BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • wp25 núm. 1 páxs. 4-5
  • Como a guerra e os conflitos violentos nos afectan a todos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como a guerra e os conflitos violentos nos afectan a todos
  • A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2025
  • Información relacionada
  • Cando rematarán os conflitos violentos? O que di a Biblia
    Outros temas
  • Gastáronse billóns de cartos nas guerras. Pero, cal é o custo real?
    Outros temas
  • Como acabarán a guerra e os conflitos violentos?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2025
  • A guerra de Ucraína cumpre un ano. Que esperanza dá a Biblia?
    Outros temas
Ver máis
A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2025
wp25 núm. 1 páxs. 4-5
Serie de imaxes: 1. Un soldado camiñando por un campo seguido por un tanque militar. 2. Varios homes, mulleres e nenos de diferentes nacionalidades afectados pola guerra.

Como a guerra e os conflitos violentos nos afectan a todos

“O mundo enfróntase ó maior número de conflitos violentos dende a Segunda Guerra Mundial e 2 mil millóns de persoas (1 cuarto da humanidade) vive en lugares afectados por estes conflitos”

Vicesecretaria Xeral das Nacións Unidas Amina J. Mohammed, 26 de xaneiro de 2023.

A guerra pode empezar en lugares que agora están en paz. Incluso os que están lonxe dun conflito poden verse afectados, pois o mundo está máis interconectado ca nunca. E os danos séguense sufrindo moito despois de que acabe a guerra. Vexamos algúns exemplos:

  • Un debuxo de dúas mans suxeitando un prato baleiro.

    Falta de comida. Segundo o Programa Mundial de Alimentos, “os conflitos seguen sendo a principal causa da fame, dado que o 70% das persoas que a sofren viven en zonas afectadas pola guerra e pola violencia”.

  • Un debuxo dunha muller triste cubríndose a cara coas mans.

    Danos físicos e mentais. O medo á guerra e a inseguridade que esta produce pode facer que a xente sufra estrés e ansiedade. Os que viven en zonas onde hai conflitos non só son máis propensos a sufrir danos físicos, senón tamén mentais. E, tristemente, na maioría dos casos non poden conseguir a axuda médica que necesitan.

  • Un debuxo dunha familia cargando con bolsas grandes cheas das súas pertenzas.

    Desprazamentos forzados. Segundo o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados, ata setembro de 2023 máis de 114 millóns de persoas por todo o mundo foron forzadas a fuxir das súas casas. A principal causa disto son a guerra e os conflitos armados.

  • Un debuxo dunha familia fóra da súa modesta casa.

    Problemas económicos. A miúdo a xente pasa por problemas económicos causados pola guerra, como a inflación. Quizais sofren cando os recursos do goberno destinados para a saúde e a educación se redirixen a financiar operacións militares. Ademais o custo de reconstrución despois da guerra é enorme.

  • Un debuxo de petróleo verténdose por un conduto.

    Problemas medioambientais. As persoas sofren cando se destrúen deliberadamente os recursos naturais dos que dependen. A contaminación da auga, do aire e da terra pode causar moitos problemas de saúde e, incluso despois da guerra, a xente pode resultar ferida polos explosivos que quedaron.

Sen dúbida a guerra é destrutiva e ten un prezo moi alto.

O que a Biblia di sobre a guerra

Na Biblia Xesús predixo que na “parte final do sistema”, é dicir, durante os nosos tempos, habería guerras (Mateo 24:3).

  • “Ides oír falar de guerras e escoitaredes noticias de guerras. [...] As nacións loitarán unhas contra outras e os reinos pelexarán uns contra outros” (Mateo 24:6, 7).

  • “Cando escoitedes falar de guerras e de disturbios, non vos aterroricedes” (Lucas 21:9).

    A palabra no idioma orixinal para disturbios pode referirse a desordes, levantamentos, oposición cara a autoridade establecida, insurreccións, axitación política e revoltas.

Para aprender máis, le o artigo “Cal é o sinal dos últimos días ou dos ‘días derradeiros’?” en jw.org.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir