A NOSA VIDA CRISTIÁ
Usa a túa vida para louvar a Xehová
A vida é un fermoso regalo. O uso que lle damos revela canto o valoramos. Como testemuñas de Xehová, esforzámonos por usar o noso talento e habilidades para honrar e dar gloria a Deus, a fonte da vida (Sal. 36:10 [36:9, NM]; Ap. 4:11). Pero as preocupacións propias da vida poderían relegar as nosas metas espirituais a un segundo plano (Mc. 4:18, 19). Preguntémonos: “De verdade lle estou dando o mellor a Xehová?” (Os. 14:3 [14:2, NM]). Que efecto ten o meu traballo ou a miña carreira profesional na miña relación con Xehová? Que metas espirituais teño? Que podo facer para ampliar o meu ministerio?”. Se vemos marxe de mellora, pidámoslle axuda a Xehová e fagamos os cambios necesarios. Sen dúbida, louvar a Xehová cada día conduciranos a unha vida feliz e con sentido (Sal. 61:9 [61:8, NM]).
A quen lle estás dando o teu talento?
DESPOIS DE VER O VÍDEO USA O TEU TALENTO PARA SERVIR A XEHOVÁ, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:
Por que non é sabio ofrecerlle os teus talentos ó mundo de Satanás? (1 Xn. 2:17)
Que bendicións recibe quen lle dá o mellor de si mesmo a Xehová?
En que áreas do servizo sagrado che gustaría utilizar o teu talento e habilidades?