BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • nwt páxs. 464-467
  • A1 Criterios para a tradución da Biblia

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • A1 Criterios para a tradución da Biblia
  • A Biblia. Tradución do Novo Mundo
  • Información relacionada
  • É exacta a Traducción del Nuevo Mundo?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
  • Como nos chegou a Biblia
    Despertade! (2007)
A Biblia. Tradución do Novo Mundo
A1 Criterios para a tradución da Biblia

A1

Criterios para a tradución da Biblia

A Biblia escribiuse orixinalmente en hebreo, arameo e grego antigos. Na actualidade está dispoñible completa ou en parte en máis de 3000 idiomas. A gran maioría da xente que le a Biblia non entende os idiomas orixinais, e por iso ten que usar unha tradución. Que criterios deben seguirse ó traducir a Biblia? E como se aplicaron na Tradución do Novo Mundo?

Algúns poderían pensar que unha tradución literal, palabra por palabra, parecida á das versións interlineais, permitiríalle ó lector achegarse o máximo posible ás ideas dos idiomas orixinais. Pero non sempre é así. Analicemos algúns motivos:

  • Non hai dous idiomas que teñan exactamente a mesma gramática, vocabulario e estrutura nas frases. O profesor de hebreo Samuel Driver escribiu que os idiomas “non só se diferencian na gramática e nas raíces das palabras, senón tamén [...] na forma na que se estruturan as ideas dentro dunha frase”. As persoas que falan diferentes idiomas pensan de maneiras distintas. O profesor Driver segue dicindo: “Polo tanto, as formas que adoptan as frases son diferentes para cada idioma”.

  • Ningún idioma moderno ten unha gramática e un vocabulario que sexan completamente equivalentes ós do hebreo, arameo e grego bíblicos. Así que unha tradución palabra por palabra da Biblia podería ser difícil de comprender e ás veces incluso podería transmitir unha idea incorrecta.

  • O significado dunha palabra ou expresión pode cambiar en función do contexto no que se utilice.

Certas pasaxes da Biblia poderían traducirse de forma literal, pero debería facerse con moito coidado.

A continuación veremos algúns exemplos nos que unha tradución palabra por palabra podería transmitir unha idea equivocada:

  • As Escrituras usan as expresións durmir e quedar durmido tanto para referirse ó sono literal como á morte (Mateo 28:13; Xoán 11:11). Pero cando se usan estas palabras nun contexto que se refire á morte, pode ser que os tradutores da Biblia utilicen directamente o verbo morrer para axudar ó lector a entender a idea da forma correcta (1 Corintios 7:39; 1 Tesalonicenses 4:13; 2 Pedro 3:4).

  • O apóstolo Paulo usou unha expresión en Efesios 4:14 que podería traducirse literalmente como “no xogo dos dados dos homes”. Esta antiga expresión fai referencia á práctica de facer trampas cando se xoga ós dados. Na maioría dos idiomas, unha tradución literal non tería ningún sentido. Por iso se traduciu esta expresión como “homes que enganan con trampas e astucia” para transmitir a idea correcta dunha forma máis clara.

  • A expresión grega que aparece en Romanos 12:11 significa literalmente “fervendo co espírito”. Pero en galego esta expresión non transmite a idea correcta. Por iso, nesta versión traduciuse esta expresión como “que o espírito santo vos encha de entusiasmo”.

  • Unha expresión en grego do texto orixinal que se usou para traducir a Biblia.

    MATEO 5:3

    Tradución literal: “os pobres de espírito”.

    Significado: “os que recoñecen que necesitan a guía de Deus”.

    Durante o seu famoso Sermón do Monte, Xesús utilizou unha expresión que se traduciu moitas veces como “benaventurados os probes de espíritu” (Mateo 5:3, A Palabra de Deus. Evanxelios, Xosé Morente e Manuel Espiña). Pero en moitos idiomas, unha tradución literal desta expresión é moi confusa. Nalgúns casos, traducir literalmente “pobres de espírito” podería dar a entender que este versículo está falando de persoas mentalmente desequilibradas ou de persoas ás que lles falta vitalidade e determinación. Pero nesta ocasión Xesús estaba ensinándolles ás persoas que a súa felicidade non dependía de cubrir as súas necesidades físicas, senón de recoñecer que necesitaban a guía de Deus (Lucas 6:20). Por iso, traducións como “os que recoñecen que necesitan a guía de Deus” ou “os mendigos de Deus” transmiten con máis exactitude o significado da expresión orixinal (Mateo 5:3, nota, A Biblia, Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos).

  • En moitos contextos, a palabra hebrea que se traduce por “celos” significa o mesmo que a palabra en galego, é dicir, a dor que sente unha persoa que pensa que alguén moi achegado lle foi infiel ou que envexa o que teñen os demais (Feitos 5:17; Romanos 13:13). Aínda así, esa mesma palabra grega tamén pode ter unha connotación positiva. Por exemplo, pode usarse para describir a “devoción” ou o “entusiasmo” que Xesús e outros servos fieis teñen por Deus e pola súa adoración (Xoán 2:17; 2 Corintios 9:2).

    A palabra grega prósopon tradúcese normalmente como “cara”, pero dependendo do contexto tamén pode traducirse como “aspecto”, “superficie”, “presenza” e doutras formas.

  • A palabra grega que normalmente se traduce como “cara” en Mateo 6:17 ten moitos significados. Dependendo do contexto, esta palabra pode traducirse como “aspecto”, “superficie”, “presenza” e doutras formas (Mateo 16:3; Feitos 17:26; Apocalipse 12:14).

Tendo en conta estes factores, a tradución da Biblia implica máis que usar sempre o mesmo termo para traducir certa palabra do idioma orixinal. Un tradutor debe usar o seu bo xuízo para escoller as palabras da súa lingua que transmitan as ideas do idioma orixinal da mellor maneira posible. Ademais, para que o texto sexa fácil de ler, é necesario que as frases sigan as normas gramaticais do idioma de destino.

Ó mesmo tempo, debe evitarse reformular demasiado o texto. Un tradutor que parafrasea libremente a Biblia de acordo coa súa interpretación persoal podería distorsionar o significado do texto orixinal. Por que? Porque podería introducir erroneamente detalles baseados na súa opinión sobre o significado do texto ou omitir detalles importantes. Aínda que unha paráfrase da Biblia podería ser máis fácil de ler, un estilo de tradución tan libre podería impedir que o lector entenda cal é a verdadeira mensaxe do texto.

Ademais, as crenzas relixiosas do tradutor tamén poderían condicionar a súa tradución. Por exemplo, Mateo 7:13 di: “A porta ancha e o camiño amplo levan á destrución”. Algúns tradutores, probablemente influenciados polas súas crenzas relixiosas, usaron aquí o termo inferno en lugar de destrución, que é o que realmente significa o termo grego orixinal.

Un tradutor da Biblia tamén debe ter en conta que a Biblia escribiuse usando a forma de falar que tiñan as persoas comúns no seu día a día, como por exemplo agricultores, pastores e pescadores (Nehemías 8:8, 12; Feitos 4:13). Por iso, unha boa tradución da Biblia fai que a súa mensaxe sexa fácil de entender para as persoas de bo corazón, sen importar os seus antecedentes. É mellor usar expresións habituais, claras e fáciles de entender que outras que case nunca usa a xente común.

Moitos tradutores da Biblia tomáronse a liberdade inxustificada de omitir o nome de Deus, Xehová, de moitas traducións modernas, aínda que ese nome aparece en manuscritos antigos da Biblia. Moitas traducións substitúen o nome de Deus por títulos como “Señor”, e outras incluso ocultan que Deus ten un nome. Por exemplo, nalgunhas traducións a oración de Xesús que aparece en Xoán 17:26 di: “Dinlles e dareilles coñecer quen tí es”. E Xoán 17:6 di: “Eu manifesteite ós homes”. Con todo, unha tradución confiable da oración de Xesús di: “Deilles a coñecer o teu nome” e “Deilles a coñecer o teu nome ós que me entregaches do mundo”.

O prólogo da primeira edición en inglés da Tradución do Novo Mundo dicía: “Non ofrecemos unha paráfrase das Escrituras. Desde o principio ata o final esforzámonos por facer unha tradución o máis literal posible, sempre que o permita o inglés actual e que a tradución literal non oculte as ideas”. Por iso, o Comité de Tradución da Biblia do Novo Mundo esforzouse por encontrar un equilibrio entre usar palabras e frases que se apeguen ó idioma orixinal e, ó mesmo tempo, evitar palabras que sexan estrañas ou que escondan o verdadeiro sentido. Como resultado, a Biblia pode lerse con facilidade e o lector pode estar completamente seguro de que a mensaxe inspirada se transmitiu con exactitude (1 Tesalonicenses 2:13).

Unha tradución confiable debe cumprir estes requisitos:

  • Santificar o nome de Deus colocándoo outra vez nos lugares nos que aparecía no texto orixinal (Mateo 6:9).

  • Transmitir de forma exacta a mensaxe orixinal inspirada por Deus (2 Timoteo 3:16).

  • Traducir as expresións de forma literal cando o permita o vocabulario e a estrutura do idioma ó que se traduce.

  • Transmitir o significado correcto dunha palabra ou frase se unha tradución literal distorsiona ou oculta a idea orixinal.

  • Usar unha linguaxe natural e fácil de entender que anime o lector a lela (Nehemías 8:8, 12).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir