BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 85 páx. 198-páx. 199 par. 2
  • Xesús cura un home en sábado

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Xesús cura un home en sábado
  • Aprendamos das historias da Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 85 páx. 198-páx. 199 par. 2
Os fariseos interrogando un home que antes era cego

CAPÍTULO 85

Xesús cura un home en sábado

Os fariseos odiaban a Xesús e buscaban unha razón para arrestalo. Dicían que non debía curar a ninguén en sábado porque era o día de descanso dos xudeus. Pero un sábado, Xesús topouse na rúa cun home cego de nacemento. Entón díxolles ós seus discípulos: “Mirade como axuda o poder de Deus a este home”. Xesús cuspiu na terra e fixo lama co cuspe. Untou a lama nos ollos do cego, e díxolle: “Vai lavar os ollos na piscina de Siloé”. O home fixo tal como lle dixera e, por primeira vez na súa vida, puido ver.

A xente estaba abraiada. Dicían: “Non era este o que estaba sentado pedindo? Ou é outro que se lle parece?”. O home respondeu: “Son eu!”. Preguntáronlle: “E como é que agora xa non estás cego?”. Cando el lles explicou o que pasara, levárono onda os fariseos.

O home explicoulles ós fariseos: “Xesús fixo lama, untouma nos ollos e díxome que fose lavalos. Laveinos e agora podo ver”. Os fariseos dixeron: “Se Xesús fai curacións en sábado, non pode ser grazas ó poder de Deus”. Outros dixeron: “Pero se non fose pola axuda de Deus, non podería facer curacións”.

Os fariseos mandaron chamar os pais do home e preguntáronlle: “Como é que o voso fillo agora pode ver?”. Os pais estaban asustados porque os fariseos dixeran que botarían da sinagoga a calquera que puxese fe en Xesús. Así que responderon: “Non sabemos. Preguntádelle a el”. Os fariseos fixéronlle máis preguntas ó home, e el contestoulles: “Xa vos dixen todo o que sei. Por que me seguides a facer preguntas?”. Os fariseos enfadáronse moito e botárono da sinagoga.

Xesús foi buscar o home e preguntoulle: “Tes fe no Mesías?”. El contestoulle: “Teríaa se soubese quen é”. Xesús díxolle: “Eu son o Mesías”. Que bo foi Xesús con este home, verdade? Non só o curou, senón que tamén lle axudou a ter fe.

“Andades descamiñados porque non comprendedes nin a Escritura nin o poder de Deus” (Mateo 22:29)

Preguntas. Que fixo Xesús para axudar a un cego? Por que os fariseos odiaban a Xesús?

Xoán 9:1-41

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir