BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 72 páx. 170-páx. 171 par. 2
  • A adolescencia de Xesús

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A adolescencia de Xesús
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Xesús sempre foi obediente
    Aprendamos da Biblia en familia
  • Preguntas dos lectores
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 72 páx. 170-páx. 171 par. 2
Xesús sentado no templo no medio dos mestres cando tiña 12 anos

CAPÍTULO 72

A adolescencia de Xesús

Xosé e María vivían en Nazaret con Xesús e o resto dos seus fillos e fillas. Xosé coidaba da familia traballando de carpinteiro, pero tamén lles ensinaba acerca de Xehová e a Súa Lei. Todos xuntos ían regularmente á sinagoga para adorar a Xehová, e viaxaban a Xerusalén cada ano para celebrar a Pascua.

Cando Xesús tiña 12 anos, toda a familia fixo a longa viaxe ata Xerusalén, como adoitaban facer tódolos anos. A cidade estaba chea de xente que tamén viñera celebrar a Pascua. Despois da festa, Xosé e María comezaron a viaxe de volta á casa, pensando que Xesús ía coa familia. Pero cando se puxeron a buscalo, non o atoparon!

Entón, regresaron a Xerusalén e pasaron tres días buscando a Xesús na cidade. Por último, foron ó templo e atopárono sentado no medio dos mestres, escoitándoos con atención e facéndolles preguntas. Os mestres estaban tan impresionados con Xesús que mesmo empezaron a facerlle preguntas. Xesús daba tan boas respostas que os mestres quedaban abraiados. Era evidente que Xesús entendía a Lei de Xehová.

Xosé e María estiveran moi preocupados por Xesús. Por iso María lle dixo: “Meu fillo, buscámoste por todas partes! Onde andabas?”. Pero Xesús respondeulle: “Non sabiades que tiña que estar aquí, na casa de meu Pai?”.

Xesús volveu cos seus pais a Nazaret, e Xosé ensinoulle o traballo de carpinteiro. Que clase de rapaz cres que foi Xesús? Co paso dos anos, Xesús converteuse nunha persoa moi sabia. Deus queríalle moito, e o resto da xente tamén.

Xosé e María sentados á mesa con Xesús e algúns dos seus irmáns e irmás

“Face-la túa vontade, meu Deus, é o que eu quero; a túa lei está no fondo de min mesmo” (Salmo 40:9 [40:8, NM])

Preguntas. Onde atoparon Xosé e María a Xesús? Por que estaba alí?

Mateo 13:55, 56; Marcos 6:3; Lucas 2:40-52; 4:16; Deuteronomio 16:15, 16

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir