BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 2 páx. 10-páx. 11 par. 1
  • Deus crea o primeiro home e a primeira muller

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Deus crea o primeiro home e a primeira muller
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Como era a vida no Paraíso?
    Escoita a Deus e vivirás para sempre
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 2 páx. 10-páx. 11 par. 1
Adam e Eva no xardín de Edén

CAPÍTULO 2

Deus crea o primeiro home e a primeira muller

Xehová fixo un xardín nun sitio chamado Edén. O xardín estaba cheo de plantas, árbores e animais. Entón creou do po o primeiro home, Adam. Xehová soproulle no nariz e, sabes o que pasou? O home comezou a vivir! Despois, Xehová mandoulle que coidase do xardín e lle puxese nome a tódolos animais.

Xehová deulle a Adam unha norma moi importante. Díxolle: “Podes comer froita de tódalas árbores, pero desta non. Se comes desta árbore, morrerás”.

Máis tarde, Xehová dixo: “Vou facerlle unha axudante a Adam”. Deus fixo que Adam durmise profundamente e usou unha das súas costelas para crear unha muller. Chamábase Eva. Adam e Eva formaron a primeira familia. Que lle pareceu a Adam a súa muller? Adam estaba tan contento que dixo: “Mira o que fixo Xehová da miña costela! Por fin! É coma min!”.

Xehová mandoulles a Adam e Eva que tivesen fillos e enchesen a terra. El quería que desfrutasen traballando xuntos e convertesen toda a terra nun paraíso, nun lugar tan bonito coma o xardín de Edén. Pero non foi así. Por que non? Verémolo no seguinte capítulo.

O Creador fíxoos “varón e femia desde o principio” (Mateo 19:4)

Preguntas. Que traballo lle deu Xehová a Adam? Que pasaría se Adam e Eva comían da árbore da que Deus lles dixera que non comesen?

Xénese 1:27-31; 2:7-9, 15-23; Salmo 115:16; Mateo 19:4-6

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir