BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • w10 1/10
  • 6 Serve de algo orar?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 6 Serve de algo orar?
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2010)
  • Información relacionada
  • Acheguémonos a Xehová mediante a oración
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Como contesta Xehová as nosas oracións
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Introdución
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2021
  • Melloremos a calidade das nosas oracións
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2010)
w10 1/10

6 Serve de algo orar?

MOITAS persoas dubidan de que orar reporte algún beneficio. Pero a Biblia indica todo o contrario (Lucas 22:40; Santiago 5:13). As oracións non só nos axudan espiritualmente, senón que tamén o fan en sentido emocional e físico. Como pode ser?

Imaxina que lle dan un agasallo ó teu fillo. Ensinaríaslle que chega con sentirse agradecido ou que tamén ten que dar as grazas? O certo é que cando expresamos sentimentos importantes con palabras centrámonos neles e fanse aínda máis fortes. Pois exactamente o mesmo pasa cando lle falamos a Deus. Imos ver algún exemplo.

Oracións de agradecemento. Cando lle damos as grazas a Deus polas cousas boas que nos pasan, concentrámonos nas bendicións que recibimos. Como resultado, volvémonos máis agradecidos, felices e optimistas (Filipenses 4:6).

Exemplo: A oración de Xesús para agradecerlle ó seu Pai que o escoitase (Xoán 11:41).

Oracións para pedir perdón. Pedirlle a Deus que nos perdoe alivia o sentimento de culpa. Ademais, educa a nosa conciencia, afonda o noso arrepentimento e fainos máis conscientes da gravidade do pecado.

Exemplo: A oración do arrepentido David (Salmo 51).

Oracións para pedir guía e sabedoría. Pedirlle a Xehová que nos guíe e nos dea a sabedoría que precisamos para tomar boas decisións fainos máis humildes. Lémbranos as nosas limitacións e axúdanos a confiar no noso Pai celestial, e non en nós mesmos (Proverbios 3:5, 6).

Exemplo: A oración na que Salomón lle pediu a Deus que o guiase e lle dese sabedoría para reinar sobre Israel (1 Reis 3:5-12).

Oracións en momentos de angustia. Cando algo nos angustia, nada nos vai aliviar máis que abrirlle o noso corazón a Deus. Dese xeito tamén aprendemos a depender del (Salmo 62:9 [62:8, TNM]).

Exemplo: A oración que fixo o rei Asá cando se enfrontou a un poderoso inimigo (2 Crónicas 14:10 [14:11, TNM]).

Oracións a favor de quen necesita axuda. Estas oracións axúdannos a combater o egoísmo e a cultivar calidades como a compaixón e a empatía.

Exemplo: A oración de Xesús a favor dos seus discípulos (Xoán 17:9-17).

Oracións de louvanza. Cando louvamos a Xehová polas súas calidades e as súas marabillosas obras, medran o noso respecto e amor por el. Estas oracións tamén nos achegan máis ó noso Deus e Pai.

Exemplo: A oración na que David louvou con aprecio a Deus polas súas creacións (Salmo 8).

Pero a lista de beneficios non acaba aquí. Grazas á oración, obtemos “a paz de Deus, que supera toda intelixencia” (Filipenses 4:7). Gozar de tranquilidade no mundo actual é un tesouro de inestimable valor. Mesmo é beneficioso para a saúde! (Proverbios 14:30) Pero, podemos obter esa paz só cos nosos esforzos? Ou precísase algo máis importante?

A oración produce beneficios físicos, emocionais e, sobre todo, espirituais

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir