BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lvs páx. 3
  • Carta do Consello Reitor

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Carta do Consello Reitor
  • Continúa no amor de Deus
  • Información relacionada
  • O amor de Deus é para sempre
    Continúa no amor de Deus
  • Manteñámonos no amor de Deus
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Continúa a carón de Xehová
    Que nos ensina a Biblia?
  • Sigamos andando na verdade
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2022
Continúa no amor de Deus
lvs páx. 3

Carta do Consello Reitor

A tódolos que queren a Xehová e a súa Palabra, a Biblia:

Xesús dixo: “Coñeceréde-la verdade e a verdade faravos libres” (Xoán 8:32). Como te sentiches cando escoitaches por primeira vez as verdades da Biblia? Seguro que foi moi emocionante saber que podes coñecer a verdade, malia vivires nun mundo cheo de mentiras (2 Timoteo 3:1).

Xehová quere que coñezamos a verdade, e nós desexamos compartila coas persoas porque as queremos. Pero servir a Xehová implica algo máis. Sentimos un profundo respecto polas normas de Xehová. Por iso debemos esforzarnos por vivir como cristiáns. Xesús explicou un xeito moi importante de demostrarlle a Xehová que o queremos. Dixo: “Se gardáde-los meus mandamentos, permaneceredes no meu amor, coma eu gardei os mandamentos de meu Pai, e permanezo no seu amor” (Xoán 15:10).

Xesús quere moito a seu Pai e fai todo o que lle pide. Se seguimos o seu exemplo, Xehová vainos querer moito e seremos felices de verdade. Como dixo Xesús, “se sabedes estas cousas, seredes felices, con tal de que as cumprades” (Xoán 13:17).

Esperamos que, coa axuda deste libro, aprendas a vivir de acordo co que ensina a Biblia e chegues a ser amigo de Deus. Pedímoslle a Xehová que o teu amor por el siga medrando para que poidas continuar “no amor de Deus” e acadar “a vida eterna” (Xudas 21).

Consello Reitor das Testemuñas de Xehová

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir