BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • g18 núm. 2 páx. 15
  • 12. Obxectivos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • 12. Obxectivos
  • Despertade! (2018)
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • QUE IMPLICA
  • POR QUE É IMPORTANTE
  • QUE PODES FACER
  • Ponte metas espirituais para darlle honra ó teu Creador
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2004)
  • Podes loitar contra o pesimismo
    Despertade! (2004)
  • Sigue achegándote a Xehová
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Despertade! (2018)
g18 núm. 2 páx. 15
Un rapaz debuxando un plano

Os obxectivos son coma un plano: se te esforzas conseguirás que se fagan realidade.

RAPACES

12. Obxectivos

QUE IMPLICA

Un obxectivo é máis ca un soño, non é só algo que che gustaría que pasase. Se queres alcanzar un obxectivo tes que planificarte ben, ser flexible e esforzarte. Non hai atallos.

Os obxectivos poden ser a curto, a medio ou a longo prazo, é dicir, pódelos alcanzar en días ou semanas, en meses ou en anos. Para cumprir os teus obxectivos a longo prazo, antes tes que alcanzar outros polo camiño.

POR QUE É IMPORTANTE

Cando alcances os teus obxectivos, confiarás máis en ti mesmo, terás amizades máis fortes e serás máis feliz. Por que?

Confianza en ti mesmo. Cando te pos obxectivos pequenos e os cumpres, tes máis confianza en que tamén poderás alcanzar os grandes. Tamén che dará máis seguridade para afrontar os problemas do día a día, como por exemplo a presión de grupo.

Amizades. Á xente gústalle estar con persoas que teñen claro o que queren e que están dispostas a esforzarse por conseguilo. Un dos mellores xeitos de facer que unha amizade sexa máis forte é traballando xuntos por un obxectivo común.

Felicidade. Cando te pos obxectivos e os alcanzas, sénteste realizado.

“Encántame poñerme obxectivos, porque me manteñen ocupado e axúdanme a ter algo polo que esforzarme. Cando alcanzas un obxectivo é xenial mirar atrás e dicir: ‘Que ben, conseguino! Fixen o que me propuxen’” (Christopher).

O QUE DI A BIBLIA: “Quen moito olla para o vento, non sementa; quen moito olla para as nubes, non colleita” (Eclesiastés 11:4).

QUE PODES FACER

Para marcarte obxectivos e conseguilos, sigue estes pasos.

Escolle os teus obxectivos. Fai unha lista de posibles metas, clasifícaas segundo a súa importancia e decide en que orde as queres alcanzar.

Traza un plan. Para cada un dos teus obxectivos fai isto:

  • Pon unha data límite razoable.

  • Define os pasos que tes que dar.

  • Anticípate ós obstáculos e pensa en como superalos.

Ponte mans á obra. Non esperes a ter cada detalle planeado antes de poñerte a traballar. Pregúntate: “Que é o primeiro que teño que facer para conseguir o meu obxectivo?”. E despois, faino. Cada vez que deas un paso que te achegue ó teu obxectivo anótao.

O QUE DI A BIBLIA: “Os planos do dilixente dan boa renda” (Proverbios 21:5).

    Publicacións en galego (1993-2026)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir