CARTA A TITO
1 De parte de Paulo, escravo de Deus e apóstolo de Xesucristo de acordo coa fe dos que Deus escolleu e co coñecemento exacto da verdade, que está en harmonía coa devoción a Deus. 2 Todo isto baséase na esperanza da vida eterna que Deus prometeu hai moito tempo, e Deus non pode mentir. 3 Aínda así, ó seu debido tempo, el deu a coñecer a súa palabra mediante a predicación que se me encargou tal como mandou o noso Salvador, Deus. 4 Para Tito, que é coma un verdadeiro fillo para min, de acordo coa fe que temos en común:
Que teñas bondade inmerecida e paz de parte de Deus, o Pai, e de Cristo Xesús, o noso Salvador.
5 Deixeite en Creta para que corrixises as cousas que había que corrixir* e nomeases anciáns en cada cidade, de acordo coas instrucións que che dei: 6 o ancián debe ser un home libre de acusación, marido dunha soa muller, e con fillos crentes ós que non se lles poida acusar de cometer excesos* nin de ser rebeldes. 7 Como administrador* de Deus, o superintendente debe estar libre de acusación, non debe ser cabezón nin enfadarse con facilidade, non debe ser borracho, nin violento*, nin debe cobizar* ganancias deshonestas. 8 En vez diso, debe ser hospitalario, amar o que é bo, ter bo xuízo*, ser xusto e leal, e ter autocontrol. 9 No que ten que ver coa súa habilidade* para ensinar, debe apegarse firmemente á palabra fiel*, para que poida animar* a outros coa ensinanza beneficiosa* e censurar ós que a contradín.
10 Porque hai moitos homes que son rebeldes, sobre todo os que se aferran á circuncisión, que falan por falar e que enganan ós demais. 11 A eses homes hai que taparlles a boca, porque son os mesmos que están desestabilizando familias enteiras ó ensinar cousas que non deben para conseguir ganancias deshonestas. 12 Incluso un deles, o seu propio profeta, dixo: “Os cretenses son todos uns mentireiros, son coma animais salvaxes que fan dano, son uns lambóns e uns vagos”.
13 E isto é certo. Por iso, sígueos censurando* con severidade para que a súa fe estea forte 14 e non lles fagan caso ás historias falsas dos xudeus nin ós mandamentos dos homes que se apartan da verdade. 15 Todo é puro para os que son puros. Pero para os que están contaminados e non teñen fe, non hai nada puro porque teñen a mente e a conciencia contaminadas. 16 Afirman publicamente que coñecen a Deus pero coas súas accións demostran que o rechazan, porque eles son detestables e desobedientes, e non foron aprobados para facer ningún tipo de boa obra.
2 Pero ti sigue falando do que está de acordo coa ensinanza beneficiosa*. 2 Que os homes maiores sexan moderados nos seus hábitos e confiables*, que teñan bo xuízo e que a súa fe, o seu amor e o seu aguante sexan fortes. 3 Da mesma maneira, que as mulleres maiores se comporten dunha forma que lle dea honra a Deus, que non sexan calumniadoras, que non teñan o vicio de beber moito viño* e que sexan mestras do que está ben. 4 Así poderán aconsellar ás* mulleres máis novas para que amen os seus maridos e os seus fillos, 5 para que teñan bo xuízo e sexan puras*, para que coiden ben da súa casa* e sexan boas, e para que respecten a autoridade dos* seus maridos. Desta forma, non se poderá falar mal da palabra de Deus.
6 Da mesma maneira, sigue aconsellando ós homes máis novos para que teñan bo xuízo 7 e demostra que ti mesmo es un exemplo de boas obras en todo sentido. Tómate en serio a túa ensinanza e ensina o que é puro* 8 con palabras beneficiosas* que non se poidan criticar, para que os que se opoñen queden avergonzados por non ter nada negativo que dicir de nós. 9 Que os escravos respecten a autoridade dos* seus donos en tódalas cousas: que intenten agradarlles, que non lles contesten mal 10 e que non lles rouben, senón que demostren que se pode confiar completamente neles, para que lles dean honra en tódolos sentidos ás ensinanzas* do noso Salvador, Deus.
11 Porque Deus demostrou a súa bondade inmerecida traendo salvación a todo tipo de persoas. 12 Esta bondade inmerecida ensínanos a rechazar todo o que está en contra da vontade de Deus e os desexos do mundo, e a vivir con bo xuízo, xustiza e devoción a Deus no medio deste sistema*, 13 mentres esperamos que se cumpra a feliz esperanza e que tanto o gran Deus como o noso Salvador, Xesucristo, demostren a súa gloria. 14 El entregouse a si mesmo por nós para liberarnos* de todo tipo de maldade*, e para purificar para si mesmo un pobo que é a súa propiedade especial e que está desexando facer boas obras.
15 Sigue falando destas cousas, e aconsellando* e censurando con toda autoridade. Non deixes que ninguén te menosprece.
3 Síguelles recordando ós irmáns que obedezan e respecten a autoridade dos* gobernos e das autoridades, que estean dispostos a facer todo tipo de boas obras, 2 que non falen mal de ninguén, que non sexan conflitivos, que sexan razoables e que sexan sempre apracibles con todos. 3 Porque houbo un tempo no que nós tamén eramos insensatos e desobedientes, estabamos enganados e eramos escravos de diferentes desexos e praceres, levabamos unha vida chea de maldade e envexa, eramos detestables e odiabámonos uns ós outros.
4 Pero cando o noso Salvador, Deus, demostrou a súa bondade e o seu amor pola humanidade, 5 salvounos pola súa misericordia, non porque fixésemos cousas xustas. Salvounos lavándonos coa auga* que nos trouxo á vida e converténdonos nunha nova persoa por medio do espírito santo. 6 El derramou este espírito sobre nós de maneira abundante* por medio de Xesucristo, o noso Salvador. 7 Fixo isto para que, grazas á súa bondade inmerecida, puidésemos ser declarados xustos e así chegásemos a ser herdeiros de acordo coa esperanza de recibir vida eterna.
8 Isto que dixen é confiable e quero que sigas recalcando estes asuntos para que os que creron en Deus se centren en seguir facendo boas obras. Estas cousas son moi boas e benefician a todos.
9 Pero non te metas en discusións absurdas, nin en xenealoxías, nin en debates, nin en pelexas sobre a Lei, porque son cousas inútiles e non levan a nada. 10 Se un home promove unha seita* e non fai caso despois de darlle unha primeira e unha segunda advertencia*, recházao, 11 porque sabes que ese home desviouse do camiño e está pecando, e condénase a si mesmo.
12 Cando che mande a Ártemas ou a Tíquico, fai todo o posible por ir a verme a Nicópolis porque decidín pasar alí o inverno. 13 Fai todo o que poidas para darlles a Zenas, que é un experto na Lei, e a Apolos todo o que necesiten para que non lles falte nada na viaxe. 14 E que os nosos irmáns tamén aprendan a facer boas obras constantemente para que poidan axudar cando haxa unha necesidade urxente. Así poderán ser persoas produtivas*.
15 Tódolos que están comigo mándanche saúdos. Saúda da miña parte ós que nos teñen cariño e son crentes.
Que a bondade inmerecida de Deus estea con todos vós.
Ou “as cousas defectuosas”, “as cousas deficientes”.
Ou “de desenfreo”, “de libertinaxe”.
Ou “mordomo”. Ver glosario mordomo.
Lit. “golpeador”. Ademais, o verbo grego tamén pode transmitir a idea de abusar verbalmente doutros.
É dicir, sentir un desexo excesivo de ter algo.
Ou “ser sensato”.
Ou “arte”.
Ou “mensaxe confiable”.
Ou “exhortar”.
Ou “saudable”.
Parece que se refire ós que formaban parte das congregacións de Creta e que se opoñían ás ensinanzas verdadeiras.
Ou “saudable”.
Ou “serios”.
Ou “que non estean escravizadas a moito viño”.
Ou “facer que recuperen o bo xuízo as”, “ensinarlles ás”.
Ou “castas”.
Ou “sexan traballadoras na casa”.
Ou “estean suxeitas ós”.
Ou “Ensina o que é puro con toda seriedade”. Ou quizais “Ensina con pureza”.
Ou “saudables”.
Ou “estean suxeitos ós”.
Lit. “para que adornen a ensinanza”.
Ou “desta era”. Ver glosario sistema.
Lit. “rescatarnos”, “redimirnos”.
Ou “cousas contrarias á lei”.
Ou “animando”, “exhortando”.
Ou “que se sometan ós”.
Ou “mediante o baño”.
Ou “xenerosa”.
Ver glosario.
Ou “despois de aconsellalo unha primeira e unha segunda vez”.
Ou “Así non serán persoas infrutíferas”.