Repaso da Escola para Ensinar a Biblia
As seguintes preguntas analizaranse na Escola para Ensinar a Biblia durante a semana do 28 de decembro de 2015. Ó lado de cada pregunta aparece a semana na que se tratará; deste xeito podes buscar a información correspondente cando te prepares a reunión desa semana.
Tratou David de maneira salvaxe os seus prisioneiros, como conclúen algúns ó ler 1o Crónicas 20:3? [2 de novembro, w05-S 15/2 páx. 27]
Que fixo que David fose unha persoa xenerosa, e que pode axudarnos a imitar o seu exemplo? (1o Crónicas 22:5) [9 de novembro, w05-S 1/10 páx. 11 par. 7]
Que quixo dicir David coas palabras dirixidas ó seu fillo Salomón: “Coñece ó Deus de teu pai”? (1o Crónicas 28:9) [16 de novembro, w10-S 1/11 páx. 30 pars. 3, 7]
Que nos di 2o Crónicas 1:10 acerca de Salomón, e que revelará sobre nós mesmos analizar as nosas oracións? (2o Crónicas 1:11, 12) [23 de novembro, w05-S 1/12 páx. 19 par. 6]
Segundo di 2o Crónicas 6:29, 30, que capacidade única ten Xehová, e por que deberiamos abrirlle o corazón nas nosas oracións? (Salmo 55:23 [55:22, NM]) [30 de novembro, w10-S 1/12 páx. 11 par. 7]
Por que lle pediu Asá a Xehová que lle dese a vitoria sobre unha enorme multitude inimiga, e de que podemos estar seguros na nosa loita por manternos espiritualmente fortes? (2o Crónicas 14:10 [14:11, NM]) [7 de decembro, w12-S 15/8 páx. 8 par. 6 a páx. 9 par. 1]
Como actuou Xehová despois de que Ioxafat errase, e que aprendemos do amor que Xehová nos ten? Como deberiamos ver os demais? (2o Crónicas 19:3) [14 de decembro, w03-S 1/7 páx. 17 par. 13; cl-S páx. 244 par. 12]
Como e por que debemos estar “quietos e firmes” hoxe en día? (2o Crónicas 20:17) [21 de decembro, w05-S 1/12 páx. 21 par. 2; w03-S 1/6 páx. 21 pars. 15, 16]
Que lección aprendemos de 2o Crónicas 21:20 relacionada coa morte de Ioram? [21 de decembro, w98-S 15/11 páx. 32 par. 4]
Como indica 2o Crónicas 26:5, quen influíu de maneira positiva en Ozías, e como poden os mozos da congregación beneficiarse da experiencia doutros cristiáns maduros? [28 de decembro, w07-S 15/12 páx. 10 pars. 2, 4]