BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g18 núm. 2 páx. 10
  • 7. Valores

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 7. Valores
  • Despertade! (2018)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • QUE IMPLICA
  • POR QUE É IMPORTANTE
  • QUE PODES FACER
  • Os valores morais
    Despertade! (2019)
  • Como facer o correcto? En que se basea a maioría da xente para tomar decisións?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2024
Despertade! (2018)
g18 núm. 2 páx. 10
Un pai e un fillo usan un compás para orientarse

Os bos valores son coma o compás que lles axudará ós teus fillos a saber por onde ir.

PAIS

7. Valores

QUE IMPLICA

Os valores son principios que rexen o comportamento das persoas. Por exemplo, se te esforzas por ser honrado en todo, seguro que intentarás que os teus fillos tamén o sexan.

Estes valores tamén inclúen principios éticos, por exemplo ensinarlles a ser traballadores, xustos e a preocuparse polos demais. Cando alguén é novo é máis fácil que se quede con estes valores.

O QUE DI A BIBLIA: “Afai ó mozo ó seu vieiro: aínda de vello non se apartará del” (Proverbios 22:6).

POR QUE É IMPORTANTE

Os valores morais son fundamentais na era dixital. Unha nai chamada Karyn di: “Por medio dos aparellos electrónicos, os nosos fillos poden ser vítimas das malas influencias en calquera momento. Incluso mentres están sentados ó noso lado poden estar vendo algo que non está ben”.

O QUE DI A BIBLIA: “A mantenza sólida é para xente grande, que ten o sentido xa afeito polo costume e é capaz de distingui-lo bo do malo” (Hebreos 5:14).

Os valores éticos tamén son fundamentais. Isto inclúe ter bos modais, por exemplo, pedir as cousas por favor ou dar as grazas. Pero tamén inclúe preocuparse polos demais, algo que é cada vez máis raro, xa que parece que a xente lles presta máis atención ós aparellos electrónicos que ás persoas.

O QUE DI A BIBLIA: “Tratade á xente tal como queredes que vos traten a vós” (Lucas 6:31).

QUE PODES FACER

Déixalles claro cales son os teus valores morais. Por exemplo, hai estudos que demostran que é máis probable que os adolescentes non teñan relacións sexuais antes de casar se se lles di con claridade que iso está mal.

CONSELLO: Usa algo que pasou hai pouco para falar sobre os valores. Por exemplo, se nas noticias se fala dun delito de odio, podes dicir algo como: “É horrible que algunhas persoas traten con tanto odio a outras. Por que pensas que a xente chega ata ese punto?”.

“É moito máis difícil para os rapaces escoller entre o ben e o mal se non saben que está ben e que está mal” (Brandon).

Ensínalles valores éticos. Incluso ata os nenos máis pequenos poden aprender a pedir as cousas por favor e a dar as grazas, e tamén a preocuparse polos demais. O libro Parenting Without Bordersa (Pais sen fronteiras) di: “Canto máis conscientes sexan os nenos de que forman parte de algo máis grande ca eles, é dicir, da familia, da escola ou da comunidade, máis dispostos estarán a facer cousas boas polos demais en vez de mirar só por eles”.

CONSELLO: Encárgalles ós teus fillos algunha tarefa para ensinarlles a importancia de axudar ós demais.

“Se os teus fillos collen o costume de colaborar coas tarefas da casa, estarán máis preparados para cando se independicen porque xa saberán cumprir coas súas responsabilidades” (Tara).

a Escrito por Christine Gross-Loh.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir