes analizar o seu caso máis a fondo. Nós estaremos preparados para matalo antes de que chegue”.
16 Pero o sobriño* de Paulo soubo da emboscada que estaban planeando. Así que foi ó cuartel dos soldados e contoullo a Paulo. 17 Entón Paulo chamou un oficial do exército e díxolle: “Leva este rapaz onda o comandante militar, porque ten algo que contarlle”. 18 O oficial colleuno e levouno onda o comandante. Díxolle: “O home que temos preso, Paulo, chamoume e pediume que che trouxese este rapaz, porque ten algo que contarche”. 19 O comandante colleu o rapaz da man, levouno a un lado e preguntoulle en privado: “Que tes que dicirme?”. 20 El díxolle: “Os xudeus puxéronse de acordo para pedirche que mañá fagas baixar a Paulo onda o Sanedrín. Van facer coma se quixesen saber máis detalles sobre o seu caso. 21 Pero non te deixes convencer, porque teñen máis de 40 homes preparados para tenderlle unha emboscada. Ademais fixeron o xuramento de non comer nin beber nada ata que o maten. Xa están listos esperando a que autorices o que che pediron”. 22 O comandante deixou ir o rapaz, pero antes mandoulle: “Non lle digas a ninguén que me contaches isto”.
23 Despois chamou dous oficiais do exército e díxolles: “Preparade 200 soldados para saír cara a Cesarea arredor das 9 da noite*. Levade tamén 70 xinetes e 200 lanceiros. 24 E preparade cabalos para levar a Paulo e entregarllo san e salvo ó gobernador Félix”. 25 Entón escribiu unha carta que dicía:
26 “De parte de Claudio Lisias para o excelentísimo gobernador Félix: Saúdos! 27 Os xudeus colleron este home e estaban a punto de matalo. Pero cando souben que era cidadán romano, fun inmediatamente cos meus soldados e rescateino. 28 Despois fíxeno baixar ó seu Sanedrín, porque quería saber por que o acusaban. 29 E descubrín que o acusaban de cousas relacionadas coa súa Lei, pero non era nada que merecese a morte ou a prisión. 30 Entón avisáronme de que hai unha conspiración para matalo. Por iso cho enviei rapidamente e tamén lles mandei ós que o acusan que presenten as súas acusacións diante de ti”.
31 Os soldados obedeceron as súas ordes: colleron a Paulo e levárono de noite a Antípatris. 32 Ó día seguinte, deixaron que os xinetes seguisen a viaxe con Paulo, pero o resto dos soldados volveron ó cuartel. 33 Cando os xinetes entraron en Cesarea, entregáronlle a carta ó gobernador e tamén levaron a Paulo onda el. 34 O gobernador leu a carta e preguntou de que provincia era Paulo, e descubriu que era de Cilicia. 35 Entón o gobernador dixo: “Escoitarei todo o teu caso cando cheguen os que te acusan”. Despois, mandou que o puxesen baixo custodia no palacio de Herodes.
24 Cinco días despois, o sumo sacerdote Ananías baixou con algúns anciáns e cun avogado que se chamaba Tértulo, e presentaron diante do gobernador o seu caso contra Paulo. 2 Cando o chamaron, Tértulo empezou a súa acusación dicindo:
“Sabemos que grazas a ti desfrutamos de moita paz e que se están facendo reformas nesta nación grazas á túa planificación. 3 E recoñecemos estas cousas con inmensa gratitude en todo momento e en todo lugar, excelentísimo Félix. 4 Pero para non quitarche demasiado tempo, suplícoche que nos escoites brevemente con esa amabilidade que é propia de ti. 5 Descubrimos que este home é coma a peste*. Anda promovendo rebelións entre tódolos xudeus por toda a terra* e é un líder da seita dos nazarenos*. 6 Tamén intentou profanar o templo, e por iso o arrestamos. 7 —* 8 Cando ti mesmo o interrogues, xa te darás conta de que tódalas nosas acusacións son certas”.
9 Os xudeus tamén apoiaron esas acusacións e dixeron que todo era verdade. 10 Entón, o gobernador fíxolle un xesto coa cabeza a Paulo para que falase, e el dixo:
“Ben sei que ti es xuíz desta nación desde hai moitos anos. Por iso presento a miña defensa diante de ti de boa gana. 11 Como podes comprobar por ti mesmo, non hai máis de 12 días que subín a Xerusalén para adorar a Deus. 12 E eles non me encontraron discutindo con ninguén no templo nin revolucionando a xente nas sinagogas ou pola cidade. 13 Tampouco che poden demostrar que as acusacións que acaban de facer contra min sexan certas. 14 Pero si que recoñezo que adoro o* Deus dos meus antepasados seguindo o camiño que eles chaman seita*, porque creo en tódalas cousas que están escritas na Lei e en todo o que escribiron os Profetas. 15 Igual que estes homes, confío* en Deus e teño esperanza de que vai haber unha resurrección tanto de xustos coma de inxustos. 16 Por iso sempre me esforzo por seguir tendo a conciencia limpa* diante de Deus e dos homes. 17 Despois de moitos anos, fun a Xerusalén a levar donativos* para axudar á miña nación e a facer ofrendas. 18 Cando me encontraron no templo eu estaba limpo cerimonialmente* facendo estas cousas. Ademais, non estaba con moita xente nin andaba causando problemas. Pero alí había uns xudeus da provincia de Asia. 19 Eles son os que deberían estar aquí presentes diante de ti para acusarme, se é que teñen algo contra min. 20 Ou se non, que os homes que están aquí digan de que delito me consideraron culpable cando estiven diante do Sanedrín. 21 Só me poden acusar dunha cousa: de que mentres estaba alí de pé no medio deles dixen ben alto ‘Hoxe estáseme xulgando porque creo na resurrección dos mortos!’”.
22 Pero Félix, que coñecía bastante ben todo o que tiña que ver con este Camiño*, pospuxo o caso e díxolles a todos: “Cando baixe o comandante militar Lisias tomarei unha decisión sobre o voso caso”. 23 Entón, mandoulle ó oficial do exército que o deixase preso pero que lle dese certa liberdade e que lle permitise á súa xente atendelo.
24 Uns días despois chegou Félix coa súa muller Drusila, que era xudía. El mandou que fosen buscar a Paulo, e Paulo explicoulle o que tiñan que facer as persoas para crer en Cristo Xesús. 25 Pero cando Paulo se puxo a falar da xustiza, do autocontrol e do xuízo que vai vir, Félix asustouse e díxolle: “De momento vaite. Cando poida, volvereite chamar”. 26 Ademais, esperaba que Paulo lle dese cartos, e por iso o mandaba chamar cada vez con máis frecuencia e falaba con el. 27 Dous anos despois, Porcio Festo pasou a ocupar o posto de Félix como gobernador, pero Paulo aínda seguía preso porque Félix quería quedar ben cos xudeus.
25 Tres días despois de chegar á provincia de Xudea e de ocupar o seu posto como gobernador, Festo subiu de Cesarea a Xerusalén. 2 Entón, os sacerdotes principais e os xudeus máis importantes presentaron diante del as súas acusacións contra Paulo. E puxéronse a suplicarlle 3 que lles fixese o favor de mandar que o trouxesen a Xerusalén. Mentres tanto, estaban planeando unha emboscada para matar a Paulo polo camiño. 4 Pero Festo respondeulles que Paulo tiña que quedar preso en Cesarea e que el mesmo estaba a punto de volver para alí. 5 E ademais dixo: “Aqueles de vós que teñades autoridade baixade comigo e presentade as vosas acusacións contra el, se é que de verdade este home fixo algo malo”.
6 Cando levaba uns oito ou dez días con eles, baixou a Cesarea. Ó día seguinte sentouse no tribunal e mandou que lle trouxesen a Paulo. 7 Ó entrar Paulo, os xudeus que baixaran de Xerusalén rodeárono e empezaron a presentar contra el moitas acusacións graves que non podían demostrar.
8 Pero Paulo defendeuse e dixo: “Non cometín ningún pecado nin contra a Lei dos xudeus, nin contra o templo, nin contra César”. 9 Como Festo quería quedar ben cos xudeus, contestoulle a Paulo: “Queres subir a Xerusalén para ser xulgado alí diante de min por estas cousas?”. 10 Pero Paulo díxolle: “Estou diante do tribunal de César e aquí é onde debo ser xulgado. Non fixen nada malo contra os xudeus, como ti mesmo podes ver. 11 Se de verdade son un delincuente e fixen algo polo que mereza morrer, non suplico que se me libre diso. Pero se as acusacións que fixeron estes homes contra min non teñen ningunha base, ninguén ten o dereito de entregarme a eles para facerlles un favor. Apelo a César!”. 12 Despois de falar co seu grupo de conselleiros, Festo respondeulle: “Apelaches a César, así que a César irás”.
13 Uns días despois, o rei Agripa e Berenice chegaron a Cesarea para facerlle unha visita de cortesía a Festo. 14 Como quedaron alí algúns días, Festo presentoulle ó rei o caso de Paulo. Díxolle:
“Teño aquí un home ó que Félix deixou preso. 15 Cando estiven en Xerusalén, os sacerdotes principais e os anciáns dos xudeus presentáronme as acusacións que tiñan contra el e pedíronme que o condenase. 16 Pero eu respondinlles que, segundo a lei romana, non se pode entregar un acusado a ninguén, aínda que sexa por facer un favor, sen antes darlle a oportunidade de defenderse dos cargos diante dos que o acusan. 17 Por iso, en canto chegaron aquí non perdín o tempo e, ó día seguinte, senteime no tribunal e mandei que me trouxesen ese home. 18 Entón, os que o acusaban puxéronse de pé, pero resulta que non o acusaron de ningún dos delitos que eu esperaba. 19 Simplemente non se poñían de acordo sobre algunhas cousas relacionadas coa adoración ó seu Deus* e sobre un tal Xesús, que morreu pero que Paulo aseguraba que estaba vivo. 20 Como eu non sabía como resolver este asunto, pregunteille se quería ir a Xerusalén para ser xulgado alí por estas cousas. 21 Pero como apelou e pediu quedar baixo custodia á espera da decisión de Augusto*, mandei que o deixasen preso ata envialo a César”.
22 Entón Agripa díxolle a Festo: “A min tamén me gustaría escoitar o que di ese home”. Festo contestoulle: “Mañá escoitaralo”. 23 Ó día seguinte, chegaron Agripa e Berenice chamando moito a atención e entraron na sala de audiencias acompañados por comandantes militares e os homes importantes da cidade. Entón Festo deu a orde, e trouxeron a Paulo. 24 Despois dixo: “Rei Agripa e tódolos que estades aquí presentes con nós, mirade para este home. Tanto en Xerusalén como aquí, tódolos xudeus pedíronme a berros que el non siga vivindo. 25 Pero eu deime conta de que non fixera nada polo que merecese morrer. Así que, cando apelou a Augusto, decidín mandalo onda el. 26 Pero non teño nada concreto que escribirlle ó meu Señor* sobre este home. Por iso o presento diante de vós e sobre todo diante de ti, rei Agripa, para que teña algo que escribirlle despois de interrogalo. 27 Porque non me parece lóxico enviar un preso sen indicar os cargos que hai contra el”.
26 Agripa díxolle a Paulo: “Podes presentar a túa defensa”. Entón Paulo fixo un xesto coa man e empezou a falar:
2 “Rei Agripa, estou moi contento de poder defenderme hoxe diante de ti de tódalas cousas das que me acusan os xudeus, 3 sobre todo porque es un experto en tódolos costumes e conflitos dos xudeus. Por iso che suplico que me escoites con paciencia.
4 ”A vida que levei desde que era novo entre a miña xente* e en Xerusalén coñécena ben tódolos xudeus 5 que me coñecen de antes. Se quixesen, poderían testificar que vivín como fariseo de acordo co grupo máis estrito* da nosa relixión. 6 Pero agora estáseme xulgando pola esperanza que teño na promesa que Deus lles fixo ós nosos antepasados. 7 Esta é a mesma promesa que as nosas 12 tribos esperan ver cumprida ó darlle servizo sagrado a Deus día e noite con moito entusiasmo. Pois resulta, oh rei, que os xudeus estanme acusando porque teño esta esperanza.
8 ”Por que vos parece* imposible que Deus resucite* os mortos? 9 Eu mesmo estaba convencido de que tiña que usar tódolos medios posibles para loitar contra o nome de Xesús o Nazareno. 10 Iso foi xusto o que fixen en Xerusalén. Coa autorización dos sacerdotes principais, metín na prisión moitos dos seus discípulos*. E cando os ían executar, eu votaba a favor. 11 Moitas veces ía de sinagoga en sinagoga castigándoos e intentando obrigalos a renunciar á súa fe. Como sentía tanta rabia contra eles, cheguei ó punto de perseguilos incluso en cidades apartadas.
12 ”Por iso fun a Damasco, porque os sacerdotes principais déranme a autoridade e o encargo de facer alí o mesmo. 13 Pero ó mediodía, oh, rei, vin no camiño unha luz do ceo máis brillante que o sol, que nos rodeou a min e ós que ían comigo. 14 Cando todos caemos ó chan, oín unha voz que me dicía en hebreo: ‘Saulo, Saulo, por que me estás perseguindo? Estaslle dando patadas* ó aguillón* e estaste facendo dano a ti mesmo’. 15 Eu pregunteille: ‘Señor, ti quen es?’. E el contestoume: ‘Son Xesús, a quen estás perseguindo. 16 Levántate, ponte de pé. Aparecinme diante de ti para escollerte como servo e como testemuña das cousas que viches e das que che farei ver sobre min. 17 E eu salvareite deste pobo e das nacións, ás que te vou enviar 18 para que lles abras os ollos, para que se volvan da escuridade á luz e da autoridade de Satanás á de Deus. Así, pola súa fe en min, poderán recibir o perdón dos pecados e unha herdanza entre os que son santificados*’.
19 ”Así que, rei Agripa, eu obedecín o que Xesús me mandou nesa visión. 20 Primeiro fun ós de Damasco, despois ós de Xerusalén e a toda a rexión de Xudea, e tamén ás nacións. Leveilles a mensaxe de que se arrepentisen e se volvesen a Deus, e demostrasen con feitos o seu arrepentimento. 21 Por iso os xudeus colléronme no templo e intentaron matarme. 22 Pero, grazas á axuda de Deus, sigo dando testemuño ata o día de hoxe tanto a grandes como a pequenos. Non digo nada que vaia máis alá do que os Profetas e Moisés dixeron que ía pasar: 23 que o Cristo ía sufrir e que el, que sería o primeiro en resucitar de entre os mortos, anunciaría luz a este pobo e ás nacións”.
24 Mentres Paulo dicía estas cousas na súa defensa, Festo berrou: “Toleaches, Paulo! De tanto estudar, fóiseche a cabeza!”. 25 Pero Paulo contestoulle: “Non me volvín tolo, excelentísimo Festo. O que digo é certo e ten sentido. 26 De feito, sei que o rei ó que lle estou falando con tanta franqueza coñece moi ben todas estas cousas. Estou convencido de que nada disto é descoñecido para el, porque ningunha destas cousas se fixo en segredo. 27 Rei Agripa, cres no que din os Profetas*? Eu sei que cres”. 28 Pero Agripa díxolle a Paulo: “Non ías tardar moito en convencerme para que me fixese cristián”. 29 Paulo respondeulle: “Pídolle a Deus que, antes ou despois, non só ti senón tamén tódolos que me están escoitando hoxe cheguen a ser cristiáns coma min, pero sen ter que levar estas cadeas”.
30 Entón o rei púxose de pé, e tamén o gobernador, Berenice e os homes que estaban alí sentados con eles. 31 Mentres ían saíndo, dicíanse uns ós outros: “Este home non fixo nada polo que mereza morrer nin estar preso”. 32 E Agripa díxolle a Festo: “Este home xa podería estar libre se non apelase a César”.
27 Como se decidiu que embarcásemos para Italia, entregaron a Paulo e outros presos en mans dun oficial do exército que se chamaba Xulio, que pertencía ó rexemento de Augusto*. 2 Subimos a un barco da cidade de Adramitio que estaba a punto de saír cara a uns portos da provincia de Asia e empezamos a viaxe. Con nós viña Aristarco, un macedonio de Tesalónica. 3 Ó día seguinte desembarcamos en Sidón. Xulio tratou a Paulo con amabilidade e permitiulle que fose visitar os seus amigos e que eles o coidasen.
4 Saímos desde alí e navegamos cerca da illa de Chipre para protexernos do vento, porque o tiñamos en contra. 5 Despois saímos a mar aberto, pasamos por diante de Cilicia e Panfilia, e fixemos escala en Mira, que está en Licia. 6 Alí, o oficial do exército encontrou un barco de Alexandría que ía para Italia e fíxonos subir a bordo. 7 Despois de navegar amodiño durante bastantes días, chegamos a Cnido con moito traballo. Para protexernos do vento que non nos deixaba avanzar, navegamos cerca de Creta pasando por diante de Salmone. 8 Bordeamos a costa con dificultade e chegamos a un lugar chamado Bos Portos, que estaba cerca da cidade de Lasea.
9 Pasara bastante tempo e xa era perigoso navegar, porque incluso xa fora o xaxún do Día de Expiación*. Así que Paulo advertiulles: 10 “Compañeiros, se seguimos a viaxe, estou vendo que imos ter problemas e perdas graves. Porque non só está en perigo o cargamento e o barco, senón tamén as nosas vidas”. 11 Pero en vez de facer o que dixo Paulo, o oficial do exército fíxolles caso ó que levaba o timón e ó dono do barco. 12 Como o porto non era un bo sitio para pasar o inverno, a maioría propuxo saír de alí para ver se conseguían chegar dalgunha maneira a Fenice, un porto de Creta que se abre cara ó nordeste e cara ó sueste, e pasar alí o inverno.
13 Cando empezou a soprar un ventiño suave do sur, pensaron que poderían conseguir chegar a Fenice. Así que levantaron as áncoras e bordearon Creta navegando cerca da costa. 14 Pero pouco despois, levantouse un vento moi forte chamado euroaquilón*. 15 Como estaba arrastrando o barco con moita forza e non eramos capaces de manter a proa* recta contra o vento, decidimos deixarnos levar por el. 16 Despois, pasamos cerca dunha pequena illa chamada Cauda intentando protexernos do vento. Aínda así, fíxosenos moi difícil controlar o pequeno bote* que levabamos a remolque na popa* do barco, 17 así que o subiron a bordo. Ademais, para reforzar o casco do barco, amarrárono por debaixo cunhas cordas. Como tiñan medo de encallar na Sirte*, recolleron as velas e deixáronse levar. 18 Ó día seguinte, como a tormenta batía con moita forza, empezaron a alixeirar o barco. 19 E ó terceiro día, tiraron ó mar os aparellos do barco.
20 Por moitos días non vimos nin o sol nin as estrelas e, como o temporal era moi forte, empezamos a perder a esperanza de salvarnos. 21 Os que ían a bordo xa levaban moito tempo sen comer. Entón, Paulo púxose de pé no medio deles e díxolles: “Compañeiros, se escoitásedes o meu consello e non saísemos de Creta, agora non teriamos tantos problemas nin perdas. 22 Aínda así, pídovos que sexades valentes, porque ningún de vós vai morrer. Só se vai perder o barco. 23 Esta noite aparecéuseme un anxo do Deus ó que adoro e sirvo, 24 e díxome: ‘Paulo, non teñas medo. Tes que presentarte diante de César. Ademais, Deus salvará a túa vida e a de tódolos que van contigo no barco’. 25 Así que ánimo, compañeiros! Porque confío en Deus e sei que fará exactamente o que me dixo. 26 Pero imos acabar naufragando cerca dalgunha illa”.
27 Xa levabamos 14 noites á deriva polo mar de Adria*. Á medianoite, os mariñeiros empezaron a sospeitar que se estaban acercando a terra. 28 Así que botaron a sonda e viron que había 20 brazas* de profundidade. Despois, avanzaron un pouco máis e volveron a botar a sonda. Agora había 15 brazas*. 29 Como tiñan medo de encallar nas rocas, botaron catro áncoras pola popa e esperaron con ansia a que se fixese de día. 30 Pero os mariñeiros intentaron escapar do barco, e puxéronse a baixar o bote ó mar coa escusa de que ían botar as áncoras pola proa. 31 Entón Paulo díxolles ó oficial do exército e ós soldados: “Se estes homes non quedan no barco, non vos ides poder salvar”. 32 Así que, os soldados cortaron as cordas do bote e deixárono caer ó mar.
33 Cando faltaba pouco para que se fixese de día, Paulo empezou a animar a todos a que comesen algo. Díxolles: “Xa levades 14 días esperando angustiados e non comestes nada. 34 Por iso vos recomendo polo voso propio ben que comades un pouco, porque ningún de vós vai perder nin sequera un pelo da súa cabeza”. 35 Despois de dicir iso, colleu un pan, deulle grazas a Deus diante de todos, partiuno e empezou a comer. 36 Entón todos se animaron e tamén empezaron a comer. 37 En total, eramos 276 persoas* no barco. 38 Comeron ata que xa non tiñan máis fame e despois alixeiraron o barco botando o trigo ó mar.
39 Cando se fixo de día, non sabían onde estaban. Pero viron unha baía na que había unha praia. Entón decidiron intentar varar o barco alí. 40 Así que cortaron as cordas das áncoras e deixáronas caer ó mar. Ó mesmo tempo, afrouxaron as ataduras dos remos que facían de timón, izaron ó vento a vela do trinquete e foron en dirección á praia. 41 Cando chocaron contra un banco de area, a proa do barco encallou e quedou inmóbil, pero a popa empezou a romper en pedazos pola forza das ondas. 42 Entón os soldados decidiron matar os presos para que ninguén escapase nadando. 43 Pero o oficial do exército quería salvar a Paulo, e por iso non lles deixou facelo. Mandoulles ós que sabían nadar que saltasen ó mar e chegasen a terra primeiro, 44 e que os demais fosen detrás agarrados a táboas ou ós restos do barco. Ó final chegaron todos a terra sans e salvos.
28 Cando xa estabamos todos a salvo, soubemos que a illa se chamaba Malta. 2 Os que vivían na illa* tratáronnos con moitísima bondade. Como estaba chovendo e facía frío, fixeron unha fogueira e recibíronnos a todos con amabilidade. 3 Pero cando Paulo xuntou un feixe de paus e os botou ó lume, saíu de alí unha víbora que escapaba da calor. Entón, mordeuno na man e quedoulle enganchada. 4 Cando os habitantes da illa viron a víbora colgando da súa man, empezaron a dicirse uns a outros: “Seguro que este home é un asasino. Porque aínda que se salvou do mar, a Xustiza* non lle deixou vivir”. 5 Pero Paulo sacudiu a man e a víbora caeu no lume, e a el non lle pasou nada malo. 6 Eles contaban con que Paulo empezase a inchar ou morrese de repente. Pero despois de esperar moito tempo e ver que non lle pasaba nada, cambiaron de opinión e empezaron a dicir que era un deus.
7 O home máis importante da illa tiña unhas terras cerca daquel sitio. Chamábase Publio. El deunos a benvida e mostrounos hospitalidade acolléndonos durante tres días. 8 Resulta que seu pai estaba na cama porque tiña febre e disentería*. Entón Paulo foi onda el, orou, puxo as mans enriba del e curouno. 9 Despois disto, os demais enfermos da illa empezaron a ir onda Paulo e el curounos. 10 Tamén nos mostraron o seu respecto facéndonos moitos regalos. E cando iamos embarcar, déronnos todo o que necesitabamos.
11 Despois de botar tres meses na illa, saímos nun barco que tiña un mascarón de proa* dos Fillos de Zeus. O barco era de Alexandría e pasara o inverno na illa. 12 Fixemos unha escala de tres días en Siracusa. 13 Desde alí seguimos adiante e chegamos a Rexio. Un día despois, levantouse un vento do sur e ó segundo día puidemos chegar a Puteoli. 14 Alí encontramos irmáns e suplicáronnos que quedásemos con eles sete días. Despois saímos para Roma. 15 Cando os irmáns de Roma tiveron noticias nosas, viñeron ata as Tres Tabernas para encontrarse con nós, e algúns incluso ata a Praza do Mercado de Apio. Ó velos, Paulo deulle grazas a Deus e animouse moito. 16 Cando por fin chegamos a Roma, a Paulo permitíronlle aloxarse a el só nunha casa, cun soldado que o vixiaba.
17 Pero ós tres días chamou os xudeus máis importantes e, cando estaban todos xuntos, díxolles: “Irmáns, aínda que non fixen nada contra o pobo nin contra os costumes dos nosos antepasados, detivéronme en Xerusalén e entregáronme ós romanos. 18 Despois de interrogarme, quixeron deixarme libre porque non había ningunha base para condenarme á morte. 19 Como os xudeus non estaban de acordo, non me quedou máis remedio que apelar a César, pero non porque tivese algo do que acusar a miña nación. 20 Por iso pedín vervos e falar con vós, porque levo esta cadea debido a aquel por quen Israel estivo esperando”. 21 Entón, eles dixéronlle: “Non recibimos ningunha carta de Xudea sobre ti, nin ningún dos irmáns que chegou de alí nos trouxo noticias nin nos falou mal de ti. 22 Pero parécenos ben oír da túa propia boca o que pensas, porque sabemos que en todas partes se fala mal desta seita* á que pertences”.
23 Así que eles fixeron plans para reunirse un día con el, e o grupo de persoas que foi ó lugar onde el se aloxaba acabou sendo aínda máis grande. Entón, desde a mañá ata a tardiña, Paulo explicoulles o asunto dándolles un testemuño completo do Reino de Deus. E usou a Lei de Moisés e as palabras dos Profetas para intentar convencelos de que cresen en Xesús. 24 Algúns creron o que dicía, pero outros non. 25 Como non se poñían de acordo entre eles, empezaron a marchar. Entón, Paulo fixo un último comentario:
“Con razón o espírito santo lles falou ós vosos antepasados mediante o profeta Isaías 26 e dixo: ‘Vai onda este pobo e dille: “Vós oiredes pero nunca comprenderedes. Miraredes pero nunca entenderedes”. 27 Porque o corazón deste pobo volveuse duro*. Eles oen pero non reaccionan. Taparon os ollos e os oídos, e non ven nin oen nada. Por iso non entenden co corazón o que se lles pide nin se volven a min* nin eu os curo’. 28 Polo tanto, que saibades que esta mensaxe de salvación que vén de Deus tamén se lles anunciou ás nacións. E elas si que a escoitarán”. 29 —*
30 Así que Paulo quedou alí dous anos enteiros, na casa que arrendara. Recibía amablemente a tódolos que o viñan visitar, 31 predicáballes acerca do Reino de Deus e ensináballes sobre o Señor Xesucristo con moitísimo valor* e sen ningún impedimento.
Ou “e non vos corresponde a vós”.
Ver glosario.
Ou “ata os confíns da terra”, “ata os extremos da terra”.
Uns 890 m.
Ver apén. A5.
Ver glosario botar sortes.
Ou “foi considerado coma os”, é dicir, visto igual que os outros 11.
Ver glosario.
Ou “linguas de lume”.
Ver glosario.
Lit. “é a hora terceira do día”.
Ver glosario últimos días.
Lit. “sobre toda carne”.
Lit. “sinais”.
Ver apén. A5.
Ou “que pidan axuda usando”. Ver glosario invocar.
Ver apén. A5.
Ver glosario.
Lit. “que violaban a lei”.
Ou quizais “das cordas”.
Ver apén. A5.
Lit. “A miña carne vivirá”.
Ou “non deixarás a miña alma”. Ver glosario alma.
Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.
Ou “da túa presenza”.
Ou “Hades”. É dicir, o lugar simbólico onde descansan os mortos. Ver glosario tumba.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ou “compartían cousas”.
Ver glosario temor de Deus.
Lit. “sinais”.
Ver apén. A5.
Lit. “á hora novena”.
Ou “para que puidese pedir dádivas de misericordia”.
Ou “nos nocellos”, “nos nortellos”.
Ver glosario Pórtico de Salomón.
Ver glosario Axente Principal.
Lit. “levantouno”.
Ver glosario.
Ou “volvédevos”.
Ver apén. A5.
Ou “O ceo ten que retelo dentro de si”.
Ou “santos”.
Ver apén. A5.
Ou “calquera alma”. Ver glosario alma.
Lit. “levantou”.
Lit. “a cabeza do ángulo”.
Ou “a franqueza”.
É dicir, que non estudaran en escolas rabínicas. Non significa que fosen analfabetos.
Lit. “sinal”.
Lit. “sinal”.
Ou “tramar”, “meditar en”.
Ver apén. A5.
Ou “o seu Cristo”.
Ver apén. A5.
Lit. “sinais”.
Lit. “un só corazón e unha soa alma”. Ver glosario alma.
Ver apén. A5.
Lit. “sinais”.
Ou “que eran da seita”. Ver glosario seita.
Ou “e puxéronos baixo custodia”.
Ver apén. A5.
Ver glosario.
Lit. “a traer sobre nós o sangue dese home”.
Lit. “levantou”.
Ou “nunha árbore”.
Ver glosario.
Ver glosario boas noticias.
Ou “e ó ministerio da palabra”.
Ver glosario impoñer as mans.
Ou “aceptaron a fe”.
Lit. “sinais”.
Ver glosario.
Ver glosario.
Ou quizais “fixo o mesmo con Xacob”.
Lit. “tribulación”.
Ou “que había gran”.
Ou “cartos”.
Ou “arbusto espiñoso”.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Lit. “sinais”.
Lit. “o exército do ceo”.
Ver glosario.
Ver apén. A5.
Ou “cazurros”, “túzaros”.
Lit. “incircuncisos de corazón e de oídos”.
É dicir, os corazóns dos membros do Sanedrín.
Ver glosario Fillo do Home.
Ver apén. A5.
Ou “quedou durmido na morte”.
Ou quizais “a unha cidade”.
Lit. “sinais”.
Ver glosario impoñer as mans.
Ver apén. A5.
Ou “do pecado”.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ou “que era un funcionario (un oficial) da corte”. Ver glosario eunuco.
Ver apén. A3.
Ver apén. A5.
Ver glosario.
Lit. “santos”. Ver glosario santos.
Lit. “atar”.
Ou “confían no”. Ver glosario invocar.
Ou “este home é un instrumento escollido por min”.
Ou “confían no”. Ver glosario invocar.
Lit. “levalos atados”.
Lit. “entrando e saíndo de”.
Ver glosario temor de Deus.
Ver apén. A5.
Lit. “santos”.
Tanto o nome grego Dorcas como o nome arameo Tabita significan “gacela”.
Ou “facía moitas dádivas de misericordia”. Ver glosario dádivas de misericordia.
Lit. “santos”.
Ou “un centurión”, que tiña 100 soldados ó seu cargo.
Ou “a cohorte italiana”, unha unidade do exército romano que tiña 600 soldados.
Ver glosario temor de Deus.
Ou “Facía moitas dádivas de misericordia para o pobo”. Ver glosario dádivas de misericordia.
Lit. “da hora novena do día”.
Lit. “da hora sexta”.
Lit. “certa clase de recipiente”.
Ou “animais que se arrastran”.
Ver glosario.
Ou “purificou”.
Lit. “o recipiente”.
Ou “rendeulle homenaxe”.
Lit. “á hora novena”.
Ver apén. A5.
Ou “non é parcial”.
Ver glosario temor de Deus.
Ou “palabra”.
A palabra grega orixinal é diábolos (calumniador). Ver glosario Demo.
Ou “nunha árbore”.
Lit. “levantouno”.
Lit. “fose levantado”.
Ou “fieis”. Lit. “crentes circuncisos”.
Ver glosario.
Ou “criticalo”.
Ou “Xafa”.
Ou “animais que se arrastran”.
Ou “purificou”.
Ou “para interpoñerme no camiño de Deus”.
Lit. “calaron”.
Refírese á vida eterna.
Ver apén. A5.
Ver glosario.
Ou “terra habitada”.
Ou “un ministerio de socorro”.
Ou “presentalo”.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
É moi probable que se refira ó medio irmán de Xesús.
Ou “tiña ganas de pelexar”.
Ver apén. A5.
Ou “bichos”.
Ver apén. A5.
Ou “tódolos seus labores de socorro”.
Ver apén. A5.
Ver glosario.
Ver glosario impoñer as mans.
Gobernador romano dunha provincia. Ver glosario procónsul.
Este é o Barxesús do versículo 6.
A palabra grega orixinal é diábolos (calumniador).
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ou “con brazo forte”. Lit. “con brazo levantado”.
Ou “a súa carreira”.
Ou “da árbore”.
Ou “tumba conmemorativa”.
Lit. “levantouno”.
Ou “fálanlle del ó pobo”.
Ou “que son fieis”.
Ou “quedou durmido na morte”.
Lit. “levantou”.
É dicir, en Xesús.
Ver glosario.
Ver glosario.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ou “ata os confíns da terra”, “ata os extremos da terra”.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ver Mt 10:14, nota.
Ver apén. A5.
Lit. “sinais”.
Lit. “daba testemuño da”.
Ou “no idioma licaonio”.
Ver glosario.
Ver glosario.
Ou “de dar testemuño de si mesmo”.
Ver glosario.
Ver apén. A5.
Lit. “que el lles abrira ás nacións a porta da fe”.
Ou “se convertían”.
Ou “da seita”. Ver glosario seita.
Lit. “sinais”.
Ou “casa”.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ou “a miña decisión é”.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Ou “de animais mortos que non fosen desangrados”.
Ou “de animais mortos que non fosen desangrados”.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Ou “Que teñades boa saúde!”, “Adeus!”.
Ver apén. A3.
Ver apén. A5.
Ou quizais “Volvamos sen falta”.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
É dicir, o espírito santo que Xesús recibiu de Deus.
Ver glosario.
É posible que vendese roupa e tinta desa cor.
Ver apén. A5.
Ver apén. A5.
Ver glosario.
Ver glosario.
Ver apén. A5.
Ou “sen condenarnos”.
Ou “levantarse”.
Ou “terra habitada”.
Ou “tiñan a mente máis aberta”.
Ou “examinaban”, “investigaban”.
Ver glosario.
Ver glosario.
Ver glosario.
Ou “estaban de visita”.
Ou “sodes máis relixiosos”.
É dicir, utilizando o sentido do tacto para recoñecer algo.
Ou “o Ser Divino”.
Ou “terra habitada”.
Ou “razoaba coa xente”.
Lit. “Que o voso sangue estea sobre as vosas cabezas”.
Gobernador romano dunha provincia. Ver glosario procónsul.
Ver glosario.
Ver apén. A5.
Ó parecer, a Xerusalén.
Ver apén. A5.
Ver glosario impoñer as mans.
Ver glosario camiño.
Ver glosario temor de Deus.
Ver apén. A5.
Ver glosario.
Ou “terra habitada”.
Gobernador romano dunha provincia. Ver glosario procónsul.
Ou “o espírito santo dá testemuño”.
Ou “a miña propia alma non me importa”.
Ou “todo o propósito”.
Ver glosario.
Ou “edificarvos”.
Ou “ós que son débiles”.
Ou “a babor”.
Refírese ós sete homes que os apóstolos escolleran para repartir a comida. Ver Fei 6:3.
Lit. “virxes”.
Lit. “gardamos silencio”.
Ver apén. A5.
É dicir, a Lei de Moisés.
Ou “ensinando unha apostasía contra”. Ver glosario apostasía.
Ver glosario.
Ver glosario limpo; puro.
Ou “de animais mortos que non fosen desangrados”.
En grego, porneia. Ver glosario inmoralidade sexual.
Ou “asasinos”.
Ou “educáronme ós pés de”.
Ver glosario.
Ou “do que poden dar testemuño”.
Ou “vas ser a súa testemuña para declarar diante de tódolos homes as cousas que viches e oíches”.
Ou “confiando no”. Ver glosario invocar.
Ou “Quitade da terra ese home!”.
Ou “a ti, que es coma unha parede sucia que se pintou de branco!”.
Ou “e comprometéronse cunha maldición”.
Ou “o fillo da irmá”.
Lit. “á hora terceira da noite”.
Ou “non fai máis que causar problemas”.
Ou “terra habitada”.
Ver glosario.
Ver apén. A3.
Ou “que lle estou dando servizo sagrado ó”.
Ver glosario.
Ou “teño esperanza”.
Ou “irreprochable”.
Ou “dádivas de misericordia”.
Ver glosario limpo; puro.
Ver glosario.
Ou “coa súa relixión”.
Este é un dos títulos do emperador romano.
Aquí a expresión Señor refírese ó emperador romano.
Ou “nación”.
Ou “coa seita máis estrita”. Ver glosario seita.
Lit. “se xulga”.
Lit. “levante”.
Lit. “santos”.
Ou “couces”.
O termo orixinal refírese a unha vara cun extremo afiado, o aguillón, que se usa para facer que un animal se mova. Ver glosario aguillada.
Ver glosario.
Ver glosario.
Este é un dos títulos do emperador romano.
Ou “o xaxún de outono”. Ver glosario Día de Expiación.
É dicir, un vento do nordés.
Parte de diante do barco.
Pequena embarcación auxiliar que podía servir de bote salvavidas.
Parte de atrás do barco.
Ver glosario.
Naquel tempo, este nome facía referencia á zona que agora ocupa o mar Adriático, o mar Xónico e a parte do mar Mediterráneo situada entre Sicilia e Creta.
Uns 36 m. Ver apén. B14.
Uns 27 m. Ver apén. B14.
Ou “almas”. Ver glosario alma.
Ou “As persoas que non falaban grego”.
A palabra en grego é Dike. Posiblemente se refire á deusa da xustiza vingadora ou á xustiza en sentido abstracto.
Enfermidade infecciosa do intestino moi dolorosa.
Escultura que levaban os barcos na parte de diante que representaba unha figura humana, un deus ou un ser fantástico.
Ver glosario.
Ou “insensible”.
Ou “nin se volven a Deus”, “nin cambian a súa conduta”.
Ver apén. A3.
Ou “abertamente”.