23 DE FEBREIRO–1 DE MARZO
ISAÍAS 38-40
Canción sn 22 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
Un pastor sostendo con moito cariño unha ovelliña no seu colo.
1. “Igual ca un pastor, pastorea o seu rabaño”
(10 min)
A Biblia é un regalo de Deus, e el encargouse de preservala para que poidamos achegarnos a el (Is 40:8; w23.02 páxs. 2-3 pars. 3, 4).
Xehová coida de nós con cariño (Is 40:11; cl páx. 70 par. 7-mwbr).
Coñécenos de forma individual e axúdanos a levar os problemas (Is 40:26-29; w18.01 páx. 8 pars. 4-6-mwbr).
PENSA NISTO: Que che fai sentir por Xehová a descrición do pastor de Isaías 40:11?
2. Xoias espirituais
(10 min)
Is 40:3. Como se cumpriron estas palabras no primeiro século da nosa era? (w25.05 páx. 29 par. 12)
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Is 40:21-31 (th aspecto da oratoria 11).
4. Comeza conversas
(2 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Durante a conversación, busca a maneira de contarlle á persoa algo que aprendeses hai pouco nunha reunión (lmd lección 4 punto 3).
5. Comeza conversas
(2 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Durante a conversación, busca a maneira de contarlle á persoa o labor que fas coma mestre da Biblia (lmd lección 4 punto 4).
6. Cultiva o interese
(2 min) DE CASA EN CASA. (lmd lección 7 punto 5).
7. Fai discípulos
(5 min) lff lección 18 resumo, repaso e “Intenta isto”. Analiza un artigo da sección “Investiga” para axudarlle ó estudante a apreciar o amor que hai no pobo de Xehová (lmd lección 11 punto 3).
Canción sjj 160
8. Informe anual de servizo
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Despois de ler o anuncio da sucursal acerca do informe anual, invita o auditorio a que comenten outros aspectos positivos do Informe mundial das Testemuñas de Xehová do ano de servizo 2025. Entrevista algúns publicadores previamente seleccionados que tivesen experiencias animadoras na predicación o ano pasado.
Based on NASA/Visible Earth imagery
No 2025, o pobo de Xehová continuou participando con entusiasmo na predicación de casa en casa e no labor de dirixir cursos bíblicos.
Que aspectos positivos do Informe do ano de servizo de 2025 che gustaría comentar?
9. Estudo bíblico de congregación
(30 min) lfb capítulos 64 e 65.