BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ypq pregunta 5 páxs. 15-17
  • Que fago se sufro acoso escolar?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que fago se sufro acoso escolar?
  • Respostas a 10 preguntas da xuventude
  • Información relacionada
  • Confía en Xehová cando che fagan bullying
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2023)
Respostas a 10 preguntas da xuventude
ypq pregunta 5 páxs. 15-17
Acosan a un rapaz en clase diante dos seus compañeiros

PREGUNTA 5

Que fago se sufro acoso escolar?

POR QUE É IMPORTANTE

A túa reacción pode mellorar a situación ou empeorala.

TI QUE FARÍAS?

Imaxina a seguinte situación. Rubén non quere ir hoxe a clase. Nin mañá. En realidade, non quere volver máis. Todo comezou hai tres meses, cando uns compañeiros seus empezaron a contar mentiras sobre el. Despois viñeron os alcumes. Algunhas veces, tirábanlle os libros ó chan facendo coma se fose sen querer. Outras, alguén dun grupo empurrábao por detrás, e cando el se viraba todos disimulaban. Onte, o acoso volveuse aínda peor: a Rubén chegoulle unha ameaza ó móbil.

Se ti foses Rubén, como reaccionarías?

PÁRATE A PENSAR

Non estás totalmente indefenso. Podes vencer o acoso sen devolver o golpe. Queres ver como?

  • MANTÉN A CALMA. A Biblia di: “O parvo déixase levar de calquera impulso, mais o sabio reprímeo e acálmao” (Proverbios 29:11). Se consegues estar o máis tranquilo posible, polo menos por fóra, poida que se acaben aburrindo e te deixen en paz.

  • NON A DEVOLVAS. A Biblia di: “Non volvades mal por mal a ninguén” (Romanos 12:17). Se intentas vingarte, só vas conseguir que as cousas vaian a peor.

  • EVITA OS PROBLEMAS. A Biblia di: “O asisado ve o perigo e apártase” (Proverbios 22:3). Evita todo o posible a xente problemática e as situacións perigosas.

  • PROBA CON ALGO QUE NON ESPEREN. A Biblia di que unha resposta tranquila pode calmar os ánimos (Proverbios 15:1). Ás veces, pode funcionar rirse dun mesmo. Por exemplo, se un abusón se mete co teu peso, proba a encollerte de ombros e dicir algo así como: “Si, non me viría mal baixar uns quiliños”.

  • MARCHA. Nora, de 19 anos, di: “Se marchas sen responderlles demostras que tes personalidade, fortaleza e autocontrol, algo que os que abusan dos demais non teñen” (2 Timoteo 2:24).

  • TRABALLA A TÚA AUTOESTIMA. Normalmente, os abusóns notan quen ten pouca confianza en si mesmo e probablemente non se vaia defender. En cambio, moitos deles deixarán de meterse contigo se ven que non te poden mangonear.

  • CÓNTALLO A ALGUÉN. Un ex-profesor aconsella: “A miña recomendación é que conte todo o que lle está pasando. Ademais de ser o correcto, pode evitar que alguén máis o sufra”.

Un rapaz enfrontándose ó acoso con confhs.1ianza en si mesmo

A confianza en ti mesmo darache unha forza que o abusón non ten.

SABÍALO?

Ademais dos golpes, o acoso escolar, ou bullying, tamén pode incluír:

  • Os abusóns utilizan agresións verbais

    Agresións verbais. “Nunca esquecerei os insultos e as cousas que me dicían. Facíanme sentir que ninguén me quería e que non valía para nada. Case prefería que me puxesen un ollo morado” (Celine, 20 anos).

  • Un rapaz só ignorado polos compañeiros

    Marxinación. “Os meus compañeiros empezaron a evitarme. Facían como que non había sitio na mesa para non comer comigo. Botei un ano comendo soa, e chorando” (Haley, 18 anos).

  • Unha rapaza asustada afástase do ordenador tras recibir ­unha ameaza

    Ciberacoso. “Calquera pode arruinar a túa reputación ou mesmo a túa vida enteira tecleando catro cousas nun ordenador. Igual soa esaxerado, pero pode pasar” (Daniel, 14 anos).

CANTO SABES?

VERDADEIRO OU FALSO

RESPOSTAS

1 Sempre houbo abusóns.

1 Verdadeiro. A Biblia fala duns xigantes chamados nefilim, nome hebreo que significa “os que fan que outros caian” (Xénese 6:4).

2 O acoso é algo inofensivo. Non é para tanto.

2 Falso. Moitos rapaces chegan a suicidarse por culpa do bullying.

3 Para pararlle ós pés a un abusón, o mellor é pelexar.

3 Falso. Normalmente os abusóns son máis fortes fisicamente, así que non paga a pena intentar defenderse a golpes.

4 Se ves que acosan a alguén, o mellor é ignoralo.

4 Falso. Neste caso, non dicir nada convértete en cómplice do abuso. Serás parte do problema, non da solución.

5 Moitos abusóns son inseguros.

5 Verdadeiro. Aínda que algúns abusóns se cren superiores, moitos deles son inseguros e humillan ós demais para sentirse mellor.

6 Os abusóns poden cambiar.

6 Verdadeiro. Con axuda, os abusóns poden cambiar a súa forma de pensar e actuar.

PLAN DE ACCIÓN

  • Se alguén me acosa, que vou facer ou dicir?

APRENDE MÁIS

Podes vencer o acoso sen devolver o golpe!

Mira o vídeo Podes vencer o acoso sen devolver o golpe! en jw.org

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir