BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 103 páx. 238-páx. 239 par. 2
  • “Veña o teu Reino”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • “Veña o teu Reino”
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Que propósito ten Deus para a humanidade?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Cal é o propósito de Deus para a Terra?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Que propósito ten Deus para a Terra?
    Deus ten boas noticias!
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 103 páx. 238-páx. 239 par. 2
Nenos e maiores desfrutando da vida no Paraíso

CAPÍTULO 103

“Veña o teu Reino”

Xehová prometeu: “Non haberá máis choros, nin dor, nin enfermidades, nin morte. Enxugarei tódalas bágoas dos vosos ollos. E non lembraredes as cousas malas do pasado”.

Xehová puxo a Adam e Eva no xardín de Edén para que vivisen felices e en paz. Tiñan que adorar a seu Pai celestial e ter fillos para encher a terra. Adam e Eva desobedeceron a Xehová, pero o que El quería facer non cambiou. Neste libro vimos que todo o que Xehová promete sempre se cumpre. Tal e como lle prometeu a Abraham, o Reino vai traer bendicións marabillosas á terra.

Nenos, maiores e animais salvaxes xuntos no Paraíso

Dentro de pouco, xa non existirán nin Satanás, nin os demos, nin a xente mala. Todo o mundo adorará a Xehová. Non enfermaremos nin morreremos. Espertaremos cada día cheos de enerxía e contentos de estar vivos. A terra converterase nun paraíso. Todos teremos casas boas e comida rica. Non haberá persoas malas ou violentas, só haberá persoas boas. Os animais salvaxes non nos terán medo, nin nós a eles.

Un dos momentos máis emocionantes será cando Xehová comece a resucitar as persoas. Darémoslle a benvida a algúns servos de Deus como Abel, Noé, Abraham, Sara, Moisés, Rut, Ester e David. Traballarán con nós para converter a terra nun paraíso. Sempre teremos moitas cousas interesantes que facer.

Xehová quere que esteas alí. Chegarás a saber cousas del que nin imaxinas. Achégate cada día máis a Xehová, e serás o seu amigo para sempre!

“Merecente es, noso Señor e Deus, de recibir gloria, honra e poder, porque ti es quen o creaches todo” (Apocalipse 4:11)

Preguntas. Como cambiará a vida na terra grazas ó Reino de Deus? De tódalas persoas deste libro, a quen che gustaría coñecer no Paraíso?

Apocalipse 21:3, 4; Xob 33:25; Proverbios 2:21, 22; Isaías 11:2-10; 33:24; 65:21; Mateo 6:9, 10; Xoán 5:28, 29; 17:3

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir