BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g18 núm. 2 páx. 12
  • 9. Identidade

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 9. Identidade
  • Despertade! (2018)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • QUE IMPLICA
  • POR QUE É IMPORTANTE
  • QUE PODES FACER
  • Teño claro quen son eu?
    Respostas a 10 preguntas da xuventude
  • Os valores morais
    Despertade! (2019)
  • Que podo facer se meus pais se divorcian?
    Preguntas da xuventude
Despertade! (2018)
g18 núm. 2 páx. 12
Un rapaz de pé ó lado dunha árbore abaneada polo aire

Se tes claro quen es, aguantarás calquera furacán.

RAPACES

9. Identidade

QUE IMPLICA

O que te identifica non é só o teu nome ou o teu aspecto, senón tamén os teus valores, as túas crenzas e a túa personalidade. En realidade, é todo o que fai que ti sexas ti, tanto por dentro coma por fóra.

POR QUE É IMPORTANTE

Cando tes claro quen es, defendes os teus principios e non permites que outros rapaces te controlen.

“Moitas persoas son coma os manequíns que se ven nas tendas. Non escollen a roupa que levan, senón que llela poñen outros” (Adrian).

“Aprendín a defender o que está ben aínda que non sexa fácil. Podo saber quen son os meus amigos de verdade vendo como se comportan e por como me comporto eu cando estou con eles” (Courtney).

O QUE DI A BIBLIA: “E non vos axustedes ó mundo presente. Transformádevos, máis ben, pola renovación da mente” (Romanos 12:2).

QUE PODES FACER

Analiza cales son os teus puntos fortes, os teus puntos débiles e as túas conviccións para saber quen es agora e quen queres chegar a ser. Un bo xeito de empezar é facerte as seguintes preguntas.

Puntos fortes: “Que talentos e habilidades teño? Que cousas fago ben? Cales son os meus puntos fortes? Por exemplo: Seime controlar? Son puntual, traballador ou xeneroso?”.

CONSELLO: Se che custa identificar os teus puntos fortes, pídelles axuda ós teus pais ou a un amigo de confianza. Pregúntalles que puntos fortes ven en ti e de que xeitos concretos os demostras.

O QUE DI A BIBLIA: “Bote contas cadaquén sobre os propios feitos, e daquela terá en si e non nos outros razón para estar satisfeito” (Gálatas 6:4).

Puntos débiles: “Que aspectos da miña personalidade son os que máis teño que mellorar? Cando é máis probable que me vexa tentado a facer algo que está mal? En que ámbitos teño que controlarme máis?”.

O QUE DI A BIBLIA: “Se dicimos que non temos pecado, desviámonos” (1 Xoán 1:8).

Conviccións: “Que valores morais rexen a miña vida e por que? Creo en Deus? Que probas me convencen de que existe? Que cousas penso que son inxustas e por que? Que creo que vai pasar no futuro?”.

O QUE DI A BIBLIA: “A discreción velará sobre ti, gardarate o discernimento” (Proverbios 2:11).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir