BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g18 núm. 2 páx. 4
  • 1. Compromiso

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 1. Compromiso
  • Despertade! (2018)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • QUE IMPLICA
  • POR QUE É IMPORTANTE
  • QUE PODES FACER
  • 3. Respecto
    Despertade! (2018)
  • Que di a Biblia sobre vivir xuntos sen estar casados?
    Preguntas sobre a Biblia
Despertade! (2018)
g18 núm. 2 páx. 4
A áncora dun barco manteno estable durante un temporal

O sentido de compromiso é coma unha áncora que mantén estable o matrimonio cando veñen problemas.

MATRIMONIOS

1. Compromiso

QUE IMPLICA

Os casados que teñen sentido de compromiso ven o seu matrimonio coma unha unión permanente. Isto fai que se sintan seguros. Cada un deles confía en que o outro respectará o compromiso, incluso cando pasen por momentos difíciles.

Algunhas parellas séntense obrigadas a seguir xuntas pola presión da familia ou dos coñecidos. Pero é moito mellor que o sentido de compromiso se basee no amor e no respecto mutuos.

O QUE DI A BIBLIA: “Que o home non repudie á súa muller” (1 Corintios 7:11).

“Se estás comprometido co teu matrimonio, non te ofendes por calquera cousa. É máis fácil perdoar ou pedir desculpas deseguida. Ves os problemas como simples obstáculos e non como motivos de separación” (Micah).

POR QUE É IMPORTANTE

Cando as parellas que non teñen sentido de compromiso se enfrontan ós problemas, é máis fácil que digan “Non estabamos feitos o un para o outro”, e busquen xeitos de romper o matrimonio.

“Moitas persoas casan tendo en mente un plan B: o divorcio. Pero se casas pensando na posibilidade de divorciarte, o sentido de compromiso falta xa dende o principio” (Jean).

QUE PODES FACER

PREGÚNTATE

Cando estades no medio dunha discusión...

  • ... arrepínteste de casar coa túa parella?

  • ... poste a imaxinar como sería estar con outra persoa?

  • ... dis cousas como “voute deixar” ou “vou buscar alguén que me valore de verdade”?

Se respondiches que si aínda que só sexa a unha destas preguntas, é hora de fortalecer o teu sentido de compromiso.

PARA QUE FALEDES EN PARELLA

  • Debilitouse o noso sentido de compromiso? Se é así, por que pasou?

  • Que podemos facer para fortalecelo?

CONSELLOS

  • Escríbelle de cando en vez unha notiña á túa parella para expresarlle o moito que a queres.

  • Demostra que estás comprometido coa túa parella tendo fotos súas no traballo.

  • Chama tódolos días a túa parella, ou mándalle unha mensaxiña, cando non esteades xuntos, por exemplo cando esteas traballando.

O QUE DI A BIBLIA: “O que Deus xuntou, que non o separe o home” (Mateo 19:6).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir