BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb17 outubro páx. 3
  • Como ser un bo estudante da Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como ser un bo estudante da Biblia
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
  • Información relacionada
  • O estudo persoal axudarache a estar sempre alerta
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
  • Serves a Xehová con constancia?
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
  • Aprende do exemplo de Daniel
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
  • Aprende das profecías da Biblia
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2023
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2017)
mwb17 outubro páx. 3

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como ser un bo estudante da Biblia

Gustaríache ser fiel ante as probas como Daniel? El estudaba a Palabra de Deus, incluídas as profecías máis complexas (Dn. 9:2). Como che pode axudar un bo programa de estudo a permanecer leal? Pode fortalecer a túa confianza no cumprimento das promesas divinas (Xos. 23:14). Tamén aumentará o teu amor por Deus, e isto motivarate a facer o correcto (Sal. 97:10). Por onde podes empezar? Fíxate nas seguintes suxestións.

Daniel estuda a Palabra de Deus
  • Que podo estudar?. Un bo programa de estudo debe incluír a preparación para as reunións. Desfrutarás máis da lectura semanal da Biblia se dedicas tempo a investigar as pasaxes que non entendes. Poderías coñecer máis a fondo as profecías bíblicas, as distintas facetas do froito do espírito, as viaxes misioneiras do apóstolo Paulo, ou a creación de Xehová. Se durante o día che xorde unha pregunta acerca da Biblia, anótaa e convértea no teu seguinte proxecto de investigación.

  • Onde podo atopar información?. O vídeo Ferramentas de investigación para atopar tesouros espirituais menciona varias opcións. Ponte a proba: investiga que potencias mundiais representan os animais descritos no capítulo 7 de Daniel.

  • Canto tempo debo dedicar ó estudo?. Un programa regular de estudo é clave para unha boa relación con Xehová. Podes comezar con sesións breves e ir aumentando a súa duración. Estudar a Biblia é como cavar na procura de tesouros: cantos máis atopes, máis quererás cavar (Pr. 2:3-6). A túa estima pola Palabra de Deus medrará, e o estudo da Biblia seguirá a ser parte da túa rutina toda a vida (1 Pe. 2:2).

    Atoparás suxestións sobre como desfrutar do teu estudo na ¡Despertad! de febreiro de 2012, páxs. 18-20.

QUE REPRESENTAN OS ANIMAIS DO CAPÍTULO 7 DE DANIEL?

  • Un animal semellante a un león con alas de anxo

    Dn. 7:4

  • Un animal semellante a un oso leva tres costelas na boca

    Dn. 7:5

  • Un animal semellante a un leopardo con catro cabezas e catro alas

    Dn. 7:6

  • Unha besta horrible con dentes de ferro e dez cornos

    Dn. 7:7

SEGUE INVESTIGANDO:

Como se cumpriu Daniel 7:8, 24?

Dos dez cornos sae un corno pequeno con ollos e boca e divídese en tres cornos

SEGUINTE PROXECTO:

Que representan as bestas do capítulo 13 de Apocalipse?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir