TESOUROS DA BIBLIA | MATEO 1-3
“Chega o Reino dos Ceos”
Pola súa roupa e aspecto, era evidente que Xoán levaba unha vida sinxela, totalmente dedicada a facer a vontade de Deus.
O honor de ser o predecesor de Xesús valía moito máis que tódolos sacrificios que fixera.
Cando levamos unha vida sinxela, podemos dedicar máis tempo e enerxía a servir a Deus. Isto faranos felices. Como podemos simplificar a nosa vida?
Identifiquemos as nosas verdadeiras necesidades.
Eliminemos gastos innecesarios.
Fagamos un presuposto realista.
Desfagámonos das cousas que non usemos.
Cancelemos as débedas.
Non traballemos máis horas das necesarias.
Xoán tiña unha dieta a base de saltóns e mel bravo
Que meta podería acadar se levo unha vida máis sinxela?