BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 81 páx. 190-páx. 191 par. 2
  • O Sermón do Monte

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O Sermón do Monte
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Continúa a carón de Xehová
    Que nos ensina a Biblia?
  • Podes ser amigo de Xehová
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 81 páx. 190-páx. 191 par. 2
Xesús dando o Sermón do Monte e moita xente escoitando

CAPÍTULO 81

O Sermón do Monte

Despois de escoller os doce apóstolos, Xesús baixou do monte. Alí xuntárase moita xente que viñera de Galilea, Xudea, Tiro, Sidón, Siria e da outra banda do río Xordán. Trouxeron persoas enfermas e outras que sufrían por culpa dos demos. Xesús curounos a todos. Despois, sentou na ladeira do monte e empezou a falar. Explicou que para ser amigos de Deus debemos aprender a amar a Xehová e recoñecer que o necesitamos. Pero non podemos amar a Deus se non amamos a outras persoas. Por iso debemos ser bos cos demais e tratalos ben, mesmo os nosos inimigos.

Xesús dixo: “Non debemos amar só os nosos amigos, senón tamén os nosos inimigos e perdoar de verdade. Se alguén se enfada contigo, vai e pídelle desculpas decontado. Trata os demais como queres que te traten a ti”.

Xesús dando o Sermón do Monte e moita xente escoitando

Xesús tamén deu bos consellos sobre as cousas e o diñeiro. Dixo: “É máis importante ser amigo de Xehová que ter moitos cartos, porque pode vir un ladrón e roubalos, pero ninguén pode roubarnos a nosa amizade con Xehová. Deixade de preocuparvos polo que ides comer, beber ou pola roupa que ides poñer. Mirade para os paxaros. Deus sempre lles dá o que precisan para comer. Por moito que vos preocupedes non ides vivir máis. Lembrade que Xehová sabe o que necesitades”.

As persoas nunca escoitaran falar deste xeito a ninguén. Os guías relixiosos, é dicir, os fariseos e os escribas, non lles ensinaban estas cousas. Por que era Xesús tan bo mestre? Porque todo o que ensinaba viña de Xehová.

“Cargade co meu xugo e aprendede de min, que son bo e humilde de corazón e atoparedes acougo para as vosas almas” (Mateo 11:29)

Preguntas. Que debemos facer para ser amigos de Xehová? Como quere Xehová que tratemos os demais?

Mateo 4:24–5:48; 6:19-34; 7:28, 29; Lucas 6:17-31

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir