TESOUROS DA BIBLIA | APOCALIPSE 10-12
Volven á vida as “dúas testemuñas” ás que mataron
As “dúas testemuñas”. O grupiño de cristiáns unxidos que dirixían o pobo de Xehová cando se estableceu o Reino de Deus en 1914.
Mátanas. Despois de predicar durante tres anos e medio “con roupa feita de sacos”, mátanas en sentido simbólico cando as botan na cadea, detendo así a súa obra.
Volven á vida. Despois dos tres días e medio simbólicos, volven á vida cando saen da cadea e volven dirixir o pobo de Xehová na predicación.