BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 5 páx. 18-páx. 19 par. 5
  • A arca de Noé

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A arca de Noé
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • O Diluvio. Quen escoitou e quen non?
    Escoita a Deus e vivirás para sempre
  • Oito persoas sobreviven ó Diluvio
    Aprendamos das historias da Biblia
  • A historia de Noé e o Diluvio. É só un mito?
    Preguntas sobre a Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 5 páx. 18-páx. 19 par. 5
Noé e maila súa familia construíndo a arca

CAPÍTULO 5

A arca de Noé

Co tempo, a terra foise enchendo de xente. Case tódalas persoas eran malas. Mesmo algúns anxos se volveran malos. Marcharon da súa casa no ceo e viñeron á terra. Sabes por que fixeron iso? Porque querían ter un corpo humano e casar coas mulleres da terra.

Os anxos tiveron fillos coas mulleres. Cando creceron, fixéronse moi fortes e volvéronse uns abusóns. Facíanlle dano á xente. Xehová non podía deixar que seguisen pasando aquelas cousas. Por iso decidiu acabar coa xente mala mandando un diluvio.

Noé e maila súa familia construíndo a arca e preparando comida

Pero había un home que era diferente ós demais. Chamábase Noé e quería moito a Xehová. Estaba casado e tiña tres fillos, Sem, Cam e Iafet, que tamén estaban casados. Xehová díxolle a Noé que fixese unha arca para que el e maila súa familia puidesen sobrevivir ó Diluvio. Unha arca é unha caixa grande que pode flotar. Xehová tamén lle dixo a Noé que metese moitos animais dentro da arca para que se salvasen.

Noé púxose a construír a arca deseguida. El e maila súa familia tardaron uns cincuenta anos en rematala. Fixeron a arca exactamente como Xehová lles mandara. Mentres a facían, Noé avisou a xente de que viña o Diluvio, pero ninguén lle fixo caso.

Por fin chegara o momento de meterse na arca. Que pasaría despois?

“Coma nos tempos de Noé, así pasará cando veña o Fillo do Home” (Mateo 24:37)

Preguntas. Por que decidiu Xehová traer o Diluvio? Que lle mandou facer Xehová a Noé?

Xénese 6:1-22; Mateo 24:37-41; 2 Pedro 2:5; Xudas 6

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir