BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwb24 xaneiro páxs. 12-13
  • 19-25 de febreiro

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 19-25 de febreiro
  • Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2024)
Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2024)
mwb24 xaneiro páxs. 12-13

19-25 DE FEBREIRO

SALMOS 8-10

Canción sjj 2 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. “Douche gracias, Señor”!

(10 min)

Xehová é moi bo con nós (Sl 8:4-7 [8:3-6, TNM]; w21.08 páx. 3 par. 6).

Encántanos louvar a Xehová falándolles a outros das súas marabillosas obras (Sl 9:2 [9:1, TNM]; w20.05 páx. 23 par. 10).

Tamén o louvamos cando lle cantamos con todo o corazón (Sl 9:3 [9:2, TNM]; w22.04 páx. 7 par. 13).

Serie de imaxes: Formas nas que podemos louvar a Xehová. 1. Unha irmanciña maior predicándolle ó seu coidador. 2. Irmáns cantando nunha reunión. 3. Un neno levantando a man na reunión. 4. Un rapaz limpando o Salón do Reino. 5. Unha rapaza predicándolle a unha compañeira de clase.

PREGÚNTATE: De que outras maneiras podo louvar a Xehová?

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 8:4 (8:3, TNM). A que se refería o salmista cando falou da man de Xehová? (cl cap. 4 páx. 40 par. 8)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 10:1-18 (th aspecto da oratoria 11).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(3 min) DE CASA EN CASA. A persoa di que non cre en Deus (lmd lección 5 punto 4).

5. Cultiva o interese

(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Nunha conversación anterior, a persoa díxoche que non cría en Deus pero que estaría disposta a falar das probas que demostran que existe (th aspecto da oratoria 7).

6. Discurso

(5 min) w21.06 páxs. 6-7 pars. 15-18. Título: “Axuda ó teu estudante a honrar a Xehová” (th aspecto da oratoria 10).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sjj 10

7. Como predicar informalmente de forma natural

(10 min) Discurso con comentarios do auditorio.

Unha maneira na que podemos louvar máis a Xehová é predicándolles ós que vemos no noso día a día (Sl 35:28). Ó principio quizais nos sintamos nerviosos cando prediquemos informalmente. Pero se aprendemos a empezar e continuar conversas de forma natural darásenos mellor e ata nos chegará a gustar!

Unha escena do vídeo “Esteamos listos para compartir ‘as boas noticias da paz’. Tomemos a iniciativa”. Unha irmá nun restaurante falando coa muller que está na mesa do lado.

Pon o VÍDEO Esteamos listos para compartir “as boas noticias da paz”. Tomemos a iniciativa. Despois fai a seguinte pregunta:

Que aprendiches desta escenificación que che poida axudar a mellorar na predicación informal?

Aquí tes algunhas ideas que che poden axudar a empezar a conversa:

  • Busca oportunidades de empezar conversacións sempre que saias da casa. Ora sobre o tema e pídelle axuda a Xehová para encontrar alguén que queira escoitar.

  • Sé amable e demostra interese sincero polas persoas que coñezas. Intenta aprender algo sobre a persoa para poder escoller unha ensinanza da Biblia que lle poida gustar.

  • Se podes, busca oportunidades para intercambiar os datos de contacto.

  • Non te desanimes se a conversación acaba antes de que lle poidas falar da Biblia.

  • Despois da conversación, continúa mostrando interese pola persoa. Podes enviarlle un versículo da Biblia ou un enlace a un artigo de jw.org.

Intenta isto: Se alguén che pregunta que tal che foi a fin de semana, fálalle sobre o que aprendiches na reunión ou sobre algo que lle ensinaches da Biblia a alguén.

8. Asuntos locais

(5 min)

9. Estudo bíblico de congregación

(30 min) bt cap. 6 pars. 1-8 e introdución á sección 2.

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción sn 45 e oración

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir